A DIRECTORA XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA ASISTE EN TOLEDO A UNHA REUNIÓN PREPARATORIA DO VI FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREDD)

  • Amparo González destacou a importancia de que “partidos de diferentes ideoloxías se xunten nesta fronte común que procura as mellores políticas para acadar a revitalización demográfica que tanto se precisa en España”
  • Un dos aspectos máis importantes foi a posta en marcha do grupo de traballo, aprobado na última reunión mantida en xuño en Galicia, e a súa coordinación coas Comunidades Autónomas para abordar os diferentes temas demográficos

 

Toledo, 7 de setembro de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou no día de hoxe na reunión preparatoria do VI Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) celebrada na cidade manchega de Toledo. Alí, a directora xeral destacou novamente a importancia de que “partidos de diferentes ideoloxías se xunten nesta fronte común que procura as mellores políticas para acadar a revitalización demográfica que tanto se precisa en España”.

 

Na orde do día, un dos aspectos máis importantes foi a posta en marcha do grupo de traballo, aprobado na última reunión mantida en xuño en Galicia, e a súa coordinación coas Comunidades Autónomas para abordar os diferentes temas como a incorporación da perspectiva demográfica nas políticas sectoriais.

 

A reunión desta mañá serviu tamén para comezar a traballar no documento que se presentará no cumio de Cuenca, cuxa celebración está prevista para finais de outubro ou principios de novembro, e que inclúe ideas e accións principais como corrixir o desequilibrio territorial e poboacional de España. Unha xuntanza na que está prevista a participación dos europarlamentarios con representación nas comunidades que integran o FREED.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: