A XUNTA DE GALICIA E VEGALSA-EROSKI DAN UN NOVO IMPULSO Á TARXETA BENVIDA CON DESCONTOS NAS COMPRAS EN ESTABLECEMENTOS DESTE GRUPO DE DISTRIBUCIÓN COMERCIAL

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asistir‡ ao acto de sinatura de adhesi—n da empresa Vegalsa-Eroski ao programa Tarxeta benvida e na que participar‡ o director xeral da firma, Joaqu’n Gonz‡lez.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asistir‡ ao acto de sinatura de adhesi—n da empresa Vegalsa-Eroski ao programa Tarxeta benvida e na que participar‡ o director xeral da firma, Joaqu’n Gonz‡lez.

    As familias beneficiarias da Tarxeta Benvida terán descontos do 3% nas compras que fagan en calquera dos 157 establecementos de Vegalsa-Eroski ten na comunidade autónoma

  • Esta firma é a primeira en adherirse á convocatoria aberta pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para que negocios tanto comerciais como de servizos se sumen a este programa e ofrezan vantaxes aos usuarios da Tarxeta Benvida

 

Santiago, 10 de agosto de 2016.- Os pais e nais usuarios da Tarxeta Benvida terán un 3% de desconto nas compras que fagan en calquera establecemento que teña o grupo Velgalsa-Eroski en Galicia trala adhesión deste ao desenvolvemento deste programa de apoio ás familias que impulsa a Xunta de Galicia. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o director xeral desta firma de distribución comercial, Joaquín González, asinaron esta mañá en San Caetano o acordo de colaboración que entrará en vigor a partir do día 12 do vindeiro mes de setembro.

 

Rey Varela sinalou que Vegalsa-Eroski é a primeira adhesión que rexistra a recente convocatoria aberta pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para que empresas, negocios, locais ou establecementos tanto comerciais como de servizos se sumen ao programa da Tarxeta Benvida e poñan a disposición dos titulares da mesma ofertas especiais, descontos ou bonificacións entre outras vantaxes. “O obxectivo é ofertarlle ás familias unha ampliación e mellora dos beneficios desta tarxeta ao presentala nos establecementos que se sumen a esta iniciativa”, explicou o titular da carteira autonómica de Política Social.

 

Ademais, o conselleiro amosouse convencido de que novas firmas e negocios secundarán esta convocatoria porque, tal e como apuntou, “o ámbito empresarial está sendo receptivo ao novo impulso ás políticas de natalidade, apoio ás familias e á conciliación que está a desenvolver o Goberno galego”. Ao respecto destas novas medidas, o responsable da área social da Xunta puxo como exemplo, ademais desta ampliación dos beneficios da Tarxeta Benvida, a nova orde para a posta en marcha de escolas infantís en contornas empresariais.

 

Apoio ás familias

A adhesión de Vegalsa-Eroski ao programa da Tarxeta Benvida permitirá aos usuarios da mesma obter un desconto do 3% en calquera dos 157 establecementos que este grupo ten na Comunidade, ben sexa Eroski-Center, hiper Eroski ou supermercados Familia. Esta vantaxe aplicarase durante o período de validez da devandita tarxeta e sen  ningún requisito a maiores, simplemente terán que amosala na caixa xunto co DNI ou ben indicar o pin de seguridade correspondente.

O conselleiro lembrou que dende finais do ano pasado a Xunta está a desenvolver o Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) para dar resposta ás necesidades das familias, garantir o seu benestar e apoialas de maneira integral e continua. Unha das medidas enmarcadas neste programa, e que está en vigor dende o pasado 1 de xaneiro, é a Tarxeta Benvida, unha axuda directa aos pais e nais de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do neno/a para a compra de produtos de alimentación, hixiene ou farmacéuticos. Ao respecto destas medidas dirixidas á familia e á infancia que está a impulsar o Goberno galego, Rey Varela resumiu que “o que se pretende é botar unha man aos pais e nais contribuíndo  a paliar os gastos que supón a chegada á familia dun novo membro”, concluíu.

 

Pola súa banda, o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, saudou as iniciativas que está a implementar a Xunta de Galicia para o fomento da natalidade e, á súa vez, apoiar ás familias e á infancia. Nesta liña, González subliñou que esta compañía “sempre apoiará proxectos que melloren a calidade de vida dos galegos, xa que ademais forma parte do noso programa de responsabilidade social empresarial”. Así mesmo, lembrou que Vegalsa-Eroski cumpre este ano o seu 60 aniversario de presenza en Galicia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: