Sinatura do Convenio entre o Concello e o Porriño Industrial por un importe de 90.000 euros

SinaturaA alcaldesa do Porriño, tal e como se comprometera coa directiva, os xogadores, adestradores, socios e afeizoados do Clube de Fútbol Porriño Industrial, asinou este luns co presidente da entidade, Miguel Ángel Laso, o convenio de colaboración que permitirá ao clube seguir adiante coa súa actividade.

Eva García de la Torre salientou que logo dun “camiño longo, complicado e cheo de dificultades”, foi posible chegar a un bo final que permitirá ao Concello subvencionar con 90.000 € ao Porriño Industrial, cantidade que, segundo o convenio asinado, se destinará, fundamentalmente á promoción do deporte base, escolas deportivas, actividades en parroquias e colexios da vila, cursos de formación de adestradores ou actividades deportivas que se leven a cabo con mulleres ou grupos sociais desfavorecidos.

Ademais, o Goberno local toma en consideración o número de xogadoras e xogadores de entre 4 e 11 anos, o número de rapazas practicantes, o número de xogadores nos colexios do Porriño, o número de equipos federados ou o número de socios da entidade.

A alcaldesa indicou que, “de xeito inmediato”, o Porriño Industrial recibirá o 80% da cantidade subvencionada, é dicir, 72.000€, e os 18.000 € restantes á presentación por parte do clube da xustificación de cada un dos gastos que debe ser entregada no Concello antes do 1 de decembro deste ano.

Eva García de la Torre lembrou que “este Goberno ten un compromiso serio, fondo e duradeiro co deporte porriñés, como amosa non so con esta subvención, senón cos acordos de colaboración co Club Balonmano Porriño e co Baloncesto Porriño, e a aposta continuada e constante con todas as modalidades deportivas que se practican aquí e, esencialmente, coa formación de novos deportistas, nas categorías inferiores dos nosos clubes”.

Polo que atangue a este convenio co Porriño Industrial, a alcaldesa sinala que o actual Goberno do Porriño “deu unha solución legal e responsable a un gravísimo problema” causado pola mala xestión, carente de controis na entrega de cartos públicos, dos anteriores responsábeis municipais que, xunto coa da anterior xunta directiva do clube, levaron ao Porriño Industrial a una situación de extrema gravidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: