AS ESCOLAS INFANTÍS UNITARIAS DE CRECENTE, CARTELLE E SOBRADO INICIAN ENTRE HOXE E MAÑÁ O CURSO 2016-2017

A Xunta de Galicia decidíu reabrir este ano eses centros que se pecharan anteriormente por falta de matrícula

 

Santiago, 7 de setembro de 2016.- As escolas infantís unitarias de Crecente (Pontevedra), Cartelle (Ourense) e Sobrado dos Monxes (A Coruña), integradas na rede autonómica “Galiña Azul”, dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social, inician a súa actividade entre hoxe e mañá (7-8 setembro), con xornadas de portas abertas que preceden ao período de adaptación para os nenos.

 

Esas tres escolas, que permaneceran pechadas polo baixo número de matriculacións -concretamente, a de Sobrado, nos cursos 2014-2015 e 2015-2016, e as de Cartelle e Crecente, no curso 2015-2016-, reábrense este ano ante o aumento da demanda.

 

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar establece un limiar mínimo de  5 nenos para proceder á apertura dun centro unitario ou manter a súa actividade, o que se cumpre para o curso 2016-2017 nos casos de Crecente (que conta con 6 nenos), Cartelle (con 9) e Sobrado (con 5).

 

A dirección desas tres escolas infantís unitarias están realizando neste momento ou xa realizaron –dependendo do centro- as habituais entrevistas cos pais dos alumnos e entre hoxe e o venres (9 setembro) terán lugar as asembleas xerais informativas para achegar ás familias todos os detalles sobre o funcionamento de cada escola e sobre o comezo do presente curso escolar.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: