Archive | septiembre 3, 2016

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PROMOVE O USO DO CARNÉ XOVE NAS COMPRAS DE INICIO DO CURSO PARA OBTER DESCONTOS EN 100.000 ESTABLECEMENTOS EN TODA ESPAÑA

  • O carné xove conta na actualidade con 47.212 titulares e máis de 2.600 establecementos adheridos en Galicia

 

Lalín, 2 de setembro de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación en Voluntariado promove a utilización do Carné Xove nas compras de inicio do curso escolar, xa que moitos dos establecementos teñen descontos para os mozos e mozas que teñan este documento. A directora xeral, Cecilia Vázquez, visitou hoxe a carpa de promoción do Carné Xove na campaña “Volta ao cole” da Asociación de Empresarios do Deza que tivo lugar en Lalín.

O carné xove conta na actualidade con 47.212 titulares e máis de 2.600 establecementos adheridos en Galicia. A través deste carné, os mozos e mozas poden obter descontos nunha ampla gama de servizos, como transportes, espectáculos, compras, aloxamentos, actividades culturais ou de lecer e tempo libre, tanto na nosa Comunidade autónoma como no resto de rexións españolas e na maioría de países europeos.

En concreto, a mocidade galega pode acceder aos beneficios que se ofrecen en 40 países europeos nun número de establecementos que rolda os 100.000 en toda España.

Os mozos e mozas de 12 a 30 anos, ambos inclusive, interesados en obter este documento de uso persoal e intransferible só teñen que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte, pagar 6 € mediante o impreso de taxa e achegarse a calquera das oficinas expendedoras do carné xove: servizos de xuventude provinciais; oficinas locais de Ferrol e Pontevedra; Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela; as oficinas municipais de información xuvenil; casas da xuventude e algunhas oficinas de Abanca.

O carné ten unha vixencia de 2 anos a partir da data de expedición e inclúe un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para poder facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

A Dirección Xeral de Xuventude a través das súas oficinas expendedoras tamén emite outro tipo de carnés como o de alberguista, o de estudante internacional ou o Teacher para docentes.

 

Ganadores del certamen anual: «Reina del Verano y Mister Fotogenia 2016»

ganadores con organizacion ganadores del concursoTras la celebración esta noche de Viernes 2 de septiembre de la 8ª edicion del certamen: REINA DEL VERANO & MISTER FOTOGENIA 2016 en la sala MIKONOS del Complejop Hostelero ISLAND CLUB,  los miembros del jurado y el publico asistente al evento han selecionado como GANADORES DE ESTE CERTAMEN:

Míster  Fotogenia BRAIS CASTRO CIVIDANES

ENTREGA LA BANDA: IRENE LOPEZ

ENTREGA EL  PREMIO: SERGIO HAMILTOM JHONS –MISTER FOTOGENIA 2015

2ºDAMA DANIELA DIAZ COSTAS

1ºDAMA IVANA MARTINEZ RODRIGUEZ

REINA DEL VERANO 2016
JESSICA MARTIN ESTEBAN

ENTREGA LA CORONA Y BANDA: LETICIA BERTOMEU CODESEDA REINA DEL VERANO 2015

ENTREGA EL PREMIO : RAMIRO GILL PATROCINADOR DEL EVENTO

8ª edición del certamen “Reina del Verano & Míster Fotogenia. Un concurso de belleza organizado por Ramiro Gill Peluquerías e Island Club. Los participantes a este certamen no tienen necesariamente experiencia en pasarela, ni dotes en posado. Hay diferentes tipos de categorías, donde además del jurado, el público también escoge a su favorito. Se escoge por tanto a los candidatos que reúnen un conjunto total de belleza.