Archive | julio 28, 2016

A XUNTA DE GALICIA ULTIMA A ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE DÍA DE MACEDA O VINDEIRO MES DE SETEMBRO

  • REUNIÓN ALCALDES CENTRO DÍA MACEDA6 (28 XULLO 2016)Alcaldes dos concellos da área xunto co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar visitaron esta mañá as instalacións que terán unha capacidade máxima de 60 prazas
  • O Consorcio e o Concello de Maceda coordinaron nas últimas semanas a posta a punto de centro, ao que os municipios da zona poderán desviar maiores

Maceda (Ourense), 28 de xullo de 2016.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, xunto con alcaldes, concelleiros da área de Benestar e traballadores dos servizos sociais dos concellos de Maceda, Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Montederramo, Esgos, Xunqueira de Espadañedo, Vilar de Barrio, Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín, visitaron hoxe o centro de día desa localidade, incluído na rede autonómica da Xunta de Galicia. Na visita, tamén estiveron presentes o xefe territorial da Consellería de Política Social, José Selas Souto, e o rexedor de Maceda, Rubén Quintas Rodríguez.

Está previsto que esas instalacións para a atención diúrna de maiores, que terán unha capacidade máxima de 60 prazas, abran as súas portas xa no próximo mes de agosto, para recibir aos seus primeiros usuarios en setembro. Como é habitual nestes casos, o centro de día de Maceda botará andar de xeito gradual, con 30 prazas.

No encontro de hoxe, alcaldes, concelleiros e traballadores sociais coñeceron en persoa as dependencias do edificio no que se asenta o centro e recibiron información concreta -por boca dunha técnico do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar desprazada para tal fin a Maceda- sobre como será o seu funcionamento. De feito, a Xunta de Galicia proxectou e executou ese centro para dar cobertura, non só aos veciños de Maceda, senón que poderá recibir tamén a usuarios derivados polos servizos sociais dos concellos limítrofes ou cercanos.

Nas últimas semanas, o Consorcio e o Concello de Maceda traballaron de xeito coordinado para ultimar a posta a punto do centro, composto por catro módulos, levando a cabo pequenas reparacións, limpeza integral e arranxos de xardinería, entre outras tarefas. O pasado 13 de xullo o xerente do Consorcio, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o rexedor de Maceda e responsables da empresa Troncoso S.L. -adxudicataria da xestión do centro- xa visitaran o centro de día desa localidade para avanzar na súa posta en funcionamento e supervisar os últimos detalles.

Cando entre en funcionamento o de Maceda, a rede de centros de día de titularidade autonómica estará integrada por un total de 57 (con capacidade máxima para 2.244 usuarios). A oferta da Xunta de Galicia para os maiores complétase con 6 fogares residenciais, 1 residencia (con capacidade para 170 usuarios) e 6 vivendas comunitarias (cun máximo de 96 persoas).

A Consellería de Política Social está a acometer ademais un plan de obras de mellora de instalacións e mobiliario en centros de maiores, no que inviste máis de 600.000 euros, e que é posible grazas ao cumprimento por parte da comunidade autónoma do obxectivo de déficit.

 

O SÁBADO 30 DE XULLO, CONCERTO DE EL SÓTANO DE BABEL EN DETRÁS DO MARCO

13658951_1136599956411029_7961448635648206270_nVigo, 28 de xullo de 2016. O grupo vigués El Sótano de Babel ofrecerá o sábado 30 de xullo (20:00 horas) un concerto en Detrás do Marco. Entrada gratuíta.

A XUNTA REÚNESE COS REPRESENTANTES DE PROPIETARIOS EN SAN PAIO DE NAVIA PARA ABORDAR A OFERTA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE SOLO NESTE POLÍGONO RESIDENCIAL

 

  • O Goberno galego destinará este ano 8 millóns de euros á adquisición de solo para a ampliación de San Paio de Navia
  • No tempo transcorrido dende a convocatoria do concurso moitos propietarios solicitaron información sobre a mesma

 

 

Santiago, 28 de xullo de 2016.- O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, reuniuse cos representantes dos propietarios de solo en San Paio de Navia para tratar o concurso público de venda adquisición de solo convocado pola Xunta no ámbito da ampliación do polígono residencial vigués.

 

O concurso público de adquisición de solo foi convocado o pasado 30 de xuño a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Nas tres primeiras semanas transcorridas dende o convocatoria a empresa pública Xestur xa atendeu a un importante número de propietarios interesados en coñecer en detalle as condicións da oferta realizada.

 

A oferta pública de adquisición de solo prevé un investimento total de oito millóns de euros en 2016. Os terreos valóranse a 126 euros por metro cadrado, ao que haberá que sumar o valor dos elementos existentes nas fincas, como construcións, peches, arborado, etc. Este valor é o prezo indicado para a expropiación na resolución do 23 de abril de 2008. Os terreos que non se poidan adquirir por compravenda serán adquiridos por permuta cos seus propietarios ou a través dun posterior expediente de expropiación.

 

Os propietarios de terreos emprazados no ámbito de actuación deberán presentar as súas ofertas antes do 30 de setembro de 2016 con carácter xeral. No caso de que nas parcelas existan edificacións ou elementos singulares a valorar mediante un expediente contraditorio entre os seus titulares e a Administración o prazo de presentación de ofertas rematará o 1 de setembro de 2016.

 

Os titulares de terreos que acepten a oferta deberán presentar no IGVS un escrito no cal figuren os seus datos persoais e os que permitan identificar a propiedade e coñecer a súa superficie. Para tal efecto, deberanse indicar a referencia catastral e, de ser o caso, os datos rexistrais.

 

No caso de existir, tamén deberán presentar unha relación de elementos presentes nos terreos, como peches, arborados, pozos, emparrados, etc., xunto coa valoración segundo os prezos de ditos elementos que se inclúen na Resolución que hoxe publica o DOG. Naqueles terreos en que existan construción ou elemento singulares, deberán incluírse na oferta o seu prezo, fotos actuais e planos.

 

13 BANDAS NO VERDOEJO ART ROCK FEST FESTIVAL INTERNACIONAL NAS MARGENS DO RIO MINHO

cartaz art rock fest_InfTreze bandas e quatro artistas de landart dão corpo à segunda edição do Verdoejo Art Rock Fest, entre 29 e 31 de julho, nas margens do rio Minho, em Verdoejo, Valença.

A música e a arte vão subir ao palco com bandas portuguesas, espanholas e cubanas e brasileiras, prometendo um festival top, com os emblemáticos portugueses Kussondulola, os promissores brasileiros Bloco do Caos e os cubanos Quinteto Son Real como cabeças de cartaz!

A última banda a entrar no cartaz desta edição são os brasileiros Bloco do Caos, uma das bandas revelação mais promissoras do panorama musical brasileiro.

A segunda edição do Art Rock Fest pretende consolidar o conceito de festival de música de verão, conciliando bandas revelação e emblemáticas com as mais diversas formas de expressão artística na paisagem.

Apostando em bandas revelação, representativas de vários estilos musicais desde o pop, passando pelo rock até ao metal, Verdoejo Art Rock Fest promete um fim de semana em cheio. Este festival pretende estimular a criação artística musical e proporcionar às jovens bandas um palco para se revelarem ao mundo.

O festival terá uma ampla vertente artística, com um landart, de arte na paisagem, com obras inéditas de interação com o espaço, o Parque de Merendas, o rio Minho e a ilha do Conguedo. Intervenções artísticas que pretendem despertar um mundo de novas sensações e descobrir locais únicos. Artistas nacionais e locais, focados no landart desenvolverão, ao longo deste fim de semana um conjunto de instalações e iniciativas promotoras desta expressão artística.

O espaço é um local paradisíaco, nas margens do rio Minho, marcado pela emblemática ilha do Conguedo e pelas numerosas pesqueiras.

O evento tem entrada e camping gratuitos.

Este festival é organizado da Associação Faz Diferente e conta com o apoio da Junta de Freguesia de Verdoejo, da Câmara Municipal de Valença e do meio empresarial local e regional.

REY VARELA AVANZA O APOIO DA XUNTA DE GALICIA NA FUTURA CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA DE MAIORES NO MUNICIPIO OURENSÁN DE LOBIOS

  • 13,30 h.-       O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro de traballo coa alcaldesa de Lobios (Ourense), María del Carmen Yáñez Salgado. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 28/07/16

    13,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro de traballo coa alcaldesa de Lobios (Ourense), María del Carmen Yáñez Salgado. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    28/07/16

    A ratio do Servizo de Axuda no Fogar alcanza o 99,88% grazas ao incremento de 2.700 horas anuais ata acadar as 10.140 horas ao ano

 

Santiago, 28 de xullo de 2017.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa do municipio ourensán de Lobios, María del Carmen Yáñez Salgado.

 

Na xuntanza a alcaldesa de Lobios presentou ao conselleiro o proxecto de construción da residencia de maiores no municipio ourensán que contará co apoio da Xunta de Galicia. Nesta liña ambos mandatarios sinalaron a importancia das políticas destinadas tanto a maiores como á infancia. Cómpre destacar que o Concello de Lobios ten solicitado á Xunta de Galicia o recurso das novas Casas-Niño, unha iniciativa orientada a atender as necesidades de conciliación das familias e favorecer a igualdade no acceso aos servizos con independencia do lugar de residencia.   

 

Na área de maiores, conselleiro e alcaldesa salientaron a importancia do incremento de 2.700 horas anuais -ata acadar as 10.140 horas ao ano- no Servizo de Axuda no Fogar para 2016 que fará que a cobertura deste servizo chegue practicamente á totalidade da poboación que o precisa (99,88%).

 

A XUNTA DA O VISTO BO Á CONEXIÓN DO APARCADOIRO MUNICIPAL NO HAC PERO SOLICITA AO CONCELLO DE VIGO QUE GARANTA PREVIAMENTE OS ACCESOS E NON SE PRODUZAN ESTACIONAMENTOS INADECUADOS

  • 28072016_RPAccesosHACO delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou hoxe en rolda de prensa que o único requisito que se pide é que se garanta a seguridade e o paso axeitado das ambulancias nas vías de entrada e nas rotondas
  • Nos accesos ao HAC existe agora mesmo unha intensidade de tráfico que supera os 6.400 vehículos ao día, “moito máis que en rúas coma Julián Estévez ou o túnel de Praza América”, lembrou o delegado
  • López-Chaves insistiu en que a regulación do tráfico é unha “competencia exclusiva do Concello” e que o Sergas soamente pide “o que se establece nos estudos técnicos: que os carrís estean despexados”

 

Vigo, 28 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves,  informou esta mañá, en rolda de prensa, dos últimos trámites levados a cabo polo Sergas con respecto ao novo aparcadoiro municipal que pretende construír o Concello de Vigo nos terreos cedidos pola Zona Franca nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro.

 

López-Chaves insistiu en que dende a posta en marcha do hospital, hai máis dun ano, xa se puxeron de manifesto melloras sanitarias e de equipamentos e tamén se reduciron as listas de espera. O único que falta é o aparcadoiro disuasorio que xa se contemplaba no proxecto sectorial, pero que o Concello “non construíu”.

 

O delegado territorial da Xunta recordou que o alcalde Abel Caballero, en setembro do ano pasado, anunciou a construción dun aparcadoiro municipal para o hospital que, segundo dixo naquela ocasión, estaría rematado na primavera de 2016. Sen embargo, e coma explicou, foi tan só hai unhas semanas –concretamente o 4 de xullo- cando o Sergas recibiu o proxecto, é dicir, “cun retraso de 10 meses”.

 

López–Chaves informou de que unha vez recibida a documentación, dende a Xunta xa se deu resposta ao Concello de xeito positivo pero coa necesidade de garantir previamente a seguridade nos accesos á infraestrutura sanitaria e que non se produzan estacionamentos inadecuados. De feito, e coma relatou o delegado, o propio escrito remitido ao goberno local expón: “…non se aprecian inconvenientes para esta actuación, aínda que entendemos que é necesario por parte do Concello e con carácter previo á posta en funcionamento do novo aparcadoiro se poñan en marcha os mecanismos que se consideren convenientes para asegurar que tanto na rotonda como nos carrís de circulación non se produzan estacionamentos inadecuados, o que impediría o adecuado funcionamento deste acceso”.

 

O delegado aclarou que na contestación ao Concello de Vigo simplemente se lle indica que se debe garantir o paso axeitado das ambulancias nas vías de acceso porque “teñen que desaparecer os colapsos para evitar problemas nos accesos a Urxencias”. López-Chaves destacou ademais que os propios estudos encargados polo Concello previos á construción tamén detectaron este problema posto que, coma dixo, conclúen que “a execución deste aparcadoiro e a súa conexión sobre as vías existentes non afecta á circulación rodada do entorno sempre que non se obstrúan os carrís da rotonda con vehículos aparcados sobre a superficie da calzada que reduzan a maniobrabilidade e a seguridade da rotonda”.

 

Intensidade de tráfico

Polo tanto, dende a Xunta de Galicia solicítase ao Concello que realice as funcións de tráfico pertinentes na zona xa que “trátase dunha vía cunha intensidade de tráfico superior ao de moitas rúas céntricas da cidade”. De feito, e segundo o propio estudo presentado polo Concello, recoñécese que nos accesos ao HAC existe agora mesmo unha intensidade de tráfico que supera os 6.400 vehículos ao día, “moito máis que en rúas coma Julián Estévez ou o túnel de Praza América”, dixo o delegado, que insistiu así en que a regulación do tráfico é unha “competencia exclusiva do Concello” e que debe actuar no HAC ao igual que fai nas inmediacións do Meixoeiro ou en Beiramar, “onde se multa e existen radares”.
“Pedimos o que se establece nos estudos técnicos: que os carrís estean despexados”, concluíu López-Chaves amosando a súa preocupación xa que “non se trata só dun problema de seguridade, senón tamén de saúde” posto que “uns minutos de espera poden ser a diferenza entre un bo e un mal resultado médico”.

Descida do Rio Minho em Boia Aventura, Adrenalina e Muita Emoção

boias com horaValença vai reviver a singular iniciativa da Descida do Rio Minho em Boias, domingo, 31 de julho, com a participação de cerca de duas centenas de aventureiros. A criatividade e o engenho são a nota dominante desta prova, celebrada de dois em dois anos, no Rio Minho e que tem como requisito base que todas as embarcações utilizem boias como flutuantes.

A nona edição da Descida do Rio Minho em Boias tem como ponto de partida a Área de Lazer de Friestas (Valença), junto ao Rio Minho e a Área de Lazer de Caldelas (Tui), às 14h30. Segue-se a descida do Rio Minho até à Insua do Conguedo, em Verdoejo. Os melhores pontos para observação desta prova são a área de Lazer de Friestas e Caldelas, a pesqueira da Gingleta e o Paredão de Verdoejo, o lago do Rio Novo na Insua do Conguedo , a passagem para a Insua do Conguedo e o Parque de Merendas de Verdoejo.

A organização vai premiar as embarcações mais originais e animadas. A criatividade e originalidade das embarcações são uma das grandes marcas deste evento, assim como as muitas peripécias que estes afoitos “marinheiros” vão proporcionar nas águas do rio Minho.

A “prova” termina no Parque de Merendas de Verdoejo, onde se vão reunir todas as embarcações e participantes. A meio da tarde e no âmbito do Verdoejo Art Rock Fest está agendada a atuação dos Kussondulola, a mais emblemática banda portuguesa de reggae, do grupo cubano Quinteto Son Real e da banda brasileira Bloco do Caos.

Desde 1994 que a Descida do Rio Minho em Boias é um dos mais singulares cartazes dos eventos de verão, no Noroeste Peninsular que, ano após ano, tem atraído mais aventureiros e curiosos.

A iniciativa é da Eurocidade Valença Tui e conta com a especial colaboração da Associação de Eventos Faz Diferente e da Junta de Freguesia de Verdoejo.

Os interessados ainda se podem inscrever pelo e-mail: verdartrockfest@gmail.comou pelo tlm. 962006376 até 29 de julho.

A próxima semana volve o SonRías Baixas a Bueu con máis forza ca nunca

descargaNesta edición, o SonRías Baixas fusionará diversas disciplinas como música, cinema e gastronomía Bueu, 28 de xullo 2016.- Esta mañá presentouse a XIV edición do Festival SonRías Baixas na Praia da Banda do Río de Bueu coa presenza de Jacobo Sutil -director da AGADIC-, Carmela Silva – presidenta da Deputación de Pontevedra-, Xosé Leal -deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra-, Félix Juncal -alcalde do Concello de Bueu-, Jordi Lauren e Berta Domínguez – membros da organización do SonRías Baixas- e Salvador Vázquez -en representación de Rei Zentolo-. Jacobo Sutil quixo felicitar ao equipo organizador e a “todos os que fan posibles os festivais”, incluíndo ás “administracións que camiñan xuntas na mesma dirección”, idea que tamén quixo compartir Silva. Ademais, a presidenta da Deputación de Pontevedra puxo en valor a “explosión cultural” da provincia e situou ao SonRías Baixas como “un dos festivais que se sitúan como referente galego, estatal e internacional” pola súa modernidade e vangarda. Félix Juncal asegurou que este ano nos agarda “unha das mellores edicións que se teñen celebrado ata o de agora” e celebrou a continuidade do SonRías Baixas tras os seus dous últimos anos de ausencia. Salvador Vázquez, pola súa banda, debullou polo miúdo aspectos da composición da imaxe desta edición, comentando que “dende que debuxamos dúas anduriñas no cartaz non volveu chover en Galicia” ou desvelando que, ante a demanda de parches por parte do público ao velo na moza que aparece nel debuxada, tiveron que fabricalos para a súa venda. Esta edición do SonRías Baixas -que se celebrará os vindeiros 4, 5 e 6 de agosto en Bueu-, combinará artistas que xa son parte da súa historia viva, como Boikot, Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus ou un dos directos máis desexados do ano en todo o Estado, o de La Gran Pegatina, cunha banda internacional da talla de La Vela Puerca e cunha das voltas aos escenarios máis esperadas dos últimos anos, a de Lendakaris Muertos. Para completar a mestura marca da casa, bandas cun futuro moi prometedor, como Chotokoeu ou Gold & Colt. Ademais, o SonRías Baixas colabora por primeira vez na súa historia co FIC Bueu proxectando seis curtametraxes o sábado pola tarde no Centro Social do Mar. Tal e como destacou Jordi Lauren, “o audiovisual e a música son disciplinas que se complementan dando lugar a unha combinación perfecta”. Ao menú variado de propostas musicais que ofrece o festival e aproveitando a ampla tradición culinaria da terra e maila excelencia do porto de mar da zona, o festival incorpora -como xa o fixeran na súa última edición- un espazo gastronómico no que intervirán cociñeiros de excepción: varios artistas destacados cociñarán os seus pratos favoritos para ofrecerlle ao público.

ESTE VENRES EMPEZA ‘PORRIGALIA’ CUN PROGRAMA DE TRES DÍAS QUE TRAERÁ A HUECCO, DAVID POP, FONSI NIETO E O ESPECTACULAR ‘KELTIA O MUSICAL’

LJ21C1F1Galos e celtas, lexións romanas e tribus castrexas, voltan un ano máis a invadir o Porriño nunha nova edición de ‘Porrigalia’ que transformará a cara da vila este venres, o sábado e domingo, 29, 30 e 31 de xullo,  nos que se celebrarán carreiras de cuadrigas e bigas, mostra de cabalos, aves de cetrería e loita de gladiadores, durante os terceiros ‘Xogos Olímpicos’ do Porriño, os segundos que se celebran durante o mandato do actual goberno local.

Como adiantou hai días a alcaldesa, Eva García de la Torre, ‘Porrigalia’, tentará superar os 20.000 asistentes do ano pasado, para o cal terá presenza en todo o concello con actividades na rúa Domingo Bueno, no Velódromo Municipal, -que estará conectado por bus, constantemente dende San Sebastián-, ou a Praza do Cristo, que este ano acollerá a proposta para os máis pequenos, ‘Pekegalia’.

O programa deste ano ofrece as actuacións de Huecco, David Pop DJ e Fonsi Nieto, o ex  piloto de motociclismo ofrecerá o seu espectáculo a mañanciña do 30 ao 31 en Domingo Bueno, dende as 10 e media da noite.

O ‘prato forte’, á ,marxe do Desfile da Garda Pretoriana do arde Lucus, o prendido da chama ‘olímpica’ no Faro de Budiño, mañá venres, día 29 ás 9 da noite, será a Keltia O Musical (22:00 h. na rúa Domingo Bueno). O Bruxo Queimán e Andrea Pousa, os seus protagonistas, ofrecerán un espectáculo baseado nos alicerces da cultura atlántica pero adaptado especialmente para os III Xogos Olímpicos de Porrigalia.

