CARMELA SILVA VISITA AS ZONAS AFECTADAS POLOS LUMES EN ARBO E AS NEVES

Carmela Silva As Neves 2 Carmela Silva As Neves incendios en As NevesA Presidenta da Deputación de Pontevedra recoñece o traballo dos alcaldes que están a pe dos lumes cos veciños e veciñas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou está maña as zonas afectadas polos lumes nas localidades de Arbo e As neves, onde se manteñen focos activos e aínda están cualificados de nivel 2.

Carmela Silva primeiro visitou a localidade de As Neves, na zona de San Cibrán, onde xunto co tenente de alcalde, Eduardo Mariño, interesouse pola situación dos veciños e veciñas da localidade.

Posteriormente tamén co alcalde de Arbo, Horacio Gil, estivo na parroquia de Sela, onde a situación é complicada pola proximidade do lume a núcleos de casas. O alcalde transmitiulle a Carmela Silva a súa preocupación porque a localidade leva varios días sendo pasto dos lumes.

A Presidenta da Deputación subliñou sentirse sen palabras para describir os seus sentimentos ao ver como o lume destrúe o monte e pon en perigo  as propiedades e as propias vidas dos veciños e veciñas que loitan contra os incendios cos seus propios medios. Recalcou que ante traxedias como a que a está a vivir a provincia de Pontevedra neste días “todas as administracións teñen que traballar xuntas e arreo para garantir a seguridade da vecindade e xa teremos tempo para analizar qué é o que acontece co monte en Galicia”.

Quixo tamén facer un reconocemento aos alcaldes e alcaldesas de toda  a provincia que están ao pe do lume traballando sen cesar xunto os seus veciños e veciñas e o lado dos servizos de extinción. Servizos para os que tamén tivo palabras de agradecemento, como para os operativos do Consorcio Provincial contra incendios, que se incorporaron ao operativo sen necesidade de requerilos.

Carmela Silva quixo con esta visita as localidades  de Arbo e As Neves seguir directamente as incidencias dos lumes ao igual que fixo onte coas súas visitas a Soutomaior, Caldas ou Vilagarcía.     

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: