NOVO SEMINARIO NA REDE CeMIT DO PORRIÑO SOBRE O INBOUND MARKETING, O MARTES DÍA 13 ÁS 8 DA TARDE

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT do Porriño celebrará o vindeiro matrtes, día 13 as 8 da tarde, o seminario “Atrae visitantes e convérteos en clientes co Inbound Marketing’, impartido por Javier Rocamora, consultor e formador especialista en eCommerce e marketing dixital que, na actualidade, lidera o proxecto Las 3 en punto, unha nova iniciativa que  integra o marketing, as habilidades comunicativas e a xestión da reputación en liña para maximizar os resultados na rede.

Os contidos do seminario farán referencia a ¿Por que vender en internet?; panorama do eCommerce en España: evolución da canle de venda en liña e resultados das pemes que venden por internet; diferentes estratexias de eCommerce para pemes: do local ao global; particuliaridades do eCommerce fronte ao comercio físico; opcións tecnolóxicas e plataformas de eCommerce, Vantaxes e inconvintes de cada unha. Opcións gratuítas e low cost; puntos básicos dunha estratexia de eCommerce;  contidos básicos dun plan de mercadotecnia de atracción en internet, redes sociais, blogs, videos. Mercadotecnia de atracción; ¿Cómo converter as visitas en clientes?; ferramentas de control de seguimento e presentación de servizos ofertados en eCommerce para pemes.

As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.gal.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: