A XUNTA COLABORA NA ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO PARA LABORES AMBIENTAIS XUNTO AO CONCELLO DE NIGRÁN

  • _MG_0384Esta colaboración permite paliar a principal carencia da policía local de Nigrán
  • O vehículo contará cos equipos necesarios para a realización dos labores de vixilancia e control ambiental
  • O orzamento total é de 36.000 euros, onde a Xunta de Galicia financiará o vehículo e o Concello de Nigrán encargarase da rotulación e dos accesorios

 

Vigo, 02 de agosto de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo un encontro co alcalde do Concello de Nigrán, José Antonio González, con motivo da sinatura dun convenio de cooperación entre as administracións para a adquisición dun vehículo para labores ambientais.

 

Desde a Xunta de Galicia informouse de que dende o Concello de Nigrán se expuxo a necesidade da adquisición dun vehículo para labores ambientais que ten como obxecto paliar a principal carencia da policía local de Nigrán como é dispoñer dun vehículo todoterreo. Este vehículo contará con tracción 4×4 e permitirá desenvolver os labores de policía ambiental, mellorar o parque móbil e garantir a súa operatividade.

 

O vehículo contará cos equipos necesarios para a realización dos labores de vixilancia e control ambiental aos que estará destinado: un sonómetro para para a medición de ruídos, un calibrador que garanta o bo funcionamento do equipo, e un kit de control ambiental para a toma de mostras e determinación de parámetros básicos.

 

O orzamento total do vehículo é de 36.000 euros, do que a Xunta de Galicia financia o 70%. Da parte restante, correspondente ao equipamento, encargarase o propio Concello de Nigrán, xa que débese ter en conta que a parte do custo do todoterreo, tamén é necesaria unha rotulación e uns accesorios especiais que precisa un vehículo policial destas características.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: