ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE UN TERZO DAS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DOS SISTEMAS XERAIS DA PLISAN XA ESTÁN EXECUTADAS

  • 160801 EthelVazquezPlisan2Vázquez Mourelle indica que un total de 60 persoas e 35 máquinas están a traballar para que a plataforma loxística estea operativa no vindeiro ano coa fin de que as empresas poidan comezar a instalarse
  • Nestes momentos xa está realizado todo o movemento de terras; executáronse os servizos principais ao longo de toda a traza; e estase avanzando nas capas inferiores dos firmes
  • A conselleira salienta que nos próximos días vaise iniciar a construción da glorieta de conexión da PLISAN coa estrada Salvaterra-As Neves, a PO-400; e tamén en agosto, procederase á instalación do alumeado e de gas natural
  • Concreta que estas obras deixarán habilitados 700.000 m² da zona máis próxima ao enlace coa autovía e darán servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da PLISAN
  • Subliña que se está a traballar intensamente para facilitar que os empresarios accedan ao solo baixo a fórmula de dereito de superficie e en condicións moi vantaxosas, xa que os primeiros 100.000 m² se porán á venda a 50 €/m²

 

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 1 de agosto de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais da plataforma loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), onde salientou que un terzo destes traballos, cun orzamento de 13,5 millóns de euros, xa está executado, polo que finalizarán no vindeiro mes de abril, o que permitirá que as empresas poidan comezar a instalarse en 2017.

 

A esta visita tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; a delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

 

Vázquez Mourelle indicou que un terzo das actuacións nesta primeira fase están xa executadas e paralelamente estase a traballar para poder licitar, a finais deste ano, os primeiros terreos a urbanizar para que as empresas que así o desexen poidan comezar a instalarse no próximo exercicio.

 

Estas obras dos sistemas xerais comprenden a construción e pavimentación do viario e inclúen o alumeado e as conducións necesarias para os sistemas de abastecemento, saneamento, electricidade, gas e telecomunicacións. Son traballos que deixarán habilitados 700.000 m² da zona máis próxima ao enlace coa autovía e darán servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da PLISAN.

 

Nestes momentos están traballando na zona arredor de 60 persoas e 35 máquinas e xa está realizado todo o movemento de terras; executáronse os servizos principais ao longo de toda a traza (pluviais, media tensión, telecomunicacións…); e agora estase traballando nas capas inferiores dos firmes.

 

A conselleira salientou que nos próximos días vaise iniciar a construción da glorieta de conexión da PLISAN coa estrada que une Salvaterra-As Neves, a PO-400; e tamén de maneira inmediata, neste mes de agosto, procederase á instalación superficial do alumeado e de gas natural.

 

Vázquez concluíu que desde as tres administracións implicadas estase a traballar intensamente para darlle un pulo á PLISAN, avanzando nas obras para darlle a opción, aos empresarios que queiran instalarase aquí, de acceder ao solo baixo a fórmula de dereito de superficie e ofrecéndolle condicións moi vantaxosas para acceder ás parcelas, xa que os primeiros 100.000 m² se porán á venda a un prezo de 50 €/m².

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: