Os estudantes internacionais de IESIDE manteñen un encontro coa directora de Turismo de Galicia
O grupo de 15 estudantes cursa en Galicia o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais de IESIDE
·
O programa de estudos que cursan ten por obxectivos estratéxicos o apoio ás empresas galegas e a promoción do sector turístico da comunidade en China
· Nava Castro explicou a importancia de turismo en Galicia, destacou os seus principais recursos e expuxo as claves do Plan Integral de Turismo da comunidade
29.07.2016. O grupo de 15 estudantes chineses chegados a Galicia para cursar o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais (DARI) do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) mantiveron esta tarde un encontro na sede de Afundación en Vigo con Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, axencia dependente da Xunta de Galicia.
Os estudantes, primeiro grupo internacional que se incorpora aos programas formativos de IESIDE, proceden da Beijing International Studies University (BISU), onde realizan estudos de Grao de Español. O Diploma Avanzado en Relacións Internacionais que cursan en IESIDE ten como obxectivo principal o apoio ás empresas galegas para a súa entrada e posicionamento no mercado chinés, proporcionándolles profesionais dese país multilingües e con formación empresarial. Outro dos seus obxectivos estratéxicos é a promoción do sector turístico galego en China.
Na súa intervención, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o destino turístico Galicia facendo fincapé nos seus principais recursos, como son o Camiño de Santiago, a natureza, a gastronomía, o termalismo, o patrimonio cultural, as grandes cidades ou o turismo rural.
En la foto, junto a los estudiantes internaciones aparecen Nava Castro y el secretario gerente del IESIDE, Pedro Otero
REY VARELA ASINA CO CONCELLO DE CERVO O CONVENIO PARA O EQUIPAMENTO DO CENTRO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA SITO EN SAN CIBRAO POR UN IMPORTE DE 160.000 EUROS
Asegura que este texto representa “un pulo decidido polo eido rural, pola mellora das súas infraestruturas e pola súa protección social”
- Segundo o acordado, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, achegará a cantidade de 150.000 euros (65.000 euros na primeira anualidade de 2016 e outros 85.000 euros en 2017), mentres que o Concello de Cervo aportará os restantes 10.000 euros
Cervo (Lugo), 29 de xullo de 2017.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, vén de asinar o convenio de colaboración co concello lucense de Cervo, representado polo seu alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, para o equipamento do centro sito en San Cibrao onde se presten servizos das carteiras de promoción da autonomía e de atención á dependencia por un importe de 160.000 euros. Logo da sinatura do acordo, o responsable da área social do Goberno galego asegurou que este texto representa “un pulo decidido polo eido rural, pola mellora das súas infraestruturas e pola súa protección social”. “O propósito da Consellería de Política Social é que todos os galegos e galegas melloren a súa calidade de vida, especialmente aqueles que pasan maiores dificultades e, neste obxectivo, as xentes, e sobre todo os maiores, do rural representan un colectivo prioritario no noso eido de acción”, engadiu.
Coa dotación do equipamento necesario para o edificio de San Cibrao -xa construído e que é de titularidade municipal- o centro de promoción a autonomía e atención á dependencia podería entrar en funcionamento proximamente. Segundo o acordado, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, achegará a cantidade de 150.000 euros (65.000 euros na primeira anualidade de 2016 e outros 85.000 euros en 2017), mentres que o Concello de Cervo aportará os restantes 10.000 euros.
O convenio asinado hoxe rubrícase ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible para o período 2010-2014. Un Plan que, dixo o conselleiro, “contempla o financiamento de proxectos orientados á posta en funcionamento de centros destinados á prestación de servizos sociais, prioritariamente centros de atención diúrna e residencias de maiores dependentes, co fin de incrementar as prazas dispoñibles destes recursos”. Do mesmo xeito, o titular de Política Social asegurou que o convenio asinado dá cumprimento ao Plan grazas ao “equipamento e posta en marcha dun recurso no que as persoas maiores e dependentes poidan recibir coidados e atencións de carácter persoal, terapéutico e social”.
Nesta liña, Rey Varela destacou o incremento das partidas destinadas a maiores como reflicte que a nova Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade teña neste ano 2016 un aumento do 7% con respecto ao orzamento consignado a esta área en 2015. “Unha suba que nos permitirá coidar mellor dos nosos maiores, consignar máis cartos para atención á dependencia ou abrir máis centros para maiores, como estamos a facer no Concello de Cervo”, engadiu.
Do mesmo xeito, o conselleiro sinalou a importancia do mantemento das horas do Servizo de Axuda no Fogar que con 12.108 horas acada unha ratio de cobertura do 99,67%. A achega económica que fai a Consellería de Política Social neste eido é de máis de 150.000 euros, unha cifra que case triplica o importe que se concedía en 2009.
Ademais, tocante a atención aos menores, Rey Varela comprometeu a axuda da Xunta de Galicia respecto ás melloras da escola infantil municipal.