REY VARELA PRESENTA O PROGRAMA RURALIZARTE DE FOMENTO DO RURAL GALEGO A TRAVÉS DA CREATIVIDADE E DO TALENTO XUVENIL

  • Grazas a esta iniciativa, un total de 10 mozos e mozas participarán nunha serie de xornadas de convivencia creativas, nas que traballarán con artistas galegos para desenvolver as súas capacidades artísticas
  • As xornadas concluirán no escenario do Festival das artes escénicas de Riós o 14 de agosto, momento no que os mozos e mozas amosarán ao público o aprendido

DSC_0884

Ourense, 2 de agosto de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe en Ourense o programa “Ruralizarte”, unha serie de xornadas de convivencia creativas para mozos e mozas orientadas como master class. Están destinadas a un total de 10 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos e desenvolveranse entre os días 11 e 14 de agosto no Centro de interpretación da Castaña, no concello de Riós.

 

Ruralizarte busca fomentar a creatividade e talento xuvenil, potenciar o rural galego a través de vídeos e imaxes creados polos participantes nas xornadas, promover e desenvolver a intelixencia emocional e as capacidades artísticas e apoiar a adquisición de competencias e capacidades dos máis novos. Así mesmo, o programa contribuirá a afianzar o turismo no rural galego.

 

Durante a rolda de prensa, o conselleiro de Política Social afirmou que “as administracións temos que ser capaces de ofrecer solucións e ferramentas que permitan a apertura dos nosos mozos e mozas cara á novidade da creación, a invención ou o descubrimento”. “Establecer ferramentas como Ruralizarte para que poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural é un dos nosos obxectivos”, engadiu Rey Varela.

 

Os e as 10 participantes -elixidos no pasado mes polo actor e produtor Rubén Riós, e o cantautor e compositor, Emilio Rúa- terán a oportunidade de traballar con distintos artistas como os citados, así como Tania Fuegho e Miguel Guido. Con eles, os mozos e mozas  terán a oportunidade de promover e desenvolver a súa intelixencia emocional e capacidades artísticas en varias disciplinas das artes escénicas, creando conxuntamente unha canción e actuación relacionadas coas problemáticas actuais do rural.

 

As xornadas concluirán no escenario do IX Festival das artes escénicas Abelardo Gabriel de Riós o 14 de agosto, momento no que os mozos e mozas amosarán ao público o aprendido.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: