Archive | septiembre 2016

Lembranza: a XXIII Festa dos callos do Porriño, este domingo día 2 de outubro

callos-cartel calloslembrando que este domingo, día 2 de outubro, celébrase no Porriño a XXIII edición da Festa dos Callos que pon o remate ás Festas do Cristo, que empezaron na vila hai 25 días.

Anuncios

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA O PROXECTO SECTORIAL QUE DESBLOQUEA A AMPLIACIÓN DO POLÍGONO EMPRESARIAL DA PASAXE, EN GONDOMAR, E LLE DÁ SEGURIDADE XURÍDICA

 

  • O parque queda dividido en dous polígonos que se desenvolverán por separado e por sistemas diferentes
  • No polígono 1, no que xa existen empresas instaladas, aplicarase o sistema de cooperación, realizando o concello as obras con cargo aos propietarios do solo
  • No polígono 2 o sistema empresado será a expropiación

 

 

Santiago, 30 de setembro de 2016.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se fai pública a modificación do proxecto sectorial do parque empresarial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo, aprobada polo Consello da Xunta o pasado 15 de setembro de 2016. A aprobación deste proxecto sectorial supón desbloquear a ampliación deste centro empresarial e concederlle plena seguridade xurídica. goo.gl/HEqtWI

 

Xunto coa aprobación da modificación do proxecto sectorial publícanse as disposicións normativas do mesmo, nas que se definen e regulan os usos e condicións do solo incluído no parque empresarial.

 

A aprobación e entrada en vigor da modificación puntual do proxecto sectorial supón o fin dos trámites realizados pola Xunta,  despois de acadar o acordo cos empresarios asentados na zona, o Concello de Gondomar e a comunidade de montes, que permiten dar seguridade xurídica ás empresas actualmente instaladas na Pasaxe.

 

A modificación do proxecto sectorial tamén garante a creación de novas empresas e uns 1.000 postos de traballo novos, segundo a asociación de empresarios. No parque da Pasaxe existen actualmente preto de 100 empresas, con máis de 3.000 postos de traballo, que se atopaban en situación de alegalidade ao no contar o polígono coas condicións que esixe a normativa vixente.

 

Dous polígonos

A modificación divide o proxecto sectorial da Pasaxe en dous polígonos que corresponden á zona de empresas xa consolidada e na que se atopan instaladas as empresas existentes na Pasaxe (Polígono 1) e e á zona pendente de urbanizar (Polígono 2).

 

O Polígono I da Pasaxe, cuxo ámbito se corresponden coa zona xa consolidada, desenvolverase mediante o sistema de xestión urbanística de Cooperación. As actuacións a realizar (regularización da ordenación, obras de reurbanización, cesión dos terreos destinados a viais, zonas verdes e equipamento, etc.) serán acometidas polo concello de Gondomar con cargo aos propietarios do solo.

 

Na modificación do proxecto sectorial aprobada hoxe establecese que o segundo polígono, onde é  preciso executar a urbanización correspondente, será xestionado mediante o Sistema de Expropiación. A división en polígonos permite desenvolver cada un deles de forma independente e urbanizar o polígono 2 en función da demanda de solo empresarial existente en A Pasaxe.

 

Ademais, a modificación recolle un lixeiro incremento do ámbito orixinal do proxecto sectorial actualmente en vigor xa que se incorporan ao ámbito uns terreos que inicialmente estaban excluídos do parque.

 

Na súa totalidade, o ámbito do proxecto sectorial do parque empresarial da Pasaxe comprende 592.481,55 metros cadrados, dos que 204.426,71 compoñen o polígono 1 e 388.054,84 o polígono 2, pendente de urbanizar.

 

Trofeo de Baile deportivo, Open Internacional Standard e Latino, o domingo no Porriño

porri2016cristoweb-1O vindeiro domingo, día 2 de outubro, celébrase no Porriño o III Trofeo Festas do Cristo de Baile Deportivo, puntuable para o Ranking Nacional da FEBD (Federación Española de Baile Deportivo), nas modalidades de Standard (Vals Inglés, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quickstep) e Latinos (Samba, Cha-cha, Rumba, Pasodoble e Jive).

CECILIA VÁZQUEZ ACODE Á POSTA EN MARCHA DE DOUS PROXECTOS IMPULSADOS A TRAVÉS DE INICIATIVA XOVE POR ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurará o proxecto do grupo informal Estudantes de odontoloxía, no marco do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove. Na facultade de Medicina e Odontoloxía (rúa de San Francisco, s/n).  foto xoán crespo 30/09/16

    A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurará o proxecto do grupo informal Estudantes de odontoloxía, no marco do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove. Na facultade de Medicina e Odontoloxía (rúa de San Francisco, s/n).
    foto xoán crespo
    30/09/16

    Un deles, do grupo informal Xuristas en acción, ten como obxectivo analizar o papel que xoga a Xuventude no modelo de xestión pública. O outro consiste na celebración de xornadas de vocación odontolóxica por parte de estudantes de Odontoloxía

  • Iniciativa Xove é unha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil e coa que a xuventude galega pode organizar, emprender e impulsar actividades

 

Santiago, 30 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na posta en marcha de dous proxectos do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove impulsados por estudantes da Universidade de Santiago.

O primeiro deles, promovido polo grupo informal Xuristas en acción, ten como obxectivo analizar o papel que xoga a xuventude no modelo de xestión pública. As actividades deste proxecto céntranse na realización de encontros con profesionais destacados no ámbito da función pública, que darán paso a unha mesa de traballo onde os mozos e mozas debaterán sobre o seu papel na política actual.

Por outra banda, a directora xeral tamén participou no proxecto do grupo informal de estudantes de odontoloxía de Santiago, que levan a cabo unhas xornadas de vocación odontolóxica. Con esta iniciativa, os seus promotores pretenden dunha parte aumentar con talleres prácticos as horas de experiencia para exercer a profesión e, por outra, achegar aos alumnos e alumnas de bacharelato a realidade da súa carreira.

Para Cecilia Vázquez, “Iniciativa Xove é unha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil”. A directora xeral tamén destacou que “este é o primeiro programa de participación xuvenil de todo o Estado no que poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas”

Deste xeito, “danse as maiores facilidades burocráticas para que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos, sen intermediarios”.

Con esta liña de axudas preténdese fomentar a participación da mocidade, co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil e, sobre todo, permitir poñer en práctica as súas ideas relacionadas cos temas do seu interese, xa que “Iniciativa Xove non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para logo apoialas”, destacou Cecilia Vázquez.

Este programa sufraga ata o 100% das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 5.000 euros. Todas as entidades e grupos aos que se lles conceda a axuda e o solicitasen, reciben un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Isto permítelles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

 

Charla na Aula CeMIT do Porriño sobre consumo responsable

A Aula da Rede CeMIT do Porriño celebrará, o vindeiro luns, día 3 de outubro de 11 a 12 horas, a charla “Consumo responsable no supermercado”. Na mesma analizarase o significado de practicar un consumo responsable, ao tempo que se fai unha reflexión crítica sobre os pasos a seguir para realizar unha compra: que facer antes, durante e despois de mercar.

Ademais se debaterá sobre a cadea de trazabilidade pola que pasan os produtos alimenticios antes de chegar á persoa consumidora e como posuír estes coñecementos poden influír dalgún xeito na toma de decisións de consumo.

As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.gal.

RAFAEL MILANI RECIBE EL PREMIO ACCIONA DE FOTOGRAFÍA “MEDIO AMBIENTE Y SOSTENIBILIDAD” DE TRASATLÁNTICA PHOTOESPAÑA

El jurado del premio ha reconocido la serie Cuentos amazónicos, del fotógrafo brasileño por “su capacidad para abordar un tema genérico y llevarlo a un territorio personal profundamente evocativo”

El premio, dotado con 2000 euros invita a todos los fotógrafos a captar todas aquellas realidades que reflejen el compromiso y los principios de sostenibilidad de los recursos, así como la protección de la biodiversidad en Latinoamérica5991_06

A XUNTA FORMA E AMPLÍA AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 15 MOZOS E MOZAS VIGUESES MENORES DE 30 ANOS CO OOEE VIGO PREPARA

  • Este programa mixto de formación e emprego formará aos participantes na especialidade de promoción turística local e información ao visitante
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 130.000 euros a esta iniciativa que forma parte do programa de Garantía Xuvenil
  • A Xunta tamén concedeu ao municipio vigués o OOEE Vigo Capacita III por un importe de 180.000 euros onde se formará a outras 20 persoas desempregadas
  • A administración autonómica concedeu este ano un total de 12 OOEE aos concellos da área territorial de Vigo cun investimento de 1,9 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 60% con respecto ao dato do ano 2015

 

Vigo, 30 de setembro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo hoxe no Concello de Vigo o obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos Vigo Prepara, no que se ofrece formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio vigués durante un total de 6 meses.   

 

A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta inviste máis de 130.000 euros. Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formará a 15 mozos e mozas da cidade olívica na especialidade de promoción turística local e información ao visitante durante 6 meses dende hoxe e onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional. Ademais, ao remate do OOEE os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.  

 

O fin do obradoiro é a formación nesta especialidade e, concretamente, entre os obxectos de actuación atópase a promoción de actividades turísticas e información ás persoas visitantes do Concello, o deseño e programación de accións dinamizadoras de educación ambiental dirixidas a distintos colectivos e grupos sociais que visitan a cidade así coma a difusión e divulgación das mesmas a través de stands en feiras, xornadas, etc.

 

A Xunta tamén concedeu este ano ao municipio vigués o OOEE Vigo Capacita III por un importe de 180.000 euros onde se formará a outras 20 persoas desempregadas da cidade nas especialidades de Cociña e Restaurante-Bar, co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 310.000 euros para estes dous programas do Concello de Vigo.

 

Obradoiros de Emprego na área de Vigo

A Xunta concedeu neste ano 2016 un total de 12 Obradoiros de Emprego aos concellos da área territorial. Diferéncianse en ordinarios e de garantía xuvenil, estes últimos para menores de 30 anos. Foron 8 obradoiros ordinarios e 4 de garantía xuvenil os concedidos a 10 concellos da área de Vigo cun investimento total de 1,9 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 60% con respecto aos datos do ano 2015.

Os municipios beneficiados onde se imparten os obradoiros son: Vigo, Redondela, O Porriño, Mos, Cangas, Moaña –Padroado Municipal de Beiramar-, Soutomaior e os tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Os xuvenís teñen lugar en Redondela, Vigo, Mos e Val Miñor. En total se verán beneficiadas 220 persoas en situación de desemprego das que 160 realizarán as súas tarefas nos OOEE ordinarios e 60 nos de garantía xuvenil co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral.

 

elrow cierra su temporada más exitosa en Ibiza

Más de 125,000 clubbers de todo el mundo
10 sold outs consecutivos
Más de 8,000 inflablesunnamed
Más de 4,000 kg de confeti

Barcelona, 30 de Septiembre de 2016.elrow, famosos por revolucionar el mundo de la música electrónica, ha cerrado su temporada de verano más exitosa en Space Ibiza, club en el que ha tenido su residencia durante los últimos tres años. La marca ha alcanzado cifras récord de asistencia, con más de 125,000 personas y 10 sold outs consecutivos, alcanzando una reputación legendaria en la isla gracias a sus espectáculos 100% inmersivos  y sus producciones creativas rocambolescas y tremendamente divertidas.

Un total de 17 shows temáticos han sido diseñados y producidos en los talleres propios de elrow, y más de 8,000 inflables y 4,000 kg de confeti han llovido en el club ibicenco para enloquecer y animar al público durante esta temporada, que sin duda marca un antes y un después en la historia de la compañía. Esto ha sido posible gracias a un equipo apasionado y tenaz de más de 3,000 personas.

La sala principal de Space o Main Room ha albergado los diferentes shows temáticos, siempre únicos y diferentes entre sí, como el festivo ‘Rowlympic Games’, el deslumbrante ‘elrow Music 70’s’ o dos de sus nuevos espectáculos,‘Príncipe de Zamunda’ y ‘From Lost to the River’. Ker, la marca de elrow dedicada a la música electrónica más urbana y underground, ha animado The Sunset Terrace mientras que elrowcity, el nuevo concepto de fiesta de la casa que recupera las sesiones all night long, se ha encargado de poner banda sonora a The Terrace, con una selección de los artistas internacionales más reputados.  La temporada se cerró con una fiesta épica el pasado sábado 24 de Septiembre, alcanzado cifras récord de asistencia.

“Ha sido una temporada fantástica, la mejor para nosotros hasta la fecha! Quiero agradecer tanto al equipo de Space Ibiza como al de elrow Ibiza por el increíble trabajo realizado durante los 17 shows, especialmente a los miles de asistentes que han venido de todo el mundo para disfrutar de la noche del sábado con nosotros. Muchas gracias y hasta la temporada que viene”, declara Juan Arnau, CEO de elrowFamily.

A los platos, más de 125 artistas de renombre internacional en la escena de la música electrónica como Sasha, Groove Armada, Seth Troxler, Eats Everything, Art Department, Joseph Capriati, Steve Lawler, Andrea Oliva, Joris Voorn, Kölsch, Paco Osuna, Richy Ahmed, Matador, y Hot Since 82 entre muhos otros, han sido los responsables de hacer vibrar la pista de baile como nunca.

La marca elrow nació en 2010 y desde entonces ha estado en constante expansión logrando trasladar sus shows a Nueva York, Londres, Paris, Ámsterdam o Croacia entre otras ciudades gracias a los acuerdos con promotores de grandes eventos como Electric Zoo, Marvellous Island,Parklife, Love Box o Mystery Land y a las colaboraciones con los clubs internacionales más emblemáticos de todo el mundoEsta etapa de internacionalización coincide con el relevo generacional de la compañía, que transfiere la gestión de la misma a manos de la sexta generación de emprendedores de la familia, Juan y Cruz Arnau Lasierra.

Puedes ver un vídeo resumen de toda la temporada en este enlace y descargarte una selección de las mejores fotos aquí.

Acerca de elrow
elrow es un nuevo concepto de espectáculo provocador, innovador y transgresor que mezcla la mejor música electrónica del momento con decorados y escenarios imposibles; performances y bailes explosivos, y personajes estrambóticos y grotescos. Cuenta con más de doce shows temáticos de creación y producción propia como el colorido Bollywood; el desenfadado ‘Singermorning’; la castiza ‘Feria de Abril’; o el exótico ‘Sambódromo do Brasil’. Desde 2015, la marca lleva sus espectáculos alrededor de los cinco continentes habiendo celebrado más de 150 actuaciones en 30 países distintos recorriendo destinos tan variados como Nueva York, Miami, el Caribe, Dubái, Milán, El Cairo o Marsella. Cuenta además, con residencia fija en Ibiza, Madrid, Barcelona, Londres, Ámsterdam y Amberes.

Novos cursos tempada 2016-17 no MARCO

Nestes días continúa aberto o prazo de matrícula para dous dos cursos de adultos que se desenvolverá no MARCO nesta tempada 2016-17: novos ciclos a cargo de Ana Pereira e José Manuel López, coa colaboración de relatores invitados, que ofrecen diferentes visións e percorridos pola historia da escultura e do cinema, que terán lugar entre os meses de otubro 2016 e maio de 2017.

+ INFO e programas de cada curso en http://www.marcovigo.com/es/actividades

Ademais, este outono poñerase en marcha unha nova proposta relacionada co cursoAGUZAR O OÍDO, en colaboración con Vertixe Sonora e no contexto do Festival Vertixe, que terá lugar do 13 de outubro ao 17 de novembro, e da que proximamente se enviará máis información xunto co programa completo do Festival.

 

 

LINGUAXES ESCULTÓRICAS CONTEMPORÁNEAS. Do monumento conmemorativo á performance

Do 19 outubro 2016 ao 24 maio 2017

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Docente: Ana Pereira Molares

Lugar: salón de actos

Horario: mércores, de 19.30 a 21.00

 unnamed

A historia da escultura moderna e contemporánea é a dun proceso de transformación que a apartou do seu carácter estatuario para se converter nunha práctica autónoma emancipada do lugar, do pedestal, de referencias simbólicas e de modelos. O concepto escultórico clásico será redefinido e analizado en toda a súa profundidade, a través de exploracións plurais e camiños diversos. Este curso formula unha aproximación ás linguaxes escultóricas contemporáneas que reflicta, non soamente os cambios experimentados pola propia práctica da escultura, ou a súa relación co contexto social, senón tamén as transformacións na percepción da obra.

http://www.marcovigo.com/es/content/lenguajes-escult-ricos-contempor-neos-del-monumento-conmemorativo-la-performance-0

 

 

ZERKALOS (reflexos fílmicos) 

Do 20 outubro 2016 ao 11 maio 2017

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Docente: José Manuel López, coa colaboración de relatores invitados

Lugar: salón de actos

Horario: xoves, de 19.30 a 21.00

 

 image003

A multiforme historia do cinema podería entenderse como unha vasta rede de correspondencias e filiacións entre películas e cineastas de moi diferentes épocas e xeografías, algunhas evidentes e intencionadas, outras máis leves, case secretas, e outras que só existen na experiencia afectiva do espectador. A intención deste curso é pensar a historia do cinema como un espello sen fondo do que as películas serían reflexos e no que conviven imaxes de todo tempo e lugar. Ao longo de vinte e trés sesións faremos “chocar” corenta e seis películas entre si a través dos seus reflexos temáticos, políticos, conceptuais e/ou formais, invitando a unha relectura crítica dalgunhas das historias posibles do cinema.

http://www.marcovigo.com/es/content/curso-cine-zerkalos-reflejos-f-lmicos-0

INFORMACIÓN PRÁCTICA

A matrícula de los cursos pecharase unha vez cubertas todas as prazas. Tanto os programas detallados como as fichas de inscrición, información sobre prezos de matrícula e descontos especiais están dispoñibles na taquilla do MARCO (en horario de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00 a 14.30 os domingos) ou a través do email info@marcovigo.com, así como no apartado ‘Actividades’ da webwww.marcovigo.com.

 

Agenda cafe teatro vigo

sonsoloesburlesque-2016Sábado de 8 OCTUBRE:

BURLESQUE: Rony flamingo & Burlesque sisters
a partir  de las 22:30 h, aportación 8,
reservas 670517090en Mimosa Café Teatro Vigo, travesía de Vigo nº 72 bajo. Mimosa Café Teatro Vigo, travesía de Vigo nº 72 bajo.