A XUNTA INICIA HOXE AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO COLECTOR DE DRENAXE NA ESTRADA PO-801, NO NÚCLEO DE SURREIRO, NO CONCELLO DE CRECENTE, PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE ASOLAGAMENTOS

 

  • Estas actuacións foron adxudicadas á empresa NAROM S.L por un importe de máis de 46.000 euros
  • As obras consisten en substituír un tramo do colector existente, no que a pendente é reducida, por outro de maior capacidade
  • O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, busca resolver carencias nas infraestruturas galegas, mantendo a rede viaria autonómica nas condicións axeitadas para garantir a seguridade viaria

 

Santiago, 1 de agosto de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de renovación do colector de drenaxe na estrada entre Filgueira e Crecente PO-801, ao seu paso polo núcleo do Surreiro.

 

Estas actuacións foron adxudicadas á empresa NAROM S.L por un importe de máis de 46.000 euros.

 

As actuacións que hoxe comezan pretenden resolver estes problemas de asolagamentos que xera a rede de pluviais actual. Os traballos consisten en demoler o pavimento dos camiños actuais, retirar a tubaxe e colocar outra nova. Substituirase un tramo do colector actual, no que a pendente é reducida, por outro de maior capacidade.

 

Na estrada PO-801, no PK 9+350, existe unha taxea que dirixe as augas cara o lugar do Surreiro, na parroquia de Filgueira. Estas augas recóllense a través dunha baixante e por medio dunha canaleta, pero a sección de tubaxe de drenaxe é escasa e prodúcense asolagamentos.

 

O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, busca resolver carencias nas infraestruturas galegas, mantendo a rede viaria autonómica nas condicións axeitadas para garantir a seguridade viaria.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: