O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL VISITA O CAMPAMENTO VIRXE DE LORETO, UN RECURSO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR ESTIVAL NO QUE PARTICIPARÁN 660 MOZOS E MOZAS

  • _MG_2095Baixo a temática “Natureza xunto ao mar” os e as asistentes realizarán kaiak, paddel surf, escalada ou bodyboard entre outras actividades
  • Este é o quinto ano consecutivo que a Xunta de Galicia incrementa as prazas da Campaña de Verán, na que neste 2016 tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior
  • O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha desta campaña

 

Porto do Son (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o campamento Virxe de Loreto “Natureza xunto ao mar” en Porto do Son, onde un total de 120 mozos e mozas están a participar estes días en diversas actividades grazas á programación da Campaña de Verán 2016. Na visita o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

 

Este campamento conta con actividades de kaiak, paddel surf, escalada, surf, bodyboard, orientación, tirolesa, tiro con arco, stop motion e cometas; e durante a época estival acollerá a un total de 660 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos.

 

Rey Varela destacou durante a súa visita a auténtica opción de futuro que representan os campamentos de verán como o da Virxe de Loreto, onde os participantes gozan dunha programación de ocio educativo e tempo libre de primeiro nivel. “Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa”, explicou o titular autonómico. Ademais, este campamento foi obxecto dunha reforma o ano pasado na que a Consellería de Política Social investiu 100.000 euros. “Este ano seguimos investindo en novo equipamento para que os rapaces e rapazas teñan as mellores instalacións para desfrutar do verán”, explicou o titular autonómico.  

Este é o quinto ano consecutivo que a Xunta de Galicia incrementa as prazas da Campaña de Verán, na que neste 2016 tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

 

Melloras para os maiores e as persoas con discapacidade

O conselleiro de Política Social tamén fixo referencia ás melloras do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Porto do Son, onde se incrementou en 3.000 horas dito recurso cunha inversión de 30.000 euros. “Queremos facilitar que os maiores que o desexen sigan a vivir nas súas casas”, explicou Rey Varela. Así mesmo indicou que a Consellería de Política Social está a carón do concello para o que se precise en materia de dependencia.

 

Por outra banda, o conselleiro anunciou que proximamente os dependentes dos concellos de Porto do Son, Rianxo, Boiro, Ribeira e A Pobra do Caramiñal, poderán realizar as revisións, valoracións e solicitudes de discapacidade en Santiago, evitando así os desprazamentos ata a cidade da Coruña. “Acabamos de crear na Consellería o terceiro equipo de valoración na capital galega, e isto, ademais de evitar longos desprazamentos, permitirá mellorar os prazos de valoración”, detallou Rey Varela.  

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: