REY VARELA DESTACA A CALIDADE DA PROGRAMACIÓN DE OCIO EDUCATIVO E TEMPO LIBRE PARA A MOCIDADE QUE DESENVOLVE Á XUNTA DE GALICIA AO ABEIRO DA CAMPAÑA DE VERÁN 2016

  • reyvarelasinas5O albergue xuvenil acolle nestes momentos a un grupo de 120 rapaces e rapazas de entre 13 e 15 anos, dos cales 50 proceden dun intercambio con Estremadura, e que están a realizar actividades no mar como vela, táboa, kaiak polo, snorkel, skimboard ou volei praia
  • A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado incrementou de novo e por quinto ano consecutivo as prazas da Campaña de Verán, na que neste 2016 tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas, o que supón un 6% máis que no ano anterior
  • O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha desta campaña, que permitirá a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre

 

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 12 de agosto de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou hoxe a calidade da programación de ocio educativo e tempo libre para a mocidade que desenvolve a Xunta de Galicia ao abeiro da Campaña de Verán 2016. Así o indicou esta mañá no transcurso dunha visita ás actividades que teñen lugar no albergue xuvenil das Sinas de Vilanova de Arousa, coincidindo ademais coa celebración do Día Internacional da Xuventude que este ano Nacións Unidas conmemora baixo a lenda: “O camiño a 2030: erradicar a pobreza e lograr un consumo e unha produción sostibles”.

 

Neste sentido, Rey Varela afirmou que o estudo sobre “Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia (2016)”, realizado polo grupo de investigación ESCULCA da Universidade de Santiago de Compostela, certifica que a satisfacción xeral dos mozos e mozas galegos cos programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é superior ao 80%, e máis dun 70% cren que a súa participación nestes programas terá unha incidencia positiva de cara ao emprego.

 

En canto á Campaña de Verán, o conselleiro dixo que “Galicia ofrece aos rapaces e rapazas e ás súas familias numerosos e variados recursos de conciliación estival no marco dunha programación de ocio activo e formativo de primeiro nivel”.  Así mesmo, subliñou a importancia destas actividades de verán porque “contribúen á difusión de valores como a participación, o compañeirismo, o traballo en equipo ou o respecto do medio ambiente”.  

 

Este é o quinto ano consecutivo en que o Goberno galego aumenta as prazas da Campaña de Verán, na que tomarán parte neste 2016 un total de 9.046 mozos e mozas, un 6% máis que a pasada tempada estival. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos e contan con temáticas moi diversas, como actividades náuticas; o coñecemento e a conservación do medio natural; a dramatización e a expresión cultural; os xogos tradicionais ou os deportes de multiaventura.

 

No caso do campamento das Sinas, un total de 120 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos están a participar nesta actividade, dos cales 50 proceden dun intercambio con Estremadura. Por este albergue pasarán entre xullo e agosto un total de 620 rapaces que durante a súa estadía realizarán actividades vinculadas ao mar e ao deporte na praia, como vela, táboa, piragua, kaiak polo, snorkel, skimboard ou volei praia. No total da provincia de Pontevedra, a Campaña de Verán conta 1.800 prazas, das que 1.350 son de campamentos; 290 da oferta concertada e 160 de campos de traballo (catro quendas en Cíes, Campo de emprendemento verde no rural en Cotobade e Campo de traballo Natureza e Patrimonio xunto ao mar en Vilanova de Arousa).

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inviste 2,6 millóns de euros na actual Campaña de Verán, que inclúe na súa programación campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior. En total, o departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha de todos estes programas, que supoñen a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: