A XUNTA RESTABLECE A NORMALIDADE DA PARADA DO AUTOBÚS METROPOLITANO DA LIÑA A GUARDA-VIGO-A GUARDA NO INSTITUTO MAÑUFE DA LOCALIDADE PONTEVEDRESA DE NIGRÁN

  • A regularidade das liñas que pasan pola parada no Instituto Mañufe das liñas 18 e 19 xa está a funcionar de maneira correcta
  • Esta corrección levouse a cabo tan pronto os técnicos da Dirección Xeral de Mobilidade comprobaron o erro de ubicación da mesma, situándoa no Concello de Nigrán

 

Santiago, 12 de agosto de 2016.- A consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, regularizou a parada do autobús metropolitano da liña A Guarda-Vigo-A Guarda no Instituto Mañufe da localidade pontevedresa de Nigrán, polo que hoxe mesmo xa está en funcionamento. Desde este momento, o Executivo autonómico inclúe a parada no Plan de Transporte Metropolitano.

 

Tras as solicitudes dos usuarios desta liña, relativas a dita parada, a Xunta comprobou que existía un erro na ubicación da mesma e que a parada pertence ao Concello de Nigrán, non a Gondomar, tal como foi considerada nun principio.

 

Así, os inspectores da dirección xeral de Mobilidade certificaron a localización física de dita parada e tendo en conta o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedeuse á corrección de oficio deste erro, que afectaba ás liñas 18 e 19.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: