A XUNTA DE GALICIA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA A MELLORA DE ESCOLAS INFANTÍS DEPENDENTES DAS CORPORACIÓNS LOCAIS

  • Amparo - Coruña 2O  obxectivo desta iniciativa, que se enmarca no Programa de Apoio á Natalidade  (PAN Galicia), é mellorar as escolas infantís de 0 a 3 anos de titularidade municipal é mellorar estes centros educativos, así como os puntos de atención á infancia a través da realización de obras menores e da compra do equipamento necesario
  • Os concellos interesados en acollerse a estas axudas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de agosto para presentar a solicitude

 

A Coruña, 2 de agosto de 2016.- A Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos 1,5 millón de euros destinados a investimentos para a mellora de instalacións e equipamentos de escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de corporacións locais. Os concellos interesados en beneficiarse deste novo programa de axudas impulsado pola Consellería de Política Social teñen de prazo ata o vindeiro día 26 deste mes de agosto para presentar a solicitude, tal e como informou hoxe a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, a alcaldes e alcaldesas de municipios da provincia da Coruña nun encontro que tivo lugar na sede da delegación territorial da administración autonómica na cidade herculina. No encontro tamén participou o delegado da Xunta na provincia, Diego Calvo Pouso.

 

Así, a directora xeral lembrou que a orde pola que se regulan as bases e recolle as condicións que rexerán a concesión destas axudas publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 28 de xullo; e salientou que a finalidade desta convocatoria “é mellorar as escolas infantís así como os puntos de atención á infancia municipais a través da realización de obras menores e da compra do equipamento necesario”. Nesta liña, Amparo González apuntou que con estas axudas facilitarase aos concellos a posta en marcha de maneira inmediata de recursos de atención á infancia e, así mesmo, mellorarase a calidade da atención recibida nos que xa veñen funcionando.

 

Esta iniciativa, que o Goberno galego articular por primeira vez dentro do novo impulso que está a dar ás políticas sociais dirixidas a apoiar ás familias e á infancia, enmárcase no programa operativo FEDER Galicia para o período 2014-2020  e o financiamento articulase a través dunha convocatoria pública de subvencións baixo o réxime de concorrencia competitiva. Os concellos beneficiarios non poderán ter recibido axudas financiadas con fondos Estruturais de Investimento Europeo (EIE) 2007-2013 para o mesmo concepto de gasto; e no suposto de recursos que dependan da dotación de equipamento para seren postos en marcha tampouco poderán ter recibido axudas financiadas con ditos fondos EIE para a construción da infraestrutura.

 

Actuacións suxeitas a subvención e contías

En concreto, ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas; obras novas de escasa contía que doten ao edificio de servizos necesarios; adquisición e mellora do equipamento do centro (incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo); e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

 

As axudas poderán financiar ata o 100% do investimento subvencionable e terán unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento. Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente solicitude. A actuación é complementaria das accións de investimento para mellora das escolas infantís da rede Galiña Azul.

 

Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)

Cómpre destacar que esta convocatoria enmárcase no Plan de Dinamización Demográfica para Galicia 2013-2016, Horizonte 2020, e forma parte do Programa de apoio á natalidade (PAN), un programa integral da administración autonómica que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecendo respostas globais ás súas necesidades.

 

A atención á infancia e o apoio ás familias é unha das liñas estratéxicas de actuación da Consellería de Política Social. Investir na atención á infancia aumenta a equidade dos resultados educativos e reduce os custes para a sociedade en perda de talento e en gasto público en benestar, sanidade e incluso xustiza. Así mesmo, contar con estes recursos de conciliación contribúe de maneira significativa a acadar obxectivos políticos fundamentais, en especial en canto a crecemento e emprego, integración social de grupos vulnerables e igualdade de xénero. O desenvolvemento dunha política de conciliación eficaz tamén constitúe unha resposta clave aos retos demográficos a longo prazo.

 

O orzamento consignado para as actuacións de conciliación por parte da Consellería de Política Social ascende a 67.124.923 euros, o que supón un incremento de case o 70% con respecto ao exercicio 2015. Grazas a esta aposta decidida do departamento autonómico Galicia xa é un referente de servizos de apoio á natalidade e á familia no contexto español.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: