A DIRECTORA XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARTICIPA NUN ENCONTRO QUE REÚNE A DIRECTORES XERAIS DE TODA ESPAÑA PARA TRATAR MEDIDAS CONCERNENTES A ESTE COLECTIVO

  • A reunión está convocada polo Imserso e nela desenvolvéronse os acordos do Pleno del Consejo Territorial de Servicios Sociales y del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia

 

Madrid, 9 de setembro de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, asistiu hoxe a unha reunión de directores xerais procedentes de toda España convocada polo Imserso e na que se trataron temas e medidas concernentes ás persoas en situación de dependencia.

 

En concreto, desenvolvéronse os acordos do Pleno del Consejo Territorial de Servicios Sociales y del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia, entre os que figuran, entre outros, a regulación do servizo de teleasistencia avanzada con apoios técnicos e o seguimento da elaboración dos Plans de Prevención das situacións de dependencia, co que Galicia xa conta dende o ano 2013.

 

Nesta liña, Coro Piñeiro lembraba esta maña que a Comunidade Autónoma galega é pioneira na pilotaxe dunha teleasistencia preventiva, ao tempo que apuntaba que “Galicia está preparada para avanzar en sistemas innovadores de apoio ás persoas nos seus domicilios cos avances tecnolóxicos, un servizo que xa está regulado na Carteira de servizos para a dependencia e promoción da autonomía persoal”.

 

Precisamente onte, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade asistía en Santiago á presentación dun dispositivo que se empregará en toda España e que contará con tecnoloxía galega fabricada integramente pola empresa Televés, unha innovación que permite poñer en marcha servizos de teleasistencia que melloren a calidade de vida das persoas maiores.

 

Cómpre lembrar que o servizo de teleasistencia promove a autonomía persoal, evita o illamento e proporciona seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias e ás súas familias. O programa de teleasistencia domiciliaria é un servizo de prevención que comunica a persoa usuaria cunha central con tan só pulsar un botón, na actualidade da Cruz Vermella, e que ofrece unha resposta inmediata ante situacións de emerxencia. A teleasistencia domiciliaria garante a seguridade da persoa usuaria no seu fogar e a tranquilidade da familia sabendo que o seu familiar terá unha atención inmediata no caso dunha situación que requira unha intervención urxente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: