REY VARELA CONTINÚA COA ROLDA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS PARA ESTABLECER AS LIÑAS DE COLABORACIÓN SOCIAL DOS PRÓXIMOS ANOS

  • A ratio do Servizo de Axuda no Fogar alcanza o 99,88% grazas ao incremento de 2.700 horas anuais ata acadar as 10.140 horas ao ano

 

Santiago, 1 de agosto de 2017.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa do municipio coruñés de Boimorto, María Jesús Novo Gómez.

 

Na xuntanza coa alcaldesa de Boimorto, o conselleiro destacou o incremento de 840 horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 11.340 horas anuais e unha ratio de atención do 94,34%. Do mesmo xeito, respecto á infancia, ambos mandatarios sinalaron a importancia da elevada ratio de prazas públicas escolas infantís que alcanza o 95,24%. Moi por riba da taxa aconsellada pola Unión Europea neste aspecto que é do 33%.

 

Do mesmo xeito, conselleiro e alcaldesa departiron acerca da situación da residencia de maiores, que conta con 23 prazas e que o concello construíu a través do Plan Concertado. E, ao fío, Novo Gómez trasladou a Rey Varela o proxecto de ampliación desta infraestrutura. Unha proposta que o titular da área de Política Social do goberno galego se comprometeu a estudar.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: