O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL REITERA O APOIO A ALCER CORUÑA EN PROL DO BENESTAR DOS AFECTADOS POR ENFERMIDADES DO RIL

  • José Manuel Rey Varela destacou o apoio que a entidade presta tanto aos doentes como ás súas familias

IMG_7242

Santiago, 1 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta mañá en San Caetano con representantes da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril de Coruña, para coñecer de primeira man a súa actividade e as súas demandas.

 

Durante a reunión, o conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte a este tipo de doenzas e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo ALCER Coruña, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”. Dende a entidade, fíxose fincapé na importancia da doazón e o transplante de órganos, que na actualidade xa suma preto de 30.000 carnés de doantes.

 

Catro décadas de servizo

ALCER Coruña naceu no ano 1976 e na actualidade conta con sete programas e servizos de atención aos doentes: 7 vidas, ALCER no Fogar, Bule con ALCER, Doar palabras, Servizo de Atención Psicolóxica e Servizo de Información e Orientación Social. Todos eles dirixidos por un grupo de profesionais, colaboradores e voluntarios e voluntarias que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuír á consecución dos obxectivos da asociación.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: