A XUNTA INICIA HOXE AS OBRAS DE REPARACIÓN DO COLECTOR DE DRENAXE E BEIRARRÚAS E ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NA ESTRADA QUE UNE PORRIÑO-GONDOMAR (PO-331)

  • clip_image002Mellorarase a accesibilidade dos peóns, executando ramplas nos cruces que non as teñan ou substituíndo as actuais pezas que conforman as existentes, por outras de textura e cor diferenciada
  • Para estas actuacións, que levará a cabo a empresa Neixa Infraestruturas S.L.U., o Goberno galego investirá máis de 46.300 euros e terán un prazo de execución de tres meses

 

Santiago, 8 de agosto de 2016.- A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe as obras de reparación do colector de drenaxe, beirarrúas e eliminación de barreiras arquitectónicas na estrada que une as localidades Porriño-Gondomar (PO-331), concretamente, entre os puntos quilométricos 0+800 ao 1+900.

 

Para estas actuacións, que levará a cabo a empresa Neixa Infraestruturas S.L.U., o Goberno galego investirá máis de 46.300 euros e terán un prazo de execución de tres meses.

 

A obra consistirá na reparación do colector de drenaxe existente, xa que hai zonas con fisuras puntuais, polo que se procederá ao seu selado, ademais, nos treitos nos que está deformado levarase a cabo a súa substitución. Neste último caso, reporase a beirarrúa unha vez colocado o novo colector. Por outra banda,  nos treitos nos que non sexa preciso reparar o colector, cambiaranse as losetas que están soltas ou rotas.

 

Así mesmo, mellorarase a percepción dos rebaixes existentes nos pasos peonís, substituíndo as actuais pezas que conforman as rampas, por outras de textura e cor diferenciado; e executaranse rampas en cruces que non as teñan, mellorando por tanto a accesibilidade, obxectivo destacado desta actuación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: