A DIRECTORA XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA ASISTE EN TOLEDO A UNHA REUNIÓN PREPARATORIA DO VI FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREDD)
- Amparo González destacou a importancia de que “partidos de diferentes ideoloxías se xunten nesta fronte común que procura as mellores políticas para acadar a revitalización demográfica que tanto se precisa en España”
- Un dos aspectos máis importantes foi a posta en marcha do grupo de traballo, aprobado na última reunión mantida en xuño en Galicia, e a súa coordinación coas Comunidades Autónomas para abordar os diferentes temas demográficos
Toledo, 7 de setembro de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou no día de hoxe na reunión preparatoria do VI Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) celebrada na cidade manchega de Toledo. Alí, a directora xeral destacou novamente a importancia de que “partidos de diferentes ideoloxías se xunten nesta fronte común que procura as mellores políticas para acadar a revitalización demográfica que tanto se precisa en España”.
Na orde do día, un dos aspectos máis importantes foi a posta en marcha do grupo de traballo, aprobado na última reunión mantida en xuño en Galicia, e a súa coordinación coas Comunidades Autónomas para abordar os diferentes temas como a incorporación da perspectiva demográfica nas políticas sectoriais.
A reunión desta mañá serviu tamén para comezar a traballar no documento que se presentará no cumio de Cuenca, cuxa celebración está prevista para finais de outubro ou principios de novembro, e que inclúe ideas e accións principais como corrixir o desequilibrio territorial e poboacional de España. Unha xuntanza na que está prevista a participación dos europarlamentarios con representación nas comunidades que integran o FREED.
El marisqueo como expresión artística
Exposición Amor de Mar
Vigo, 7 de septiembre de 2016.- El Puerto de Vigo acoge en la Estación Marítima desde el 8 hasta el 11 de septiembre, la exposición “Amor de Mar”.
Un homenaje al marisqueo gallego con una selección de 73 fotografías y 24 lienzos de gran tamaño, realizado por C. Cristino González García, artista y fotógrafo.
A las 19.30h tendrá lugar la presentación de este magnífico trabajo de expresión artística sobre un oficio tan característicamente gallego.
AS ESCOLAS INFANTÍS UNITARIAS DE CRECENTE, CARTELLE E SOBRADO INICIAN ENTRE HOXE E MAÑÁ O CURSO 2016-2017
A Xunta de Galicia decidíu reabrir este ano eses centros que se pecharan anteriormente por falta de matrícula
Santiago, 7 de setembro de 2016.- As escolas infantís unitarias de Crecente (Pontevedra), Cartelle (Ourense) e Sobrado dos Monxes (A Coruña), integradas na rede autonómica “Galiña Azul”, dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social, inician a súa actividade entre hoxe e mañá (7-8 setembro), con xornadas de portas abertas que preceden ao período de adaptación para os nenos.
Esas tres escolas, que permaneceran pechadas polo baixo número de matriculacións -concretamente, a de Sobrado, nos cursos 2014-2015 e 2015-2016, e as de Cartelle e Crecente, no curso 2015-2016-, reábrense este ano ante o aumento da demanda.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar establece un limiar mínimo de 5 nenos para proceder á apertura dun centro unitario ou manter a súa actividade, o que se cumpre para o curso 2016-2017 nos casos de Crecente (que conta con 6 nenos), Cartelle (con 9) e Sobrado (con 5).
A dirección desas tres escolas infantís unitarias están realizando neste momento ou xa realizaron –dependendo do centro- as habituais entrevistas cos pais dos alumnos e entre hoxe e o venres (9 setembro) terán lugar as asembleas xerais informativas para achegar ás familias todos os detalles sobre o funcionamento de cada escola e sobre o comezo do presente curso escolar.
XUNTA E CONCELLO DE BOQUEIXÓN ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DO INMOBLE QUE ALBERGARÁ O FUTURO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DA VILA
O conselleiro de Política Social e o alcalde de Boqueixón rubricaron esta mañá o documento que permitirá impulsar esta infraestrutura social
- Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Boqueixón unha cantidade máxima de 200.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018
- Deste xeito, o Consorcio dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura dos servizos; e realizar unha distribución efectiva dos servizos
Boqueixón (A Coruña), 7 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá na Casa do Concello de Boqueixón un convenio de colaboración para financiar o acondicionamento da edificación para Centro Sociocomunitario, que será realizado polo concello coruñés. Rey Varela insistiu unha vez más na “importancia do diálogo entre as administracións públicas e da coordinación dos recursos autonómicos e locais que posibilita a mellora da calidade de vida dos galegos e das galegas, como neste caso, o acondicionamento e posta en marcha do Centro Sociocomunitario da vila coruñesa”.
Na sinatura do acordo, protagonizada polo conselleiro de Política Social e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, establecéronse as bases de colaboración entre ambas as dúas partes para o financiamento da edificación situada na parroquia de Sergude, no lugar de Pumares, para Centro Sociocomunitario.
Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Boqueixón unha cantidade máxima de 200.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018 (data na que o convenio quedará sen vigor).
O convenio entre Política Social, a través do Consorcio, e o Concello de Boqueixón, asínase de acordo coa misión do propio Consorcio de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con atención especial á xestión integral das Escolas Infantís de titularidade municipal, no ámbito territorial dos entes consorciados.
Deste xeito e a través da sinatura do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura, intensidade e calidade de atención dos distintos servizos e prestacións; e realizar unha distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación.
A DIRECTORA XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARTICIPA NUN ENCONTRO QUE REÚNE A DIRECTORES XERAIS DE TODA ESPAÑA PARA TRATAR MEDIDAS CONCERNENTES A ESTE COLECTIVO
- A reunión está convocada polo Imserso e nela desenvolvéronse os acordos do Pleno del Consejo Territorial de Servicios Sociales y del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia
Madrid, 9 de setembro de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, asistiu hoxe a unha reunión de directores xerais procedentes de toda España convocada polo Imserso e na que se trataron temas e medidas concernentes ás persoas en situación de dependencia.
En concreto, desenvolvéronse os acordos do Pleno del Consejo Territorial de Servicios Sociales y del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia, entre os que figuran, entre outros, a regulación do servizo de teleasistencia avanzada con apoios técnicos e o seguimento da elaboración dos Plans de Prevención das situacións de dependencia, co que Galicia xa conta dende o ano 2013.
Nesta liña, Coro Piñeiro lembraba esta maña que a Comunidade Autónoma galega é pioneira na pilotaxe dunha teleasistencia preventiva, ao tempo que apuntaba que “Galicia está preparada para avanzar en sistemas innovadores de apoio ás persoas nos seus domicilios cos avances tecnolóxicos, un servizo que xa está regulado na Carteira de servizos para a dependencia e promoción da autonomía persoal”.
Precisamente onte, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade asistía en Santiago á presentación dun dispositivo que se empregará en toda España e que contará con tecnoloxía galega fabricada integramente pola empresa Televés, unha innovación que permite poñer en marcha servizos de teleasistencia que melloren a calidade de vida das persoas maiores.
Cómpre lembrar que o servizo de teleasistencia promove a autonomía persoal, evita o illamento e proporciona seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias e ás súas familias. O programa de teleasistencia domiciliaria é un servizo de prevención que comunica a persoa usuaria cunha central con tan só pulsar un botón, na actualidade da Cruz Vermella, e que ofrece unha resposta inmediata ante situacións de emerxencia. A teleasistencia domiciliaria garante a seguridade da persoa usuaria no seu fogar e a tranquilidade da familia sabendo que o seu familiar terá unha atención inmediata no caso dunha situación que requira unha intervención urxente.
A XUNTA INICIA A RETIRADA DOS SEPARADORES DE FORMIGÓN NO CARRIL BICI DA ESTRADA VIGO-BAIONA-A GUARDA COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE DOS USUARIOS VULNERABLES
A actuación substituirá os actuais separadores por outros de goma rebasables, ampliando o espazo ao que pode recorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade
- Anchearanse as beiravías para a práctica deportiva e converterase o carril bici nunha senda mixta para peóns e ciclistas turísticos, ao tempo que se intensificará a sinalización
- Estas obras teñen como obxectivo compatibilizar as necesidades de peóns, ciclistas e condutores
Santiago, 7 de setembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a realizar os traballos de substitución dos actuais separadores de formigón presentes na estrada entre Vigo, Baiona e A Guarda (PO-552) por outros de goma rebasables, coa fin de compatibilizar as necesidades dos peóns, dos ciclistas e dos condutores e incrementar a seguridade dos usuarios vulnerables.
Estas actuacións teñen como obxectivo a ampliación do espazo ao que pode recorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade. Ademais, dotarase esta estrada de beiravías máis anchas, nas que será posible a práctica do ciclismo deportivo, mentres que o carril bici se estreitará e quedará convertido nunha senda mixta de utilidade tanto para peóns como para ciclistas turísticos.
Cómpre lembrar que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) iniciou o mes pasado as obras de reforzo da seguridade viaria e de reforma do carril bici da estrada PO-552, que suporán un investimento de 800.000 euros.
O proxecto foi redactado polos especialistas da Axencia Galega de Infraestruturas e na súa elaboración se recolleron as demandas dos alcaldes, da Federación Galega de Ciclismo e de diversos expertos en seguridade viaria, e a solución técnica conta coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, coa que a Xunta traballa coordinadamente tanto neste proxecto como no impulso de campañas específicas de seguridade viaria.
Estas actuación é coherente cos principios do Plan Galego de Seguridade Viaria 2015-2020, posto en marcha polo Goberno galego co obxectivo de ofrecer unha maior protección os usuarios mais desprotexidos das estradas.
NOVO SEMINARIO NA REDE CeMIT DO PORRIÑO SOBRE O INBOUND MARKETING, O MARTES DÍA 13 ÁS 8 DA TARDE
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT do Porriño celebrará o vindeiro matrtes, día 13 as 8 da tarde, o seminario “Atrae visitantes e convérteos en clientes co Inbound Marketing’, impartido por Javier Rocamora, consultor e formador especialista en eCommerce e marketing dixital que, na actualidade, lidera o proxecto Las 3 en punto, unha nova iniciativa que integra o marketing, as habilidades comunicativas e a xestión da reputación en liña para maximizar os resultados na rede.
Os contidos do seminario farán referencia a ¿Por que vender en internet?; panorama do eCommerce en España: evolución da canle de venda en liña e resultados das pemes que venden por internet; diferentes estratexias de eCommerce para pemes: do local ao global; particuliaridades do eCommerce fronte ao comercio físico; opcións tecnolóxicas e plataformas de eCommerce, Vantaxes e inconvintes de cada unha. Opcións gratuítas e low cost; puntos básicos dunha estratexia de eCommerce; contidos básicos dun plan de mercadotecnia de atracción en internet, redes sociais, blogs, videos. Mercadotecnia de atracción; ¿Cómo converter as visitas en clientes?; ferramentas de control de seguimento e presentación de servizos ofertados en eCommerce para pemes.
As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.gal.
O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL E O ALCALDE DE A LARACHA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA IMPULSAR A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO COMUNITARIO NA LOCALIDADE
-
11,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, para a xestión do Centro de Día. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
07/09/16Ambos mandatarios saudaron esta medida que contribúe a asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais
Santiago, 7 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde do Concello de A Laracha, José Manuel López Varela, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o financiamento das obras de construción dun centro sociocomunitario, nesta localidade coruñesa coa finalidade de mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus veciños e veciñas.
Mediante este documento a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, compromete unha contribución máxima para o financiamento desta infraestrutura de 200.000 euros; mentres que o concello asumirá a xestión do centro, en calquera das modalidades previstas na lexislación vixente, polo que atenderá os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído.
O conselleiro de Política Social salientou a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas que máis o precisan co fin de asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais”. Ambos mandatarios saudaron esta medida coa que a Xunta de Galicia incrementará a dispoñibilidade de equipamentos de servizos sociais nesta localidade coruñesa.
WOS 2016 comeza hoxe a terceira edición con medio centenar de propostas culturais
![]() Abren a nosa terceira edición hoxe ás 17:00 na Cidade de la Cultura os Encontros con entrada libre “Sold Out!: Novas Estratexias Tecnolóxicas Aplicadas ós Eventos Culturais” e “Festivais 2.0: Creatividade y Risco na Xestión Cultural” que reúne a representantes de L.E.V. Festival, SEMIBREVE, Festival Sinsal e Milhões de Festa.
Os encargados de poñer o broche de ouro a esta primeira xornada de festival serán os norteamericanos Thee Oh Sees na terraza da Fundación Granell.
|
Pola súa banda, a conversa ‘Novos Medios. Novas Realidades: Innovación Audiovisual e o seu Impacto na Industria Cultural‘ contará con representantes dos estudos de Novos Medios de máis prestixio do estado (Dvein, Espada y Santa Cruz, Bermudas Land), e, xa no CGAC, ’Publica a Lenda: Mito e Realidade da Prensa Musical Independente’, contará con David Bizarro, Luis Boullosa, Víctor Lenore, David Saavedra e Xiana Arias. Pecha a programación de Encontros ‘SON’ & VISIÓN: Unha Historia do Videoclip Galego, tamén no CGAC.
|
The Soft Moon, Boogarins, Silver Apples, Thee Oh Sees, .
|
|
Estrea mundial de ‘One More Time With Feeling’
|
|
|
|
WOS Gastro
Este ano a oferta gastronómica de WOS inclúe tres actividades con entrada libre no Mercado de Abastos: unha “Nutriconferencia con Degustación” ofrecida pola bióloga Silvia Méndez, unha sesión de DJ a cargo de Pablo Electrocute, e unha demostración de dous petiscos creados en exclusiva para WOS Festival por Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos 2.0) e Miguel Villar (Pazo de Altamira), con degustación limitada.
|