A XUNTA COLABORA NA ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO PARA LABORES AMBIENTAIS XUNTO AO CONCELLO DE NIGRÁN
Esta colaboración permite paliar a principal carencia da policía local de Nigrán
- O vehículo contará cos equipos necesarios para a realización dos labores de vixilancia e control ambiental
- O orzamento total é de 36.000 euros, onde a Xunta de Galicia financiará o vehículo e o Concello de Nigrán encargarase da rotulación e dos accesorios
Vigo, 02 de agosto de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo un encontro co alcalde do Concello de Nigrán, José Antonio González, con motivo da sinatura dun convenio de cooperación entre as administracións para a adquisición dun vehículo para labores ambientais.
Desde a Xunta de Galicia informouse de que dende o Concello de Nigrán se expuxo a necesidade da adquisición dun vehículo para labores ambientais que ten como obxecto paliar a principal carencia da policía local de Nigrán como é dispoñer dun vehículo todoterreo. Este vehículo contará con tracción 4×4 e permitirá desenvolver os labores de policía ambiental, mellorar o parque móbil e garantir a súa operatividade.
O vehículo contará cos equipos necesarios para a realización dos labores de vixilancia e control ambiental aos que estará destinado: un sonómetro para para a medición de ruídos, un calibrador que garanta o bo funcionamento do equipo, e un kit de control ambiental para a toma de mostras e determinación de parámetros básicos.
O orzamento total do vehículo é de 36.000 euros, do que a Xunta de Galicia financia o 70%. Da parte restante, correspondente ao equipamento, encargarase o propio Concello de Nigrán, xa que débese ter en conta que a parte do custo do todoterreo, tamén é necesaria unha rotulación e uns accesorios especiais que precisa un vehículo policial destas características.
Concierto de Verano de CRÓNICAS POP en O MUIÑO DO VENTO Avenida Atlantida, 154 | Pegado Al Museo Del Mar, 36208 Vigo
Concierto de Verano del grupo: CRÓNICAS POP en la playa de Samil / Alcabre: O MUIÑO DO VENTO Avenida Atlantida, 154 | Pegado Al Museo Del Mar, 36208 Vigo, el Viernes 5 de Agosto a las 22:30 h. con entrada libre.
Crónicas Pop es un grupo tributo al Pop Rock en castellano nacional & hispano desde los años 80´ hasta la actualidad, formado a mediados de 2014, con casi una veintena de conciertos, repartidos en varios locales del centro de Vigo como son Sala Master, Posada das Animas, Sala Barroco, Pub Cuarenta, Xancarajazz, Pub Quomo…etc., y otros de alrededores como son el Bar Playa de Nigrán, Disco Reality Show de Porriño o Bar Areosa de Patos.
El grupo está integrado por Lucía Alonso como voz solista, los guitarristas Quique Villagrasa y Roi Facal, el bajista Willy Prada, y Dani Pereira a la batería. También han contado, en ocasiones, con las colaboraciones de los baterías Philip Yepes y Víctor?
El repertorio está compuesto por versiones de pop-rock nacional e hispano, con temas desde Radio Futura, Nacha Pop, Los Secretos o Tequila, hasta Fito & Fitipaldis, Lori Meyers o Jarabe de Palo, pasando por otros como Maná, Los Rodriguez y Extremoduro, entre otros.
La principal característica del grupo es que casi todos los temas que han incluido en sus conciertos, son cantados con voz de mujer, aunque las canciones originales provienen de intérpretes masculinos, lo que hace que los temas sean más personales, a pesar de ser versiones de otros compositores.
O PORRIÑO LIDERA A BAIXADA DO PARO NA COMARCA DE VIGO CON 118 DESEMPREGADOS MENOS EN XULLO
O paro baixou o mes pasado en O Porriño en 118 persoas, o maior descenso no desemprego na Área de Vigo, logo da propia cidade. Na actualidade, dacordo cos datos difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, por primeira vez nos últimos anos o número de porriñesas e porriñeses anotados na oficina de emprego é inferior aos 2.000, posto que ao peche do mes pasado eran 1.901.
Dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 238 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.901 a finais de xullo deste ano, o que representa pasar do 24,3% ao 21,5%, preto de tres puntos menos, e voltar a porcentaxes de paro do ano 2008.
A alcaldesa, Eva García de la Torre acolle esta mellora no comportamento do emprego con prudencia, e logo de valorar positivamente os efectos das iniciativas que se están a impulsar dende o Concello en materia laboral, subliña que a súa intención é seguir adiante coas mesmas para axudar a que o número e veciñas e veciños que están sen traballo siga baixando.
García de la Torre volve a sinalar como a base central da súa xestión a loita contra o paro e, dende este obxectivo, reitera a aposta firme e decidida pola formación, como está a facer a Concellería de Emprego, e pola colaboración coas empresas radicadas no Porriño de cara a adecuar a devandita actividade formativa ás súas necesidades, tal e como transmitiu a propia alcaldesa aos seus directivos en numerosas xuntanzas mantidas nestes meses.
Eva García de la Torre adianta que o Goberno local sumará ás accións que están xa en marcha para impulsar a economía local e a inserción no mercado de traballo, dous novos Plans de Emprego: un de inserción laboral e outro específico para mulleres que, lembra, “representan o 33% de todos os veciños do Porriño que están no paro”.
A XUNTA DE GALICIA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA A MELLORA DE ESCOLAS INFANTÍS DEPENDENTES DAS CORPORACIÓNS LOCAIS
O obxectivo desta iniciativa, que se enmarca no Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia), é mellorar as escolas infantís de 0 a 3 anos de titularidade municipal é mellorar estes centros educativos, así como os puntos de atención á infancia a través da realización de obras menores e da compra do equipamento necesario
- Os concellos interesados en acollerse a estas axudas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de agosto para presentar a solicitude
A Coruña, 2 de agosto de 2016.- A Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos 1,5 millón de euros destinados a investimentos para a mellora de instalacións e equipamentos de escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de corporacións locais. Os concellos interesados en beneficiarse deste novo programa de axudas impulsado pola Consellería de Política Social teñen de prazo ata o vindeiro día 26 deste mes de agosto para presentar a solicitude, tal e como informou hoxe a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, a alcaldes e alcaldesas de municipios da provincia da Coruña nun encontro que tivo lugar na sede da delegación territorial da administración autonómica na cidade herculina. No encontro tamén participou o delegado da Xunta na provincia, Diego Calvo Pouso.
Así, a directora xeral lembrou que a orde pola que se regulan as bases e recolle as condicións que rexerán a concesión destas axudas publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 28 de xullo; e salientou que a finalidade desta convocatoria “é mellorar as escolas infantís así como os puntos de atención á infancia municipais a través da realización de obras menores e da compra do equipamento necesario”. Nesta liña, Amparo González apuntou que con estas axudas facilitarase aos concellos a posta en marcha de maneira inmediata de recursos de atención á infancia e, así mesmo, mellorarase a calidade da atención recibida nos que xa veñen funcionando.
Esta iniciativa, que o Goberno galego articular por primeira vez dentro do novo impulso que está a dar ás políticas sociais dirixidas a apoiar ás familias e á infancia, enmárcase no programa operativo FEDER Galicia para o período 2014-2020 e o financiamento articulase a través dunha convocatoria pública de subvencións baixo o réxime de concorrencia competitiva. Os concellos beneficiarios non poderán ter recibido axudas financiadas con fondos Estruturais de Investimento Europeo (EIE) 2007-2013 para o mesmo concepto de gasto; e no suposto de recursos que dependan da dotación de equipamento para seren postos en marcha tampouco poderán ter recibido axudas financiadas con ditos fondos EIE para a construción da infraestrutura.
Actuacións suxeitas a subvención e contías
En concreto, ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas; obras novas de escasa contía que doten ao edificio de servizos necesarios; adquisición e mellora do equipamento do centro (incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo); e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.
As axudas poderán financiar ata o 100% do investimento subvencionable e terán unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento. Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente solicitude. A actuación é complementaria das accións de investimento para mellora das escolas infantís da rede Galiña Azul.
Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)
Cómpre destacar que esta convocatoria enmárcase no Plan de Dinamización Demográfica para Galicia 2013-2016, Horizonte 2020, e forma parte do Programa de apoio á natalidade (PAN), un programa integral da administración autonómica que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecendo respostas globais ás súas necesidades.
A atención á infancia e o apoio ás familias é unha das liñas estratéxicas de actuación da Consellería de Política Social. Investir na atención á infancia aumenta a equidade dos resultados educativos e reduce os custes para a sociedade en perda de talento e en gasto público en benestar, sanidade e incluso xustiza. Así mesmo, contar con estes recursos de conciliación contribúe de maneira significativa a acadar obxectivos políticos fundamentais, en especial en canto a crecemento e emprego, integración social de grupos vulnerables e igualdade de xénero. O desenvolvemento dunha política de conciliación eficaz tamén constitúe unha resposta clave aos retos demográficos a longo prazo.
O orzamento consignado para as actuacións de conciliación por parte da Consellería de Política Social ascende a 67.124.923 euros, o que supón un incremento de case o 70% con respecto ao exercicio 2015. Grazas a esta aposta decidida do departamento autonómico Galicia xa é un referente de servizos de apoio á natalidade e á familia no contexto español.
Os contratos temporais no sector servizos maquillan os datos do paro no mes de xullo
- Máis da metade dos 157.459 desempregados/as galegos/as non perciben ningunha prestación
Xullo rematou cun total de 157.459 parados/as rexistrados/as nas oficinas do Servizo Público de Emprego (SEPE) en Galiza, o que supón unha baixada de 11.863 persoas (5,7%) con respecto ao mes anterior, grazas á contratación temporal ligada ao sector servizos. Con todo, máis da metade dos desempregados/as do noso país non percibe ningunha prestación económica.
O descenso do paro é habitual cada mes de xullo ao coincidir coa maior etapa de contratación do período estival. De feito, rexistráronse 99.487 contratos, dos que o 80% foron nalgunha actividade relacionada co sector servizos; ademais, o 94% foio baixo algunha modalidade de contratación temporal.
O desemprego descendeu tamén na construción e na industria, aínda que de xeito moito menos acusado. O que tamén baixou foi o número de parados/as con dereito a algunha prestación, xa que no último mes tan só o 46% percibe algunha axuda por desemprego; destes, unicamente o 38% ingresa a prestación contributiva.
Dende a secretaría confederal de Emprego e Industria da CIG inciden en que estas altas cotas de temporalidade son froito das sucesivas reformas laborais aplicadas polo Goberno central, especialmente a aprobada polo Partido Popular, que só serviu para degradar aínda máis as condicións laborais e para reducir en maior medida os salarios.
Neste senso, o seu responsábel, Miguel Malvido, indica que a consecuencia disto non deixa de medrar o número de traballadores/as pobres e de persoas en risco de exclusión social. “Atopámonos cunha realidade cada vez máis perversa, xa que ter un posto de traballo non garante poder levar unha vida digna”, critica.
Ao mesmo tempo, lembra que a central elaborou unha minuciosa proposta cunha serie de medidas orientadas ao crecemento económico e a creación de emprego que foi trasladada ao Parlamento galego para a súa aprobación baixo a fórmula da Iniciativa Lexislativa Popular. Mais o documento foi rexeitado cos votos en contra do PP. “En materia laboral o único que se ve son os nefastos resultados da política seguidista da Xunta de Feijóo con respecto ao Goberno central de Rajoy”, lamenta.