Nesta nova edición de Porrigalia,tamén aumenta o número de postos de comida e roupa, haberá máis variedade de oferta no mercado artesán, ademais de máis animación e actividades na rúa, dende o espectáculo de lume, pasando polo xantar, foto-call, ou  desfiles polo centro do Porriño, , exhibicións de aves, cabalos, o corte de troncos,carreiras ou salto horizontal.

 

A DIRECTORA XERAL DE INFANCIA CONTINUA EN LUGO A ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES PARA INFORMALOS DO CONTIDO DA ORDE PARA O INVESTIMENTO EN ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

  • 20160728_103119A orde, publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia, está dotada de 1,5 millóns de euros
  • O obxectivo é mellorar as escolas infantís así como os puntos de atención á infancia municipais a través da realización das obras menores e da compra do equipamento necesario
  • Os concellos interesados poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 26 de agosto

 

Lugo, 28 de xullo de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, continuou esta mañá en Lugo  a súa rolda de encontros con alcaldes para informalos sobre o contido da Orde que regula a concesión de axudas para o investimento en escolas infantís dependentes das corporacións locais. Nesta provincia, existen máis de 23 concellos que contan con escolas infantís municipais. Na xuntanza, Amparo González estivo acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia lucense, Raquel Arias Rodríguez.

 

A directora xeral salientou que a orde pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para o investimento en escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de corporacións locais, publicada onte mesmo no Diario Oficial de Galicia por primeira vez, “está dotada de 1,5 millóns de euros” e que “os concellos interesados xa poden presentar a súa solicitude nun prazo dun mes que rematará o vindeiro 26 de agosto”.

 

Durante este encontro que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta, Amparo González salientou que a finalidade da convocatoria é “mellorar as escolas infantís así como os puntos de atención á infancia municipais a través da realización das obras menores e da compra do equipamento necesario”.

Con estas axudas facilitarase a posta en marcha inmediata de recursos de atención á infancia que estean unicamente pendentes da dotación de equipamento, co que se aumentará a dispoñibilidade de prazas de atención á infancia. Igualmente mellorarase a calidade da atención recibida nos que xa veñen funcionando.

 

Esta convocatoria enmárcase no programa operativo FEDER Galicia para o período 2014-2020 e o financiamento articularase a través dunha convocatoria pública de subvencións baixo o réxime de concorrencia competitiva. Os concellos beneficiarios non poderán ter recibido axudas financiadas con fondos Estruturais de Investimento Europeos (EIE) 2007-2013 para o mesmo concepto de gasto e no suposto de recursos que dependan da dotación de equipamento para seren postos en marcha  tampouco poderán ter recibido axudas financiadas cos ditos fondos EIE para a construción da infraestrutura. Ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas, obras novas de escasa contía que doten ao edificio de servizos necesarios, adquisición e mellora do equipamento do centro (incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo), e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

 

As axudas poderán financiar ata o 100% do investimento subvencionable e terán unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento. Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente solicitude. A actuación é complementaria das accións de investimento para mellora das escolas infantís da rede Galiña Azul.

 

Cómpre destacar que esta convocatoria enmárcase no Plan de Dinamización Demográfica para Galicia 2013-2016, Horizonte 2020, e forma parte do Programa de apoio á natalidade (PAN), un programa integral da administración autonómica que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecendo respostas globais ás súas necesidades.

 

A atención á infancia e o apoio ás familias é unha das liñas estratéxicas de actuación da Consellería de Política Social. Investir na atención á infancia aumenta a equidade dos resultados educativos e reduce os custes para a sociedade en perda de talento e en gasto público en benestar, sanidade e incluso xustiza. Así mesmo, contar con estes recursos de conciliación contribúe significativamente a acadar obxectivos políticos fundamentais, en especial en canto a crecemento e emprego, integración social de grupos vulnerables e igualdade de xénero. O desenvolvemento dunha política de conciliación eficaz tamén constitúe unha resposta clave aos retos demográficos a longo prazo.

 

O orzamento consignado para as actuacións de conciliación por parte da Consellería de Política Social ascende a 67.124.923 euros, o que supón un incremento de case o 70% con respecto ao exercicio 2015. Grazas a esta aposta decidida do departamento autonómico Galicia xa é un referente de servizos de apoio á natalidade e á familia no contexto español.