O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL APOIA A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE PARTICIPARÁN NO CURSO DE “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS” DA ASOCIACIÓN AMICOS

  • Nesta acción formativa participarán 12 persoas e conta co investimento do FSC Inserta e do Fondo Social Europeo
  • Arturo Parrado sinalou que dende a Consellería de Política Social “apoiamos todo tipo de iniciativas e actividades formativas que, coma esta, teñen por finalidade mellorar a formación das persoas con discapacidade”

 

Boiro (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu hoxe á presentación do curso de formación “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” no Centro de Atención Integral Amicos de Boiro. O programa busca a inserción laboral de mozos e mozas con discapacidade da comarca do Barbanza e Noia e conta coa colaboración e investimento do FSC Inserta e do Fondo Social Europeo.

 

En total, 12 persoas menores de 30 anos con discapacidade intelectual superior ao 33% participan no curso, que se prolongará ata o vindeiro mes de novembro. Tras esta acción formativa, os e as participantes estarán capacitados/as para executar as operacións auxiliares para a implantación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, así como para a produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinería, seguindo as instrucións de superiores e cumprindo coas medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente.

 

Arturo Parrado sinalou que dende a Consellería de Política Social “apoiamos todo tipo de iniciativas e actividades formativas que, coma esta, teñen por finalidade mellorar a formación das persoas con discapacidade e aumentar as súas posibilidades de inserción laboral”. O director xeral engadiu que a Xunta de Galicia desenvolve políticas transversais e coordina numerosos recursos no ámbito social tendentes, todos eles, a facilitar a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: