VOLUNTARIOS DUN CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL DA XUNTA DE GALICIA REALIZAN LABORES DE ESCAVACIÓN E LIMPEZA NO CASTRO DE SOCOCASTRO, SITUADO NO MUNICIPIO CORUÑÉS DE ROIS
- Esta é a novena edición consecutiva en que se desenvolve este campo neste recinto castrexo, e no mesmo participa un grupo de 17 mozos e mozas de Galicia e doutras comunidades españolas; así como de Marrocos, Rusia e Francia
- Cecilia Vázquez destaca que esta iniciativa de educación non formal, que se enmarcan na Campaña de Verán 2016 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”
- Galicia é a Comunidade Autónoma con máis prazas en campos de traballo internacionais, organizando o ano pasado o 34% dos que se celebraron en toda España
Rois (A Coruña), 11 de agosto de 2016.- Un grupo de 17 rapaces e rapazas procedentes de distintos puntos de Galicia, doutras rexións de España, de Marrocos, de Rusia e de Francia rematan mañá venres a súa participación no campo de traballo internacional que dende o pasado día 1 de agosto se desenvolve no municipio coruñés de Rois. Estes voluntarios están a traballar no castro de Socastro, que se atopa na parroquia de San Pedro de Herbogo, onde realizan unha intervención que consiste fundamentalmente na escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá aos participantes neste campo, que este ano celebra a súa novena edición consecutiva, e agradeceulles que tomen parte desta iniciativa de educación non formal que “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”, sinalou. Así mesmo, Cecilia Vázquez destacou que esta actividade “fomenta a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades Autónomas e países”.
Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Instituto de la Juventud (INJUVE) ás comunidades autónomas. Así ,este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos campos de traballos. Destas prazas, 120 son para campos noutras Autonomías; 250 para campos en 34 países de Europa, Asía, África e América; e 205 para campos en Galicia.
Campos en concellos galegos
A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade nos meses de verán que teñen lugar en Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Illa de Sálvora, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Pontón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, Illas Cies (catro quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Nestes campos poden participar mozos e mozas galegos, descendentes da emigración, doutras rexións españolas e de países de todo o mundo.
Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total son 9.046, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado.
Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Cómpre destacar que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada, xa que grazas ao desenvolvemento destas actividades as empresas de ocio e tempo libre de Galicia dan ocupación a máis de 900 monitores e directores de campamentos.
Visitas guiadas e un obradoiro de gravado mañá en Afundación para celebrar a Noite Branca
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) súmase á celebración da III edición da Noite Branca que terá lugar mañá, 12 de agosto na cidade de Vigo. Este programa, promovido pola Concellería de Cultura, pretende salientar o patrimonio e cultura dos centros da Rede Museística do Concello de Vigo de forma diferente e gratuita. A Sede de Afundación (Policarpo Sanz 24-26) abrirá as súas portas ata as 02.00 h da madrugada. A xornada dará comezo ás 22.00 h coa posibilidade de efectuar unha visita guiada pola colección e completarase cun obradoiro de gravado ás 23.00 h que será impartido por un especialista en Belas Artes. O obxectivo desta iniciativa é o de realizar unha viaxe polo mundo da arte nesta noite tan especial para a cidade.
O SÁBADO 13 DE AGOSTO, INAUGURACIÓN DA MOSTRA COLECTIVA ALIS EN DETRÁS DO MARCO
Vigo, 11 de agosto de 2016. O sábado 13 de agosto celebraremos o acto de inauguración da exposición colectiva ALIS, que permanecerá en Detrás do Marco ata o 1 de setembro. ALIS nace como un exercicio plástico que centra a súa atención na diversidade de experiencias individuais sobre un obxecto común e as súas consecuencias.
Xuntanza Vulcano conselleiro Industria.
Segundo explican dende as dúas centrais sindicais, a decisión de solicitar unha reunión co responsábel autonómico foi adoptada ante a gravidade da situación que vive Vulcano como consecuencia da falta de carga de traballo e que obrigou a encadear máis dunha ducia de ERE. De feito, o último presentado pola compañía viguesa remate este mesmo mes.
Ademais, a falta de encargos reduciu drasticamente o número de traballadores/as na empresa, polo que o cadro de persoal está formado nestes momentos por pouco máis de 80 persoas.
Esta situación levou ao comité de empresa (CIG, CCOO e UGT) a iniciar unha serie de xestións encamiñadas a garantir a supervivencia futura do estaleiro. Así, unha representación do cadro de persoal acudiu recentemente ao Parlamento galego para reclamarlle aos distintos grupos políticos que promovan iniciativas en defensa da empresa.
O sindicalismo nacionalista rende homenaxe a Moncho Reboiras no seu 41º cabodano
A Fundación Moncho Reboiras vén de editar con motivo do 41º aniversario do asasinato do militante nacionalista unha biografía na que se presenta a súa evolución vital, dende o seu nacemento en Imo (Dodro) en 1950 até o seu asasinato pola policía franquista en Ferrol o 12 de agosto de 1975.
O groso desta biografía correspóndese co seu compromiso político, como militante nacionalista, en favor das clases populares de Galiza. “Un compromiso que sería central na creación dun sindicalismo nacionalista galego, o que daría lugar ao Sindicato Obreiro Galego”, segundo subliñan.
Ademais, a Fundación Moncho Reboiras editou unha lámina na que se recupera unha fotografía de Xosé Ramón Reboiras Noia que achega unha faciana máis familiar e humana do histórico activista galego.
UN GRUPO DE 14 MOZOS E MOZAS DOUTRAS REXIÓNS DE ESPAÑA, MÉXICO, FRANCIA E ITALIA PARTICIPAN EN A LARACHA NUN CAMPO DE TRABALLO DE TEMÁTICA MEDIOAMBIENTAL, ETNOGRÁFICA E PATRIMONIAL
- Os membros deste campo internacional levan a cabo na conca dos ríos Badroso e Acheiro labores de limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Así mesmo, coñecen o funcionamento e as partes dun muíño, así como as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria
- Este ano a mocidade galega dispón de 575 prazas para participar nos campos de traballo. Destas, 120 son para campos noutras comunidades autónomas; 250 para campos en 34 países de Europa, África, Asia e América; e 205 para campos na nosa Comunidade
- A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo internacionais por toda Galicia.
- Estes datos fan da nosa Comunidade a rexión española con máis prazas para esta actividade que se enmarca dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
A Laracha (A Coruña), 11 de agosto de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos mozos e mozas que están inscritos no campo de traballo que se desenvolve no municipio coruñés de A Laracha, aos que lles agradeceu que tomen parte desta iniciativa de educación non formal que “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”, sinalou. Así mesmo, a directora xeral destacou que esta actividade “fomenta a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades Autónomas e países”.
O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata o vindeiro día 15 do presente mes un campo de traballo de carácter medioambiental, etnográfico e medioambiental na conca dos ríos Badroso e Acheiro, no que participan un total de 14 rapaces e rapazas doutras rexións de España e de México, Francia e Italia. Durante esta experiencia están a levar a cabo tarefas de limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Ademais, dentro da parte etnográfica e patrimonial desta actividade, están a coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de río, así como as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria.
Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos campos de traballos. Destas prazas, 120 son para campos noutras Autonomías; 250 para campos en 34 países de Europa, Asía, África e América; e 205 para campos en Galicia.
A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade nos meses de verán que teñen lugar en Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Illa de Sálvora, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Pontón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, Illas Cies (catro quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Nestes campos poden participar mozos e mozas galegos, descendentes da emigración, doutras rexións españolas e de países de todo o mundo.
Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Instituto de la Juventud (INJUVE) ás comunidades autónomas.
Reforzo da Campaña de Verán
Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total son 9.046, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado.
Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Cómpre destacar que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada, xa que grazas ao desenvolvemento destas actividades as empresas de ocio e tempo libre de Galicia dan ocupación a máis de 900 monitores e directores de campamentos.
elrow Music hace triplete en agosto
|
|
|
|
|
|
A XUNTA DE GALICIA E VEGALSA-EROSKI DAN UN NOVO IMPULSO Á TARXETA BENVIDA CON DESCONTOS NAS COMPRAS EN ESTABLECEMENTOS DESTE GRUPO DE DISTRIBUCIÓN COMERCIAL
-
O conselleiro de Poltica Social, Jos Manuel Rey Varela, asistir ao acto de sinatura de adhesin da empresa Vegalsa-Eroski ao programa Tarxeta benvida e na que participar o director xeral da firma, Joaqun Gonzlez.
As familias beneficiarias da Tarxeta Benvida terán descontos do 3% nas compras que fagan en calquera dos 157 establecementos de Vegalsa-Eroski ten na comunidade autónoma
- Esta firma é a primeira en adherirse á convocatoria aberta pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para que negocios tanto comerciais como de servizos se sumen a este programa e ofrezan vantaxes aos usuarios da Tarxeta Benvida
Santiago, 10 de agosto de 2016.- Os pais e nais usuarios da Tarxeta Benvida terán un 3% de desconto nas compras que fagan en calquera establecemento que teña o grupo Velgalsa-Eroski en Galicia trala adhesión deste ao desenvolvemento deste programa de apoio ás familias que impulsa a Xunta de Galicia. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o director xeral desta firma de distribución comercial, Joaquín González, asinaron esta mañá en San Caetano o acordo de colaboración que entrará en vigor a partir do día 12 do vindeiro mes de setembro.
Rey Varela sinalou que Vegalsa-Eroski é a primeira adhesión que rexistra a recente convocatoria aberta pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para que empresas, negocios, locais ou establecementos tanto comerciais como de servizos se sumen ao programa da Tarxeta Benvida e poñan a disposición dos titulares da mesma ofertas especiais, descontos ou bonificacións entre outras vantaxes. “O obxectivo é ofertarlle ás familias unha ampliación e mellora dos beneficios desta tarxeta ao presentala nos establecementos que se sumen a esta iniciativa”, explicou o titular da carteira autonómica de Política Social.
Ademais, o conselleiro amosouse convencido de que novas firmas e negocios secundarán esta convocatoria porque, tal e como apuntou, “o ámbito empresarial está sendo receptivo ao novo impulso ás políticas de natalidade, apoio ás familias e á conciliación que está a desenvolver o Goberno galego”. Ao respecto destas novas medidas, o responsable da área social da Xunta puxo como exemplo, ademais desta ampliación dos beneficios da Tarxeta Benvida, a nova orde para a posta en marcha de escolas infantís en contornas empresariais.
Apoio ás familias
A adhesión de Vegalsa-Eroski ao programa da Tarxeta Benvida permitirá aos usuarios da mesma obter un desconto do 3% en calquera dos 157 establecementos que este grupo ten na Comunidade, ben sexa Eroski-Center, hiper Eroski ou supermercados Familia. Esta vantaxe aplicarase durante o período de validez da devandita tarxeta e sen ningún requisito a maiores, simplemente terán que amosala na caixa xunto co DNI ou ben indicar o pin de seguridade correspondente.
O conselleiro lembrou que dende finais do ano pasado a Xunta está a desenvolver o Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) para dar resposta ás necesidades das familias, garantir o seu benestar e apoialas de maneira integral e continua. Unha das medidas enmarcadas neste programa, e que está en vigor dende o pasado 1 de xaneiro, é a Tarxeta Benvida, unha axuda directa aos pais e nais de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do neno/a para a compra de produtos de alimentación, hixiene ou farmacéuticos. Ao respecto destas medidas dirixidas á familia e á infancia que está a impulsar o Goberno galego, Rey Varela resumiu que “o que se pretende é botar unha man aos pais e nais contribuíndo a paliar os gastos que supón a chegada á familia dun novo membro”, concluíu.
Pola súa banda, o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, saudou as iniciativas que está a implementar a Xunta de Galicia para o fomento da natalidade e, á súa vez, apoiar ás familias e á infancia. Nesta liña, González subliñou que esta compañía “sempre apoiará proxectos que melloren a calidade de vida dos galegos, xa que ademais forma parte do noso programa de responsabilidade social empresarial”. Así mesmo, lembrou que Vegalsa-Eroski cumpre este ano o seu 60 aniversario de presenza en Galicia.
Naufragio pesquero Segundo Duran….PLADESEMAPESGA exige información inequívoca de los responsables públicos..
Pladesemapesga, denuncia la información sobre el siniestro de la página web de Sasemar, falta de calidad y equivoca. El patrón del pesquero una vez en la balsa llamo por el móvil al 061, que a su vez alertó al 112, despreciando todas las normativa y sistemas de Salvamento Marítimo (SOS), Pladesemapesga, exige una investigación sin demora y al mismo tiempo formar parte de la misma al objeto de evitar las acostumbradas manipulaciones por la CIAIM.
De igual forma muestra su disconformidad por la puesta en escena de forma recurrente del 112 en las emergencias marítimas.
El mal encaminamiento de la Alerta de Socorro del pesquero Segundo Duran, ha provocado una ralentización de alto riesgo para los 5 supervivientes.
Salvamento Fisterra, facilitó a Xornal Galicia, la información disponible sin especificar la hora de activación de la Radio Baliza y confirmando la ausencia del preceptivo Distress Call o Alerta de Socorro en Llamada Selectiva Digital procedente del Segundo Duran.
Por el contrario, el 112, se negó a confirmar lo publicado en un diario de tirada regional que citaba como fuente a la Agencia de Emergencias de la Xunta.
Pladesemapesga, denuncia la diversificación de las radiocomunicaciones en este naufragio y la utilización de bengalas como sistema de alerta.
El caos reinante en el abandono de buque dejo al albur de la Radio Baliza la localización del siniestro.
Se desconocen las franjas horarias de las radiocomunicaciones y la hora exacta de la activación de la Epirb ( Radio Baliza ).
Dada la recurrente minusvaloracion de los Subsistemas y Métodos del Sistema Mundial de Socorro por parte de la flota pesquera, el Grupo de Expertos No Gubernamentales del Sistema Mundial de Socorro, integrado en Pladesemapesga, cuestiona a los formadores del GMDSS y a los Centros de Formación.
El alto porcentaje de aptos en la obtención de los Certificados GMDSS, en nada coincide con la pericia de sus titulares.
De igual forma, la actuación de los Inspectores Radio Marítimos, queda también en muy mal lugar, dado el conocimiento público de su desacuerdo con las falsas alarmas provocadas por la Llamada Selectiva Digital, llegando a manifestar la necesidad de su precintado.
Las dudas están en el aire.
No hay hora exacta de la Alerta de Socorro.
Se desconoce si la bengala fue activada en el momento del abandono de buque o desde la balsa lo cual pudo suponer una ralentización del Salvamento.
No hay noticias respecto a la Radio Baliza, puesto que pudo ser activada manualmente o se autozafo con el hundimiento del pesquero.
Se desconoce la gestión de la Alerta de Socorro de la Radio Baliza por parte de Salvamento.
En definitiva, tal y como sucedió con el naufragio del Novo Jundiña y otros muy recientes, el caos y el salvese quien pueda, es la praxis utilizada por el sector pesquero.
Referencia Faro de Vigo;
Antón Salgado, miembro de la Plataforma en Defensa del Sector Marítimo, se mostró muy contrariado respecto a la sucesión de hechos que siguieron al naufragio del “Segundo Durán”.
Salgado manifiesta que “el encaminamiento de las radiocomunicaciones ha sido incorrecto y se ha retrasado el salvamento de estos náufragos”. Según el miembro de la plataforma “todos los barcos cuentan ahora con una metodología que permite avisar en tiempo real con la llamada selectiva digital o DSC, pero parece ser que han tenido que pedir socorro como los indios porque la primera noticia que hubo fue con una bengala”.
Según Salgado el salvamento no se realizó en base al protocolo actualizado por no haber utilizado las técnicas de urgencias apropiadas para estos casos. Del mismo modo, el representante de la plataforma aclara que “no puede ser raro que los barcos se hundan, igual que sucede que hay accidentes de coche en las carreteras. Lo que sí se tiene que mejorar es lo relativo a los protocolos de actuación porque se ha peleado mucho por su regulación y que todos los barcos cuenten con las mayores medidas de seguridad”.
El “Segundo Durán”, barco de cerco con puerto base en Cambados, yace hundido en las inmediaciones de la isla de Sálvora desde la madrugada de ayer martes
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/08/10/pone-duda-protocolo-salvamento/1513069.html
Los años 80 vuelven a Gondomar con el concierto de CRÓNICAS POP

Durante ocho días los 80’s volverán a la villa gondomareña. La cultura pop, la música, y el cine de esta década serán la temática de la semana del 8 al 14 de agosto.
Para que nadie se pierda la programación de esta semana, los días 5, 6 y 7 por la tarde, varios animadores vestidos siguiendo los cánones de moda de los 80’s recorrerán diferentes playas de Vigo y de la comarca del Val Miñor (Samil, Vao, Canido, Nigrán, Patos, Playa América y Baiona) repartiendo “flyers” con la programación de la semana dedicada a los 80’s. Todo el que quiera podrá sacarse una foto con los animadores para colgar en el facebook y teñir las redes del espíritu de los 80’s.
El programa incluye la proyección de las películas “Flashdance”, “Karate Kid”, “Grease” y “Regreso al futuro”, una fiesta con DJ, y los conciertos de Diana Tarín, Crónicas Pop y Broken Peach.