Romaría sanidade pública

O 3 de setembro de 2015 celebrouse unha masiva manifestación, na que participaron 200.000 persoas da comarca de Vigo, en defensa da nosa sanidade pública, por iso decidimos celebrar o 3 de Setembro o “día de loita pola sanidade pública”.

No mes de setembro, está previsto tamén que os tribunais europeos ditaminen sobre a reclamación posta pola Asociación para a Defensa da Sanidade Pública co apoio da Xunta de Persoal e SOS Sanidade Pública diante da Comisión Europea. Un fallo favorable, acercaría un posible rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén dos demais centros sanitarios.

As causas que levaron á rúa a miles de persoas o pasado 3 de setembro persisten, polo que solicitamos, unha vez máis o apoio da cidadanía para conseguir o obxectivo que todas e todos compartimos, que é rescatar a nosa sanidade pública e dotala de tódolos recursos necesarios para atender ao 100% da cidadanía.

O 3 de setembro de 2016 temos convocada unha manifestación, ás 12 da mañá que saíra da rúa Pizarro, diante do H. Xeral e rematará no mesmo lugar para dar paso aos actos da romaría programada para o mediodía e a tarde.

Durante a romaría contaremos coas actuacións de Sondakí, Eladio e Ben sen medo, entre outros así como con música tradicional e recital de poesía.

DIA 3 DE SETEMBRO. DÍA DE LOITA POLA SANIDADE PÚBLICA

TIPO DE EVENTO:   MANIFESTACIÓN – ROMARÍA

ORGANIZA: XUNTA DE PERSOAL E SOS SANIDADE PÚBLICA

LUGAR: Contorna hospital xeral

HORA EVENTO: 12:00h a 20:00h

PROGRAMACIÓN:

09:00h a 11:30horas: Montaxe infraestruturas, (rúa Padre Feijoo)

Postos de comida, barras, inchables,

11:00h a 12.30h : Montaxe tarima e equipo de son

12:00h : Manifestación

12: 45h: Proba Sondaki

13:00h a 14:00h : Sondaki

14: 15 a 14:30 : Proba Eladio

14:30 a 15:00h : Eladio

15:15h a 16:30h : Música tradicional animación fora do escenario.  

16:30h a 17:00h: Montaxe e proba Ben sen medo

17:00h a 17:50h : Ben sen medo

17:50h a 18:00h: Proba micro voces poesía

18:00h a 18:30 : Poesía

18:30h a 19:00h: Montaxe e proba Alféizar ( pendente de confirmación)

19:00h a 20:00h : Alféizar( pendente de confirmación)

20:00h : fin e desmontaxe

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: