Archive | septiembre 2, 2016

O Goberno local presta e seguirá prestando a máxima axuda á veciña que vai a ser desafiuzada da súa vivenda

O Goberno local do Porriño fará todo o que estea na súa man para evitar o desafiuzamento dunha veciña da vila que, segundo veñen de reflectir os medios de comunicación, vai ser desaloxada da casa na que vive co seu fillo pequeno.

O persoal de Benestar Social do Concello, como fai anualmente en cada un dos máis de 3.000 casos que atende, presta, dende hai anos, a máxima axuda a esta veciña. Foron os Servizos Sociais Municipais os que tramitaron a concesión do Bono de Alugueiro que lle foi concedido  hai un mes pola Xunta de Galicia, de feito, semanas atrás, unha traballadora social do Concello estivo na súa casa como parte da dilixencia para optar a esta asistencia.

Neste senso, o Concello ten a posibilidade de contribuír ao alugueiro con unha achega para a fianza e, mentres non se faga efectivo o ingreso da cantidade mensual da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), facerse cargo do aluguer.

A Consellería de Benestar tamén fixo, hai moi poucas datas,a xestión para que puidese completar a solicitude  da devandita RISGA; asimesmo outorgoulle, sempre que esta veciña a requiriu, a Axuda de Emerxencia do Concello, ademais de Axuda para Alimentos, “que se lle concedeu ao instante”, achegas para o pago de clases de formación para o seu fillo, asesoramento e apoio para a petición da Renda Activa de Inserción por Violencia de Xénero (RAI) ou cooperación na procura dun traballo.

Este xoves a concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón, mantivo unha entrevista con ela na que lle asegurou que se ocuparía “persoalmente” de facer unha xestión con unha entidade bancaria para buscar unha solución á súa situación. Nesta entrevista acordaron que o luns, día 5, a concelleira se poría en contacto con ela para informarlle do resultado da xuntanza co banco e, se a mesma non fora positiva, buscar solucións para evitar o desafiuzamento ou , en todo caso, evitar que esta veciña e o seu fillo acaben na rúa.

A concelleira nega que o Concello deixase “no aire” no só o que ten que ver con esta veciña, senón con “calquera persoa que precise a nosa axuda” e, ademais de gabar o “labor constante e a entrega dos traballadoras e traballadores socias do Concello”, subliñou que “hai xestións e trámites que o Concello non pode facer polos cidadáns e que, en moitos casos, se non se levan a cabo por eles impiden que obteñan as axudas que precisan”.

Yuri Tuma inaugura #LaParedRojadeLaFabrica

unnamedEl próximo jueves 8 de septiembre a las 19:00h, arrancamos temporada en Alameda 9 con un nuevo proyecto: #LaParedRojaDeLaFabrica, soporte expositivo e inspiración para artistas nacionales e internacionales que crean obra nueva pensando específicamente en ese espacio. Para la selección de trabajos que se mostrarán en #LaParedRojaDeLaFabrica hemos buscado creadores con diferentes técnicas y formatos que colgarán su obra allí durante un mes.

En septiembre, el artista brasileño Yuri Tuma inaugura #LaParedRojaDeLaFabrica con «Enantiodromia», una reflexión sobre el término acuñado por Heráclito. A medida que crece la oscuridad se desvanece la luz y así sucesivamente en una colaboración continua. Este trabajo registra la búsqueda del artista para llegar a una traducción fotográfica de esa filosofía.

Para la inauguración contaremos con la presencia de Yuri Tuma, con quien los asistentes podrán conversar sobre su trabajo. Además, invitaremos a cerveza bien fría.

¡Te esperamos!

O 100% do persoal de limpeza de Citroën secunda a folga convocada para denunciar os incumprimentos de Clece en materia laboral

Os traballadores/as desenvolveron ruidosas protestas na sede da empresa e nas instalacións da compañía de automoción
A totalidade do cadro de persoal de Clece, contrata do servizo de limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, secundou hoxe a primeira xornada de folga convocada para denunciar os incumprimentos da empresa en materia laboral. Coincidindo co paro, os traballadores/as desenvolveron ruidosas protestas diante da sede de Clece e ás portas da fábrica de Citroën.
2016 09 02 FolgaLimpezaCitroenClece01

(Galería de imaxes)

A folga promovida polo comité de empresa de Clece ante os incumprimentos da empresa no que respecta á normativa laboral e aos acordos pactados co cadro de persoal tivo un seguimento total na súa primeira xornada. Os arredor de 250 traballadores/as que integran o cadro de persoal aproveitaron a convocatoria para mobilizarse tanto ás portas de Clece como de Citroën, onde desenvolveron ruidosas protestas.

A concentración diante da sede de Clece, situada na Praza de América, tivo lugar de 11.00 a 12.00 horas, mentres que de 13.15 a 14.15 a protesta trasladouse até as instalacións da fábrica de automoción. Xa pola noite, as mobilizacións continuarán de novo ás portas da empresa de limpeza de 21.15 a 22.15 horas.

Para o sábado hai prevista unha nova convocatoria de folga, aínda que nesta ocasión o cadro de persoal de Clece optará por non desenvolver protestas na rúa. A representación dos empregados/as mantivo unha xuntanza coa dirección este xoves para intentar chegar a un acordo que permitise suspender os paros pero finalmente as partes non foron quen de achegar posturas.

O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO APROBA O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS, INVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO (PAIF) PARA O ANO 2017

  • No último Consello de Administración celebrado esta semana e presidido pola Xunta deuse o visto bo ás propostas de actuación para o vindeiro exercicio

 

Vigo, 02 de setembro de 2016.- O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, ven de celebrar esta semana a súa última reunión do Consello de Administración, onde se aprobou o Programa de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) para o ano 2017.

 

A reunión, de carácter mensual e relativa ao mes de agosto, foi presidida polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luís Díez, e nela se deu conta do documento no que se propoñen as actuacións e investimentos para o vindeiro exercicio.

 

Entre elas, se propoñen as seguintes accións a realizar: continuar co programa de eliminación de pintadas ademais de continuar co proceso de rehabilitación de inmobles na parte alta do Casco Vello e tamén na zona do Berbés. Concretamente, forma parte da planificación a recuperación dos inmobles en Ferrería, 8, 10 e 45; Subida ao Castelo, 12; Subida á Costa, 5: Cruz Verde 8 e o inicio de rehabilitación dos edificios situados na Praza do Berbés, 5, 7 e 41. A inversión estimada para estas actuacións chega case aos 2,3 millóns de euros.

 

O PAIF aprobado na última reunión do Consello de Administración tamén deixa constancia dos ingresos do CCVV e aportacións extraordinarias das administracións que participan do organismo (90% Xunta-10% Concello) para o vindeiro exercicio calculando así uns ingresos totais que chegarán a superar os 3 millóns d e euros. Entre eles, as novas achegas do IGVS e do Concello se estima que sexan de 200.000 euros e 20.000 euros, respectivamente.

 

Coma contemplan os seus Estatutos, o fin esencial do Consorcio é levar a cabo, de acordo coas previsións do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello de Vigo, unha serie de actuacións e intervencións que contribúan ao proceso de recuperación da súa Área de Rehabilitación Integrada (ARI) mediante a adquisición de terreos ou mediante a adquisición de construcións para a súa posterior rehabilitación.

 

REY VARELA GARANTE “APOIO CONSTANTE” AOS 33 MOZOS E MOZAS DA COMARCA DE ORDES QUE HOXE RECIBIRON OS DIPLOMAS ACREDITATIVOS DA SÚA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ‘DESEÑANDO O TEU FUTURO’

O conselleiro de Política Social entregou os diplomas acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez

carpinteria Ordes 2

  • O programa ‘Deseñando o teu futuro’ está destinado a financiar proxectos para que os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas titorizadas en distintos sectores das empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, facilitando así unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional
  • O proxecto levado a cabo na Comarca de Ordes contou coa participación de 33 mozos e mozas pertencentes aos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo e Tordoia

 

Ordes (A Coruña), 2 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entregou na xornada de hoxe os diplomas aos 33 mozos e mozas da comarca de Ordes que participaron no programa ‘Deseñando o teu futuro’ da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e que estivo promovido pola Mancomunidade de municipios da Comarca de Ordes. Alí, o responsable da carteira social da Xunta de Galicia garantiu “apoio constante” á xuventude de Galicia, “non só neste momento formativo, tamén na súa inserción no mercado laboral”.

 

O conselleiro de Política Social, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou a importancia do programa ‘Deseñando o teu futuro’ destinado a financiar proxectos para que os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas titorizadas en distintos sectores das empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, facilitando así unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional. As estadías visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas.

 

Previamente á entrega de diplomas, conselleiro e directora xeral realizaron unha visita á Carpintería Sanjurjo que acolle a dous mozos que están a realizar o seu período de estancia durante os 15 días de duración. Os rapaces da Mancomunidade de Ordes realizan as súas estadías en sectores tan diversos como a hostalería, administración, panadería, agricultura, fotografía, perruquería, comercio, farmacia, informática, servizos sociais ou incluso na Policía Local.

 

O proxecto levado a cabo na Comarca de Ordes contou coa participación de 33 mozos e mozas pertencentes aos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo e Tordoia.  “33 participantes que xa contan no seu currículo coas competencias, habilidades e cualificacións adquiridas grazas a esta experiencia de educación non formal”, apuntou o conselleiro.

 

As entidades beneficiarias do programa “Deseñando o teu futuro”, alén da Mancomunidade de Ordes, son a Agrupación de Concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo; así como os Concellos de Cuntis, Soutomaior, Tomiño, Vila de Cruces e Boqueixón. Ademais, tamén obteñen axudas a Asociación EFA Fonteboa, a Asociación Xuvenil Brigantium, a ANPA Escuela Hogar Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a Asociación Galicia Inxenia.

ABANCA e o CRDO Valdeorras ofrecen fórmulas de financiamento conxuntas no arranque da vendima

  • As dúas entidades intensifican a súa colaboración para atender as demandas dos profesionais dun sector que afronta o punto crítico da campaña
  • O banco con sede en Galicia pon a disposición de bodegas e viticultores os produtos da súa oferta sectorial e a experiencia da súa división Banca Agro
20160902-abanca-convenio-crdo-valdeorras-2
O director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, o presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Descarga en alta resolución

20160902-abanca-convenio-crdo-valdeorras
O director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, o presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Descarga en alta resolución

02-09-2016

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras renovaron esta mañá a súa su colaboración en materia financeira. Un convenio que recolle as principais peticións do sector e que ofrece opcións de crédito para adegas e viticultores no arranque da campaña.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, rubricaron en Vilamartín de Valdeorras un texto que amosa o compromiso da entidade financeira cun compoñente básico da economía produtiva do interior de Ourense e cun sector estratéxico para Galicia. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Respostas ás necesidades desta campaña

O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixe a completa oferta sectorial vitivinícola de ABANCA. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis perentorias desta campaña.

É o caso dunha póliza de crédito que pode estenderse ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

ABANCA tamén facilita o cumprimento doutra das novidades da campaña: a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito complétase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Como complemento, desde ABANCA Seguros traballouse en incorporar produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).

ABANCA conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, Banca Agro. Unha oferta que conxuga unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Todo isto para dar reposta a un arranque de campaña que vén marcado polo retraso xeneralizado na recollida da uva e por unhas previsións baixistas baseadas nas chuvias primaverais que favoreceron a acción de fungos ou as altas temperaturas e escaseza de chuvias durante o verán.

A CIG sitúase como a forza máis votada nas eleccións sindicais celebradas en Faurecia Asientos de Galicia

A central duplicou a súa representación ao pasar de dous a catro delegados/as no comité da compañía de automoción viguesa
A CIG-Industria foi o sindicato máis votado nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar en Faurecia Asientos de Galicia, compañía do sector da automoción con sede no polígono vigués de Valadares. A central duplicou a súa representación ao pasar de dous a catro delegados/as no comité de empresa.
eleccions sindicais

Unha vez rematado o proceso electoral, o comité de empresa de Faurecia Asientos de Galicia estará formado por catro representantes da CIG, tres da UGT, dous de CCOO, dous da CGT, un da CUT e un da CSIF.

Por colexios, a CIG logrou os seus catro delegados/as no de especialistas e non cualificados/as ao sumar 111 votos; CCOO fíxose con dous representantes grazas aos 56 votos colleitados, a mesma cifra que obtivo a CGT; a UGT logrou 29 apoios e un representante; a CUT conseguiu 21 votos e un representante; e a CSIF fíxose cun representante ao sumar 20 votos.

En técnicos e administrativos, a UGT foi o sindicato maioritario con 37 votos e dous representantes, mentres que CCOO queda sen representación ao lograr unicamente oito votos.

Dende a central nacionalista agradecen o maioritario apoio recibido por parte do conxunto do cadro de persoal, que sitúa a CIG como o principal sindicato na compañía viguesa do sector da automoción. A central logrou dobrar a súa representación, pasando de dous a catro delegados/as no comité de empresa.

Máis de 94 de cada 100 contratos rexistrados en Galiza durante o mes de agosto foron temporais

O emprego estacional ligado ao sector servizos rebaixa lixeiramente as cifras do paro no noso país
A situación do mercado laboral galego continúa a estar marcada por unha fonda precariedade na contratación, tal e como amosan os datos do paro rexistrado que se veñen de coñecer. Durante o mes de agosto subscribíronse un total de 87.509 contratos no noso país, dos que o 94,3% foron baixo algunha modalidade de carácter temporal. Deste xeito, o emprego estacional ligado ao sector servizos fixo que a cifra de parados/as baixase lixeiramente até as 193.045 persoas.
RecursoOficinaEmprego
O gran número de contratos rexistrados durante o mes pasado e a elevada taxa de temporalidade demostran que a baixada do número de parados/as en 2.412 persoas é un feito meramente conxuntural que se explica pola contratación vinculada ao período estival.Tamén é habitual que en agosto no noso país continúe o descenso do desemprego mentres que na media estatal xa se comecen a destruír postos de traballo. Este ano non é unha excepción: en Galiza reduciuse o número de parados/as rexistrados/as un 1,23%, pero no conxunto do Estado medraron un 0,39%. A tendencia é moi semellante á rexistrada en 2015, cando aquí descendera un 1,22% e na media estatal medrara un 0,5%.

A nivel sectorial, ao igual que en 2015, o desemprego baixou en todos os sectores, sendo a construción cun 3,7% menos de desempregados/as o que lidera esta caída, séguelle a industria cunha redución do 1%; e o sector servizos, onde a caída foi do 0,8%. Salvo na construción, os descensos en todos os sectores foran superiores no mes de agosto de 2015.

Deste xeito, o número de persoas paradas inscritas nas oficinas do Servizo Público de Emprego (SEPE) acadou os 193.045, o que supón 2.412 menos que no mes de xullo. Ao mesmo tempo, a afiliación á Seguridade Social aumentou un 0,5%. No que respecta a número de parados/as con dereito a algunha prestación, a cifra situouse no 48%.

 Segundo o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, atopámonos diante duns datos que amosan que a situación do mercado laboral galego continúa a afondar na precarización, cunhas preocupantes cifras de temporalidade na contratación. Así, Miguel Malvido sinala que a evolución dos indicadores é practicamente idéntica á de hai un ano, “algo que nos preocupa especialmente xa que non se perciben cambios fóra dos meramente estacionais, polo que a tan cacarexada recuperación económica segue sen percibirse no mercado de traballo”.