A XUNTA DE GALICIA ESTUDA POSIBLES VÍAS DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XUVENTUDE COA ASOCIACIÓN AK TIROL DE AUSTRIA

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, reuniuse hoxe en Santiago con responsables desta entidade de dereito público

  • A colaboración enmarcaríase no programa europeo Erasmus +: Xuventude en Acción, no que Galicia conta cunha ducia de propostas aprobadas na segunda quenda deste programa

 

Santiago, 1 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, reuniuse esta mañá co coordinador de proxectos da entidade, AK Tirol de Austria, Leo Kaserer. O obxectivo deste encontro, que tivo lugar no edificio administrativo de San Lázaro, foi analizar posibles colaboracións no marco do programa europeo Erasmus +: Xuventude en Acción.

 

En Galicia, esta entidade de dereito público austríaca que representa a máis de 280.000 persoas, con especial apoio aos programas dirixidos á xuventude, mantén unha colaboración estable coa Asociación Edúcere (Lugo), fundamentalmente con iniciativas de Servizo de Voluntariado Europeo de curta duración que habitualmente se desenvolven no periodo de tempo que vai entre dúas semanas e dous meses. Estas accións están dirixidas á participación de mozos e mozas con menos oportunidades.

 

O programa Erasmus +: Xuventude en Acción estrutúrase en tres accións clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas e apoio ás reformas das políticas. Cómpre sinalar que o prazo de presentación de proxectos para a terceira e última quenda de 2016 é ata o vindeiro día 4 de outubro.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: