Mais de 20.000 persoas disfrutan de Porrigalia

Salto de LonxitudeMáis de 20.000  persoas  acudiron a O Porriño os tres días de celebración dos ‘Xogos Olímpicos’ de Porrigalia. A festa , ateigada de galos e celtas, lexións romanas e tribus castrexas, aspallouse por toda a vila, dende a rúa Domingo Buen, pasando polo centro peonil, ata o Velódromo, escenario das carreiras de cuadrigas e bigas, a mostra de cabalos, aves de cetrería e loita de gladiadores.

Dende que se prendeu a chama  olímpica no Faro de Budiño, o venres, O Porriño estivo tomado por milleiros de veciños e visitantes que disfrutaron do Musical Keltia, a multitudinaria actuación de Huecco, o ritmo de David Pop DJ e o show do ex piloto de motociclismo Fonsi Nieto.

Dous das propostas máis concorridas foron ‘Pekegalia’, unha das novidades deste ano, que ocupou o Parque do Cristo, e o ritmo dos Festicultores, que percorreron o centro da vila contaxiando ao público co seu ritmo e os seus temas populares.

Porrigalia, que nesta veu incrementado o números de postos de comida e roupa, ofreceu máis variedade de oferta no mercado artesán, máis animación e actividades na rúa, dende o espectáculo de lume, pasando polo xantar, foto-call, ou  desfiles polo centro do concello, tamén fixo que as rúas do Porriño estivesen animadas ata altas horas da noite facendo que os locais de hostalería obtivesen os mellores ingresos do ano, a falla da chegada, en setembro, das Festas do Cristo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: