A XUNTA CONVOCA HOXE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DE VIVENDAS NO MEDIO RURAL, EN CONXUNTOS HISTÓRICOS E NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR IMPORTE DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
- O Goberno galego convoca subvencións para accións de conservación en edificios residenciais, que os propietarios poderán solicitar ao longo dun prazo de un mes
- O Executivo autonómico tamén publica no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago
- O importe das subvencións será 700.000€ para actuación no ámbito rural e 800.000€ para o ámbito histórico
- Estas axudas súmanse aos 12,7 millóns de euros destinados ás Áreas de Rehabilitación Integral e á Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago
- Esta trátase da segunda convocatoria de ditas axudas no presente ano, posto que xa se realizou outra convocatoria no pasado mes de abril (DOG do 27 de abril de 2016)
Santiago, 8 de agosto de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución de subvencións en materia de rehabilitación e reconstrución de inmobles nos Camiños de Santiago e de edificios e vivendas no ámbito rural 1,5 millóns de euros.
A Xunta publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación e reconstrución para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago así como de edificios e vivendas no ámbito rural. A Resolución publicada abre o prazo para a solicitude das axudas, que se poderán presentar ata o 9 de setembro de 2016. No seguinte enlace pódese consultar información sobre esta orde: http://goo.gl/wQpe6M
O importe total desta convocatoria é de 1,5 millóns de euros dos cales 700.000 serán destinados a actuacións no ámbito rural e 800.000€ destinados a actuacións emprazadas nos Camiños de Santiago. Estas axudas poden acadar o 50% do orzamento total da resolución, non podendo superar o límite máximo de 6.600€ para actuación de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e 8.600€ para as actuacións de reconstrución.
As solicitudes realizaranse mediante a presentación do modelo adxunto na resolución do DOG e farase preferiblemente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A documentación complementaria poderase presentar tamén en papel utilizando para isto o formulario dispoñible na web.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións indicadas. Tamén poderán beneficiarse aquelas persoas que estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non solicitasen a subvención nos catro anos inmediatamente anteriores á data en que presenten a súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que presentasen a solicitude na convocatoria de abril de 2016, salvo que desistisen da mesma.
As vivendas que se beneficien destas axudas estarán sendo destinadas a residencia habitual e permanente dos beneficiarios. No caso de ser vivendas destinadas ao alugueiro, deberán ter vixente o contrato de alugamento.
Esta trátase da segunda convocatoria de ditas axudas no presente ano, posto que xa se realizou outra convocatoria no pasado mes de abril (DOG do 27 de abril de 2016). Os fondos destinados a esta segunda convocatoria proceden do superávit de responsabilidade.
Outras axudas
Estas axudas súmanse aos 3,2 millóns de euros tamén destinados este ano á rehabilitación de vivendas na ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos das catro provincias galegas. Asemade, os convenios asinados en outubro de 2015 para o financiamento das Áreas de Rehabilitación Integral incluían axudas por importe de preto de 9,5 millóns de euros, que serán executadas ao longo de 2016. Cabe salientar que a meirande parte das ARI galegas corresponden con conxuntos históricos de vilas e cidades.
LÓPEZ-CHAVES REITERA QUE O RETRASO NA CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DO ÁLVARO CUNQUEIRO FOI CAUSADO POLO CONCELLO
O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, explicou esta mañá que o Concello de Vigo “presentou a documentación cun retraso de sete meses”
- Insistiu en que este retraso manifesta “unha falta de vontade ou dilixencia por parte do Concello de Vigo”
- López-Chaves informou de que unha vez que remate o prazo de alegacións, esta fase do proceso podería rematar en setembro
- O delegado territorial da Xunta tamén falou das novas sobre o convenio do autobús a Peinador co Concello de Vigo.
A XUNTA INICIA HOXE AS OBRAS DE REPARACIÓN DO COLECTOR DE DRENAXE E BEIRARRÚAS E ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NA ESTRADA QUE UNE PORRIÑO-GONDOMAR (PO-331)
Mellorarase a accesibilidade dos peóns, executando ramplas nos cruces que non as teñan ou substituíndo as actuais pezas que conforman as existentes, por outras de textura e cor diferenciada
- Para estas actuacións, que levará a cabo a empresa Neixa Infraestruturas S.L.U., o Goberno galego investirá máis de 46.300 euros e terán un prazo de execución de tres meses
Santiago, 8 de agosto de 2016.- A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe as obras de reparación do colector de drenaxe, beirarrúas e eliminación de barreiras arquitectónicas na estrada que une as localidades Porriño-Gondomar (PO-331), concretamente, entre os puntos quilométricos 0+800 ao 1+900.
Para estas actuacións, que levará a cabo a empresa Neixa Infraestruturas S.L.U., o Goberno galego investirá máis de 46.300 euros e terán un prazo de execución de tres meses.
A obra consistirá na reparación do colector de drenaxe existente, xa que hai zonas con fisuras puntuais, polo que se procederá ao seu selado, ademais, nos treitos nos que está deformado levarase a cabo a súa substitución. Neste último caso, reporase a beirarrúa unha vez colocado o novo colector. Por outra banda, nos treitos nos que non sexa preciso reparar o colector, cambiaranse as losetas que están soltas ou rotas.
Así mesmo, mellorarase a percepción dos rebaixes existentes nos pasos peonís, substituíndo as actuais pezas que conforman as rampas, por outras de textura e cor diferenciado; e executaranse rampas en cruces que non as teñan, mellorando por tanto a accesibilidade, obxectivo destacado desta actuación.
XUNTA IMPULSA COA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL UN PROGRAMA DE APOIO SOCIO-EDUCATIVO COMUNITARIO E ATENCIÓN NO FOGAR
-
O conselleiro de Poltica Social, Jos Manuel Rey Varela, asinar un convenio de colaboracin coa Federacin de Asociacins de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES).
O acordo ascende a un importe total de 60.000 euros e ten como finalidade contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias, así como fortalecer a autonomía e independencia destas persoas para a súa inclusión social activa e produtiva
Santiago, 8 de agosto de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES), Xosé Ramón Girón García, asinaron hoxe en San Caetano un convenio para o desenvolvemento dun programa piloto de apoio socio-educativo comunitario e atención no fogar. O montante económico deste acordo de colaboración ascende a un total de 60.000 euros.
Así, a través deste protocolo de colaboración a Xunta de Galicia contribuirá ao financiamento de actividades de no eido da información, orientación e atención sociofamiliar; ademais de reforzar as intervencións en domicilios e os acompañamentos sociocomunitarios. Rey Varela explicou que o obxectivo deste convenio é contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, así como fortalecer a autonomía e independencia persoal destas persoas para a súa inclusión social activa e produtiva.
Ademais, o titular da carteira autonómica de Política Social enmarcou este acordo con FEAFES na necesidade de seguir desenvolvendo un espazo de intervención efectivo para este colectivo, capaz de dar unha atención integral centrada na persoa e que dea prioridade ás actuacións preventivas e de rehabilitación. Neste sentido, o conselleiro apuntou que se estima que en Galicia entre o 2,5 e o 3% da poboación adulta parece un trastorno mental grave, sendo a segunda causa de discapacidade despois das físicas.
Rey Varela encomiou o traballo que leva a cabo dende hai anos as entidades centradas na atención a persoas con algún tipo de discapacidade mental, e reiterou o apoio da administración autonómica a este colectivo mediante o reforzo dos servizos orientados á normalización e integración social deste colectivo. “É vontade do Goberno galego de apoiar ás persoas con discapacidade e ás súas familias en todos os pasos que dean cara a conseguir unha maior calidade de vida”, concluíu.
SAÚDOS,
COMUNICACIÓN
El PPdeG envía el «RECADO» a PLADESEMAPESGA exigiendo el borrado de toda la información relacionada con la web del www.ppdegalicia.com
Parodia política de Feijóo ; ‘El PPdeG’ cierra su web oficial de Galicia http://www.ppdegalicia.com tras la denuncias de PLADESEMAPESGA. Una gran polémica sin respuestas que deberían solicitar desde la oposición…La página web del http://www.ppdegalicia.com no quieren que compruebes las denuncias de Pladesempesga de presuntas irregularidades y tras cerrarla este día 4 de Agosto de 2016 la redirigen ahttp://www.feijoo.gal
Tras capturar las pantallas de http://www.intro.ppdegalicia.com PP de Galicia , http://www.actualidade.ppdegalicia.com Actualidade ,www.info.ppdegalicia.com y http://www.planet.ppdegalicia.com para su comprobación PLADESEMAPESGA lo acahaca a las multiples presuntas irregularidades que ya son de conocimiento público. Pladesemapesga una semana antes recibió el «RECADO» del Partido Popular exigiendo el borrado de toda la información relacionada con la web del http://www.ppdegalicia.com algo a lo que se hizo caso omiso. La citada web aparece documentada bajo propiedad de IMARO CONTINGENCIAS INFORMÄTICAS, S.L compuesta por cuatro socios cuyos datos acreditados bajo peritación web, no dejan lugar a las dudas a pesar de «HACER EL BORRADO tipo ordenador de Bárcenas», por que si no….? , a los pocos días aparece borrada y redirigida a http://www.feijoo.gal Parodia política de Feijóo ; ‘El PPdeG’ cierra su web oficial de Galicia http://www.ppdegalicia.com tras la denuncias de PLADESEMAPESGA.