Xa dispoñibles as entradas para o espectáculo «Entre tenores»
Xa están á venda as entradas para o espectáculo musical «Entre Tenores», que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo (Avenida de Beiramar, 59) o vindeiro día 1 de outubro ás 20.30 h. Trátase dunha variada proposta que abarca todo tipo de xéneros: ópera, zarzuela, música latina, pop, boleros ou folclore. As localidades pódense adquirir a través da web de ataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500.
A alcaldesa despide a estudantes de ESO becados polo Concello que viaxan a Alemaña
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, despediron este venres ás rapazas e rapaces que inician este mes mo sábado unha viaxe a Alemaña, dentro dun intercambio para reforzar o seu nivel de inglés.
A iniciativa, impulsada pola Alcaldía, foi proposta a todos os institutos do Porriño para que alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) que o desexasen, e que cumprisen cos requisitos desta convocatoria, puidesen aproveitar esta oportunidade que, por primeira vez, pon en marcha o Concello do Porriño que se fai cargo de todos os custo da viaxe.
Finalmente, son once estudantes de entre 15 e 16 nos os que entre o día 6 e o 21 de agosto viaxen á localidade de Oberhausen -unha cidade de preto de 300.000 habitantes, situada en Renania do Norte-Wesfalia, na rexión do Ruhr- acompañados de dous profesores, para convivir eses quince días con familias alemáns integradas por rapazas e rapaces da súa mesma idade e un mesmo nivel académico.
Eva García de la Torre adiantou que esta iniciativa seguirá nos vindeiros anos e subliñou que a mesma ten coma finalidade “equiparar en oportunidades” aos máis novos de xeito que a súa capacidade de formación non se vexa limitada pola renda ou o nivel económico das súas familias.
A alcaldesa animou ás alumnas e alumnos a aproveitar esta oportunidade de xeito que “non sexa só un intercambio educativo, senón cultural porque, xa veredes co tempo que a cultura é o que queda cando se esquece o que un aprendeu”.
García de la Torre, engadiu, en ton distendido, que sabía que “ides escaquearvos algunha vez” e logo de garantir ás nais e país que as súas fillas e fillos estarían ben coidados, asegurou que viaxes e experiencias coma esta “formaría parte da vosa equipaxe vital, esa que vos fará adultos máis sensíbeis, responsábeis e mellores cidadás”
Julieta Venegas, Xoel López, Michael Nyman o Leiva, en el Ciclo Latitudes
Latitudes: un gran ciclo musical por el «Ano da Misericordia»
Julieta Venegas + Guadi Galego, Xoel López + Anne Etchegoyen, Michael Nyman y Leiva, en el Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Julieta Venegas + Guadi Galego
20 agosto
Palacio de Congresos
14€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla / 11,20 + gastos solo hasta el lunes 8 de agosto en Clicentradas.es
Julieta Venegas es una de las compositoras y artistas multiinstrumentista mexicanas con mayor reconocimiento a nivel internacional. Su música destaca dentro de la escena del pop-rock latino gracias a sus dotes musicales: toca desde el piano al acordeón pasando por la guitarra o los sintetizadores.
Ha vendido alrededor de 10 millones de discos en todo el mundo, y recibido entre otros un Premio Grammy y cinco Premios Grammy Latino.
Paseará por nuestro país Algo sucede, su séptimo álbum de estudio, en una gira que dará comienzo en el mes de agosto haciendo una parada en la ciudad Xacobea. Un disco centrado en la recuperación de la música popular, un espacio instrumental en el que ella se siente realmente cómoda y en el que su música brilla aún más.
Guadi Galego inicia su andadura musical en el 97 con Berrogüetto, banda a la que acompañó como cantante y gaiteira durante 10 años.
Su primer proyecto en solitario: Benzón, llega en 2009. Le siguen aCadaCanto (2012) y Lúas de outubro e agosto(2014). En 2015 fue galardonada con el «Premio da crítica de Galicia» y el «Premio Bos e Xenerosos» de la Fundación Eduardo Pondal, y nominada a los «Premios de la Música Independiente».
Xoel López + Anne Etchegoyen
10 septiembre
Palacio de Congresos
17€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla / 13,60 + gastos solo hasta el lunes 8 de agosto en Clicentradas.es
Xoel López llegará con su gira Paramales a una cita muy especial en la que el artista coruñés llenará el Palacio de Congresos de Santiago de Compostela de de aires contemporáneos y urbanitas con un cierto aroma a mar, aAtlántico.
Por un lado, un segundo álbum álbum en solitario que es todo un revisionismo músico-personal en el que Xoel se atreve a rescatar desde su etapa mod al gusto por el Northern Soul y Small Faces, adentrándose en ritmos afrogalaicos, pasando por las habituales guitarras españolas, atrevidos juegos de stereos y riffs a los que nos tenía acostumbrados años atrás. Y por otro, un directo que es toda una experiencia para todos los públicos: la puesta en escena, el acompañamiento, esa complicidad, improvisación… Ritmos que suenan como deben sonar los latidos.
Abrirá la velada Anne Etechegoyen, todo un fenómeno musical en Francia que presentará su último trabajo:Lees Voix Basques, un cóctel de voz dulce y poderosa grabado junto al coro de hombres Aizkoa (Baiona).
Una joven nacida en Saint-Palais (Baja Navarra) pero con raíces en Errazu (Baztan) y cuyo último álbum mezclacanciones de folclore vasco con obras suyas en castellano, euskera y francés. Un trabajo que además fue Disco de Oro en el país vecino.
Michael Nyman
04 noviembre
Palacio de Congresos
19,5€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla / 15,60 + gastos solo hasta el lunes 8 de agosto en Clicentradas.es
Es uno de los compositores y pianistas más innovadores y célebres del Reino Unido. Su incansable creatividad le llevó a crear óperas, componer bandas sonoras (su popularidad se disparó tras la galardonada El Piano (1993), película de Jane Campion), piezas para cuartetos de cuerda y conciertos orquestales.
Nyman siempre se ha caracterizado por ser un artistas abierto y colaborativo, con un marcado sentido del humor y una enorme imaginación literaria, lo cual le ha permitido conectar con una gran audiencia en todo el mundo. Un artista polifacético con una obra que va mucho más allá de la música.
Leiva
10 noviembre
Palacio de Congresos
27€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla / 21,60 + gastos solo hasta el lunes 8 de agosto en Clicentradas.es
Leiva es también conocido como la mitad de Pereza, grupo que se convirtió en una de las bandas de pop-rock más populares en España durante la primera década del siglo XXI. Ya en solitario lanza su primer disco:Diciembre, que tuvo una extraordinaria acogida llegando a estar nominado a los Grammy Latinos.
Su segundo álbum en solitario (Pólvora) se lanzó en 2014 manteniéndose en el top ten de discos vendidos varias semanas. En su concierto de noviembre presentará su tercer disco: Monstruos, que verá la luz el 26 de agosto.
Preventa exclusiva en Clicentradas.es con un 20% de descuento solo hasta el lunes 8 de agosto.
REY VARELA VISITA AS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE DÍA DA ASOCIACIÓN DE FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHÉIMER DE A CORUÑA
- O conselleiro de Política Social destacou o traballo desta entidade a prol da mellora da calidade de vida deste colectivo
A Coruña, 5 de agosto de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as instalacións do centro de día da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de A Coruña (AFACO), onde mantivo unha reunión de traballo con membros da entidade e cos profesionais coa finalidade de coñecer de primeira man os programas de atención que se levan a cabo nestas dependencias con capacidade para prestar servizo a 40 persoas.
O conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo AFACO, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”. Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social ten como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”.
Ao respecto, Rey Varela sinalou que unha das prioridades da administración autonómica para este ano é continuar incrementando o número de persoas beneficiarias dos servizos de atención á dependencia, para o que se continuará co reforzamento de todos eles mediante novas prazas residenciais e de atención diúrna, o aumento do número de horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a concesión de novas prestacións de coidados na contorna familiar.
Nesta liña, o titular de Política Social indicou que “o alzhéimer é unha doenza que está crecendo por mor do aumento da esperanza de vida da poboación e, polo tanto, temos que implementar máis mecanismos e unha maior cobertura na atención a este colectivo”. Así mesmo, Rey Varela lembrou as liñas de colaboración que a Consellería ten abertas coa Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (FAGAL), da que forma parte a entidade coruñesa, e tendeu a man a seguir colaborando coas entidades do sector para o despregamento de novas unidades de atención nas catro provincias galegas.
Máis dunha década de servizo
AFACO naceu no ano 1995 e na actualidade conta con tres equipamentos de referencia na Coruña: o centro terapéutico de San Diego, o centro terapéutico Salvador de Madariaga e o centro de día do barrio das Flores; cada un deles con capacidade para prestar atención a 40 persoas.
Entre os seus programas destacan: servizo de acollida e primeira atención, obradoiros de estimulación psíquico-congnitiva, servizos de orientación xurídico-legal e psicolóxica con familiares, terapias familiares en grupo, programas de estimulación a domicilio, fisioterapia, formación especializada e transporte adaptado.
A XUNTA E O CONCELLO DE BAIONA ABORDAN MELLORAS NA TRAVESÍA DESTA LOCALIDADE E NA GLORIETA DE SABARÍS E A EXECUCIÓN DE SENDAS SEGURAS E SOSTIBLES NA ESTRADA PO-552, CUN INVESTIMENTO DE CASE 800.000 EURO
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tratou hoxe co alcalde, Ángel Rodal, obras proxectadas polo Goberno galego para optimizar a mobilidade neste municipio
- Vázquez Mourelle destaca que se reparará o firme na travesía desta vila e executará unha nova glorieta para facilitar o acceso á lonxa e ao Porto Deportivo, traballos que contarán coa achega de preto de medio millón de euros
- Concreta que neste mes de agosto licitaranse as obras co obxectivo de iniciar os traballos o antes posible nesta travesía
- O Goberno galego tamén executará melloras de accesibilidade na glorieta de Sabarís, modificando unha das actuais saídas para permitir a incorporación directa á estrada autonómica, á PO-552, dirección Vigo
- Estas obras na rotonda, que comezarán nas próximas semanas, reforzarán a seguridade e favorecerán a accesibilidade ao cámping existente nesa zona, moi concorrido nesta época estival
- A conselleira subliña que tamén se executarán dúas sendas na estrada PO-552: unha no paseo marítimo, deseñando un espazo exclusivo para ciclistas ata o Porto Deportivo; e outra na zona de Santa Marta
- Estes itinerarios están enmarcados no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Vigo, que contempla un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras
Baiona (Pontevedra), 5 de agosto de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Baiona, Ángel Rodal, para abordar catro actuacións de mellora de seguridade viaria que contarán cun investimento da Xunta de case 800.000 euros.
Vázquez Mourelle explica que o Goberno galego optimizará a travesía de Baiona, mellorará a glorieta de Sabarís e executará dúas sendas que favorecerán os desprazamentos habituais dos veciños e dos turistas que se achegan cada ano a esta vila mariñeira.
En primeiro lugar, a titular de Infraestruturas e o rexedor trataron as accións de mellora que levará a cabo o Executivo autonómico na travesía de Baiona, na PO-552, mediante un investimento de preto de medio millón de euros.
As obras contemplan a reparación do firme ao longo de 3 km e a execución dunha nova glorieta para mellorar o acceso á lonxa e ao Porto Deportivo, dando tamén cumprimento á petición do Concello.
A conselleira indicou que o proxecto xa está aprobado, para o que se coordinaron traballos con Portos de Galicia para garantir a compatibilidade coa actividade portuaria. Concretou que neste mes de agosto licitaranse as obras co obxectivo de iniciar os traballos o antes posible.
Melloras na glorieta de Sabarís
O Goberno galego tamén executará obras de mellora da accesibilidade na glorieta de Sabarís, modificando unha das actuais saídas, a existente desde a Avenida José Pereira Troncoso, para permitir a incorporación directa á estrada autonómica, á PO-552, dirección Vigo.
Ethel Vázquez salientou a importancia desta actuación, xa que reforzará a seguridade e favorecerá a accesibilidade ao cámping existente nesa zona, moi concorrido nesta época estival. Destacou que se comezarán as obras nas próximas semanas , co obxectivo de que estean rematadas a finais de outubro.
Sendas seguras e sostibles na PO-552
A conselleira tamén lle mostrou hoxe ao alcalde o deseño das dúas novas sendas programadas pola Xunta neste municipio, cuxo investimento total ascende a 281.000 euros.
Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras.
Nunha primeira fase do Plan de Sendas de Galicia acometeranse 55 novas sendas e un total 75 km, que suporán un investimento de 26,3 millóns de euros. Avanzarase nesta medida ata ter completados os 170 novos quilómetros de sendas proxectadas en toda a comunidade
No que se refire a Baiona, por un lado, no paseo marítimo, deseñouse un espazo exclusivo para ciclistas ata o Porto Deportivo, unha senda cun orzamento de 184.000 euros. Trátase de aproveitar o paseo xa existente, parte da beiravía e a plataforma adoquinada que se atopa a un nivel superior, para construír un novo itinerario, pola marxe dereita da estrada, que permita dividir o tráfico peonil e ciclista: habilitarase unha senda ciclista de 1,8 metros e o paseo peonil quedará cun ancho de 4 metros.
A outra senda, a de Santa Marta, actuarase nun treito de 250 metros, co pavimentado da infraestrutura e a conexión con outros itinerarios existentes, nunha actuación coordinada coa renovación do paseo marítimo cuxo proxecto está a redactar Costas do Estado. A Xunta destinará máis de 97.000 euros a estes traballos.
O VINDEIRO 16 DE AGOSTO ABRIRASE O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR NA XUVENTUDE GALICIA NET, A PARTY INFORMÁTICA IMPULSADA POLA XUNTA QUE EN 2015 REUNIU A 800 INSCRITOS
O encontro terá lugar do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA
- O prazo de inscricións pecharase o 5 de setembro. O prezo da entrada será de 20 euros e poderanse comprar na web http://entradas.abanca.com/es/ ou ben a través da páxina da XGN: http://xuventudegalicia.net/
Santiago, 5 de agosto de 2016.- A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, impulsa un ano más a party informática Xuventude Galicia Net (XGN) que terá lugar do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA. O prazo de inscricións para participar na intranet da XGN abrirase o vindeiro 16 de agosto ás 9 da mañá e pecharase o 5 de setembro ás 12 de mediodía. O prezo da entrada será de 20 euros e poderanse comprar na web http://entradas.abanca.com/es/ ou ben a través da páxina da XGN: http://xuventudegalicia.net/.
A décimo sexta edición da XGN contará cunha área intranet para aquelas persoas inscritas que terán durante tres días un posto con conexión de altas prestacións para o seu equipo informático e poderán acampar dentro do pavillón así como participar en numerosas actividades e torneos. Por outra banda, a extranet contará cun completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que accedan ao recinto. A party informática volverá a contar cun pequeno espazo expositivo complementario no que se amosarán tanto produtos relacionados coa informática e o ocio electrónico como pezas de artesanía.
O evento abrirase de forma non oficial o 8 de setembro ás 12 do mediodía co obxectivo de facilitar o acceso dos inscritos permitindo instalar os seus postos de ordenador e os seus útiles para durmir.
XGN 2015
O XGN 2015 que se celebrou entre o 18 e o 20 de setembro contou coa participación de 800 inscritos procedentes de Galicia, Asturias, País Vasco, Castela e León, Madrid, Valencia ou Andalucía. A intensa actividade quedou patente en aspectos como o rexistro nalgún momento de 920 IPs conectadas ao mesmo tempo. Cómpre destacar un completo programa con máis de 30 actividades distintas, das que 14 foron torneos exclusivos para os inscritos e as restantes estiveron abertas a todos os visitantes.