AS 22 ESCOLAS INFANTÍS DA REDE AUTONÓMICA A GALIÑA AZUL DA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO COMEZAN NO DÍA DE HOXE O CURSO ESCOLAR

  • 05092016_PortasAbertasEIValadaresA secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, visitaron hoxe a escola infantil de Valadares na súa xornada de portas abertas
  • Esta escola infantil conta cun total de 102 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos
  • Na área territorial de Vigo, a rede autonómica da Xunta oferta unhas 1.400 prazas

 

Vigo, 5 de setembro de 2016.- A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias Bueno, visitaron esta mañá a escola infantil de Vigo-Valadares co galo da xornada de portas abertas que se está a celebrar en practicamente todas as escolas infantís da Comunidade Galega ante o inicio do curso escolar esta mesma semana.

 

As representantes da Administración autonómica fixeron un percorrido polas instalacións  deste centro pertencente á Consellería de Política Social e no que se ofertan un total de 102 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Do total das prazas ofertadas cinco delas están reservadas para casos de emerxencia.

 

A secretaria territorial lembrou que no día de hoxe comeza a actividade nas escolas infantís. Así, na área de Vigo hai un total de 22 escolas infantís de titularidade autonómica, 15 delas integradas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 7 pertencentes á Axencia Galega de Servizos Sociais, o que fan un total de 1.400 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

 

No caso concreto de Vigo, a Xunta de Galicia ofrece o maior número de prazas públicas, contando cun total de 626 en 8 centros de titularidade autonómica situados en O Calvario (41), Valadares (102), Praza da Estrela (41), Relfas-Sárdoma (74), Rosalía de Castro-Coia (107), Cabral-Caeiro (67), Bouzas (94) e Gota de Leche (100).

 

Ademais das prazas públicas da Rede Galiña Azul, hai que sumar as prazas ofrecidas nas escolas concertadas e nas de iniciativa social así como aquelas sostidas a través do Bono Concilia e as municipais.

 

Galicia suma así máis de 22.300 prazas sostidas con fondos públicos en escolas infantís, o que supón unha taxa de cobertura superior ao 37% (4 puntos por riba do limiar que marca a Unión Europea). Do total de prazas ofertadas na Comunidade Galega, 2.164 se corresponden coas prazas das 26 escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais e 7.452 coas prazas dos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esto fai un total de 9.616 prazas ofertadas pola Consellería de Política Social nos centros de titularidade propia.

 

No que respecta aos datos de matrícula, a día de hoxe están matriculados 7.922 nenos dos que 2.001 o fan en escolas da Axencia e 5.921 nas do Consorcio. Datos que mudarán co paso dos días xa que a eles se sumarán os ingresos en prazas de emerxencia social, e as solicitudes do prazo extraordinario de setembro, así como aqueles que teñan nacido fóra do período ordinario de matriculación.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: