REY VARELA REFORZA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA COA PROTECCIÓN DOS DEREITOS E OS INTERESES DOS MENORES NA VISITA AOS CENTROS DE AGACEME EN BURELA

  • A administración autonómica ten un total de 306 prazas concertadas en centros de toda Galicia das entidades que forman parte da Asociación Galega de Centros de Menores (AGACEME) e ás que destina este ano algo máis de 5,5 millóns de euros
  • No caso de Burela, Política Social mantén 26 prazas concertadas: 18 no centro de día e outras 8 residenciais

 

Burela (Lugo), 11 de agosto de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, e da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, desprazouse no día de hoxe ata Burela para coñecer “in situ” o centro de día e o de acollida, así como a Casa de Familia San Aníbal, que a Asociación Galega de Centros de Menores (AGACEME) ten neste municipio lucense. Esta visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a Comunidade Autónoma co obxectivo de coñecer de primeira man o funcionamento e as actividades que se desenvolven nestes equipamentos sociais, así como entrevistarse cos responsables e profesionais dos mesmos.

 

Así, Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer o traballo que se leva a cabo nestes centros que forman parte da rede de AGACEME, a cal engloba a unha quincena de entidades de toda Galicia que contan con centros ou programas de atención aos menores concertados coa administración autonómica. No conxunto da Comunidade, a Xunta ten un total de 306 prazas concertadas con esta asociación, ás que se destinan un montante económico total de 5,5 millóns de euros. No caso de Burela, Política Social mantén 18 prazas no centro de día San Anibal e outras 8 residenciais na Casa de Familia do mesmo nome.

 

Trala visita ao centro de día, o conselleiro sinalou que o Goberno galego “traballa para que os dereitos do menor estean sempre garantidos, previndo situacións de desamparo e, no caso de que estas se produzan, actuando da maneira máis rápida e eficaz posible”. Nesta liña, engadiu que a Xunta e AGACEME “compartimos o obxectivo de situar os intereses do menor por riba de calquera outros”.

 

O responsable da área social do Goberno galego sinalou que “por desgraza hai situacións en que a familias non están en condicións de ocuparse da protección, a educación e a autonomía do menor, ben sexa de maneira provisional ou definitiva; e é entón cando é fundamental o traballo que os profesionais realizan nos centros de atención para garantir os dereitos destes nenos, así como asegurar que terán as mesmas oportunidades que os demais”. Ao respecto, apuntou que “temos que ser capaces de ir mellorando as posibilidades das entidades que traballan coa administración autonómica neste ámbito, porque repercutirá no benestar dos menores e das súas familias”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: