O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL PARTICIPARÁ MAÑÁ NUN SEMINARIO SOBRE O DESAFÍO DEMOGRÁFICO NO PARLAMENTO EUROPEO

  • José Manuel Rey Varela intervirá en representación de Galicia para sensibilizar sobre a inclusión dos criterios demográficos no reparto de fondos da futura política rexional
  • O evento está organizado polo Servizo de Investigación do Parlamento Europeo e nel participan representantes de diversas rexións europeas

 

Santiago, 5 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participará mañá en Bruxelas no seminario “Política de Cohesión da UE: Como poden as rexións europeas enfrontar o desafío demográfico?”, organizado polo Servicio de Investigación do Parlamento Europeo co apoio da Fundación Galicia Europa. O seminario, no que participan ademais representantes  das rexións de Piamonte (Italia), Turinxia e Saxonia Anhalt (Alemaña), ten por obxectivo sensibilizar ao Parlamento Europeo sobre os retos demográficos aos que se enfrontan certas rexións europeas  de cara ao deseño da política de cohesión posterior a 2020, antes de que a Comisión Europea elabore unha proposta ao respecto.

 

O seminario, que terá lugar entre as 17:30 e as 19:00 horas na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas, contará, ademais de con Rey Varela, coa presenza da eurodeputada italiana Mercedes Bresso, presidenta do Intergrupo  de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas; Michael Schneider, representante da rexión alemá de Saxonia-Anhalt;  e Babette Winter, membro do Comité das Rexións en representación de Turinxia. Abrirá o seminario Ramón Luis Valcárcel, vicepresidente do Parlamento Europeo, do que depende o Servicio de Investigación do Parlamento Europeo  , o grupo de reflexión interno que asiste aos eurodeputados no seu labor parlamentaria mediante publicacións e seminarios especializados.  Con motivo deste seminario, o EPRS acaba de publicar unha análise sobre a situación das zonas escasamente poboadas en Europa.

 

Unha política vital para Galicia

A política de cohesión é a principal política de investimento da UE e segue a ser vital para as rexións do espazo comunitario. No caso galego, son máis de  18.000 millóns de euros os recibidos pola nosa comunidade autónoma dende a súa adhesión á UE a través de instrumentos como o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE).  A programación destes fondos é plurianual e Bruxelas está xa inmersa no debate sobre o futuro desta política logo de 2020, ano no que remata o período en curso.

 

A Comisión Europea terá que publicar as propostas de novos regulamentos en 2018 e é neste contexto no que as rexións europeas traballan para que os criterios demográficos –nun continente afectado polo envellecemento e as baixas taxas de natalidade- teñan máis importancia á hora de deseñar o futuro reparto de fondos. O Parlamento Europeo é, xunto co Consello da UE, colexislador nesta materia polo que a súa postura é moi importante neste debate. As rexións tamén solicitan unha estratexia europea coa que facer fronte aos retos económicos e sociais do cambio demográfico. Este debate coincide con outro máis amplo, o da preparación do Marco Financeiro Plurianual (MFP) posterior a 2020, que fixará os límites de gasto na UE durante sete anos, e que deberá fixar o peso reservado á política de cohesión, que ata agora representa un terzo do gasto comunitario.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: