O PORRIÑO LIDERA A BAIXADA DO PARO NA COMARCA DE VIGO CON 118 DESEMPREGADOS MENOS EN XULLO

inemO paro baixou o mes pasado en O Porriño en 118 persoas, o maior descenso no desemprego na Área de Vigo, logo da propia cidade. Na actualidade, dacordo cos datos difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, por primeira vez nos últimos anos o número de porriñesas e porriñeses anotados na oficina de emprego é inferior aos 2.000, posto que ao peche do mes pasado eran 1.901.

Dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 238 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.901 a finais de xullo deste ano, o que representa pasar do 24,3% ao 21,5%, preto de tres puntos menos, e voltar a porcentaxes de paro do ano 2008.

A alcaldesa, Eva García de la Torre acolle esta mellora no comportamento do emprego con prudencia, e logo de valorar positivamente os efectos das iniciativas que se están a impulsar dende o Concello en materia laboral, subliña que a súa intención é seguir adiante coas mesmas para axudar a que o número e veciñas e veciños que están sen traballo siga baixando.

García de la Torre volve a sinalar como a base central da súa xestión a loita contra o paro e, dende este obxectivo, reitera a aposta firme e decidida pola formación, como está a facer a Concellería de Emprego, e pola colaboración coas empresas radicadas no Porriño de cara a adecuar a devandita actividade formativa ás súas necesidades, tal e como transmitiu a propia alcaldesa aos seus directivos en numerosas xuntanzas mantidas nestes meses.

Eva García de la Torre adianta que o Goberno local sumará ás accións que están xa en marcha para impulsar a economía local e a inserción no mercado de traballo, dous novos Plans de Emprego: un de inserción laboral e outro específico para mulleres que, lembra, “representan o 33% de todos os veciños do Porriño que están no paro”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: