VOLUNTARIOS DUN CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL DA XUNTA DE GALICIA REALIZAN LABORES DE ESCAVACIÓN E LIMPEZA NO CASTRO DE SOCOCASTRO, SITUADO NO MUNICIPIO CORUÑÉS DE ROIS

  • Esta é a novena edición consecutiva en que se desenvolve este campo neste recinto castrexo, e no mesmo participa un grupo de 17 mozos e mozas de Galicia e doutras comunidades españolas; así como de Marrocos, Rusia e Francia
  • Cecilia Vázquez destaca que esta iniciativa de educación non formal, que se enmarcan na Campaña de Verán 2016 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”
  • Galicia é a Comunidade Autónoma con máis prazas en campos de traballo internacionais, organizando o ano pasado o 34% dos que se celebraron en toda España

Rois (A Coruña), 11 de agosto de 2016.- Un grupo de 17 rapaces e rapazas procedentes de distintos puntos de Galicia, doutras rexións de España, de Marrocos, de Rusia e de Francia rematan mañá venres a súa participación no campo de traballo internacional que dende o pasado día 1 de agosto se desenvolve no municipio coruñés de Rois. Estes voluntarios están a traballar no castro de Socastro, que se atopa na parroquia de San Pedro de Herbogo, onde realizan unha intervención que consiste fundamentalmente na escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá aos participantes neste campo, que este ano celebra a súa novena edición consecutiva, e agradeceulles que tomen parte desta iniciativa de educación non formal que “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”, sinalou. Así mesmo, Cecilia Vázquez destacou que esta actividade “fomenta a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades Autónomas e países”.

 

Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Instituto de la Juventud (INJUVE) ás comunidades autónomas. Así ,este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos campos de traballos. Destas prazas, 120 son para campos noutras Autonomías; 250 para campos en 34 países de Europa, Asía, África e América; e 205 para campos en Galicia.

 

Campos en concellos galegos

A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade nos meses de verán que teñen lugar en Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Illa de Sálvora, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Pontón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, Illas Cies (catro quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Nestes  campos poden participar mozos e mozas galegos, descendentes da emigración, doutras rexións españolas e de países de todo o mundo.

 

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total son 9.046, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado.

 

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Cómpre destacar que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada, xa que grazas ao desenvolvemento destas actividades as empresas de ocio e tempo libre de Galicia dan ocupación a máis de 900 monitores e directores de campamentos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: