UN GRUPO DE 14 MOZOS E MOZAS DOUTRAS REXIÓNS DE ESPAÑA, MÉXICO, FRANCIA E ITALIA PARTICIPAN EN A LARACHA NUN CAMPO DE TRABALLO DE TEMÁTICA MEDIOAMBIENTAL, ETNOGRÁFICA E PATRIMONIAL

  • Os membros deste campo internacional levan a cabo na conca dos ríos Badroso e Acheiro labores de limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Así mesmo, coñecen o funcionamento e as partes dun muíño, así como as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria
  • Este ano a mocidade galega dispón de 575 prazas para participar nos campos de traballo. Destas, 120 son para campos noutras comunidades autónomas; 250 para campos en 34 países de Europa, África, Asia e América; e 205 para campos na nosa Comunidade
  • A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo internacionais por toda Galicia.
  • Estes datos fan da nosa Comunidade a rexión española con máis prazas para esta actividade que se enmarca dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

 

A Laracha (A Coruña), 11 de agosto de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos mozos e mozas que están inscritos no campo de traballo que se desenvolve no municipio coruñés de A Laracha, aos que lles agradeceu que tomen parte desta iniciativa de educación non formal que “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”, sinalou. Así mesmo, a directora xeral destacou que esta actividade “fomenta a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades Autónomas e países”.

 

O concello de A Laracha acolle dende o pasado  1 de agosto e ata o vindeiro día 15 do presente mes un campo de traballo de carácter medioambiental, etnográfico e medioambiental na conca dos ríos Badroso e Acheiro, no que participan un total de 14 rapaces e rapazas doutras rexións de España e de México, Francia e Italia. Durante esta experiencia están a levar a cabo tarefas de limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Ademais, dentro da parte etnográfica e patrimonial desta actividade, están a coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de río, así como as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria.

 

Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos campos de traballos. Destas prazas, 120 son para campos noutras Autonomías; 250 para campos en 34 países de Europa, Asía, África e América; e 205 para campos en Galicia.

 

A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade nos meses de verán que teñen lugar en Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Illa de Sálvora, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Pontón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, Illas Cies (catro quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Nestes  campos poden participar mozos e mozas galegos, descendentes da emigración, doutras rexións españolas e de países de todo o mundo.

 

Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Instituto de la Juventud (INJUVE) ás comunidades autónomas.

 

Reforzo da Campaña de Verán

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total son 9.046, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado.

 

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Cómpre destacar que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada, xa que grazas ao desenvolvemento destas actividades as empresas de ocio e tempo libre de Galicia dan ocupación a máis de 900 monitores e directores de campamentos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: