A XUNTA INICIA A RETIRADA DOS SEPARADORES DE FORMIGÓN NO CARRIL BICI DA ESTRADA VIGO-BAIONA-A GUARDA COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE DOS USUARIOS VULNERABLES

  • clip_image002 clip_image002bb-2A actuación substituirá os actuais separadores por outros de goma rebasables, ampliando o espazo ao que pode recorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade
  • Anchearanse as beiravías para a práctica deportiva e converterase o carril bici nunha senda mixta para peóns e ciclistas turísticos, ao tempo que se intensificará a sinalización
  • Estas obras teñen como obxectivo compatibilizar as necesidades de peóns, ciclistas e condutores

 

Santiago, 7 de setembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a realizar os traballos de substitución dos actuais separadores de formigón presentes na estrada entre Vigo, Baiona e A Guarda (PO-552) por outros de goma rebasables, coa fin de compatibilizar as necesidades dos peóns, dos ciclistas e dos condutores e incrementar a seguridade dos usuarios vulnerables.

 

Estas actuacións teñen como obxectivo a ampliación do espazo ao que pode recorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade. Ademais, dotarase esta estrada de beiravías máis anchas, nas que será posible a práctica do ciclismo deportivo, mentres que o carril bici se estreitará e quedará convertido nunha senda mixta de utilidade tanto para peóns como para ciclistas turísticos.

 

Cómpre lembrar que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) iniciou o mes pasado as obras de reforzo da seguridade viaria e de reforma do carril bici da estrada PO-552, que suporán un investimento de 800.000 euros.

 

O proxecto foi redactado polos especialistas da Axencia Galega de Infraestruturas e na súa elaboración se recolleron as demandas dos alcaldes, da Federación Galega de Ciclismo e de diversos expertos en seguridade viaria, e a solución técnica conta coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, coa que a Xunta traballa coordinadamente tanto neste proxecto como no impulso de campañas específicas de seguridade viaria.

 

Estas actuación é coherente cos principios do Plan Galego de Seguridade Viaria 2015-2020, posto en marcha polo Goberno galego co obxectivo de ofrecer unha maior protección os usuarios mais desprotexidos das estradas.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: