WOS 2016 comeza hoxe a terceira edición con medio centenar de propostas culturais

unnamedA terceira edición de WOS 2016 arranca cos abonos Premium esgotados, así como as entradas de día para a xornada de hoxe mércores. Aínda podes conseguir o teu abono Weekend e entradas de día para xoves (a piques de esgotarse!), venres, sábado e domingo. Podes consultar o programa completo e horarios en www.wosfestival.es.
Abren a nosa terceira edición hoxe ás 17:00 na Cidade de la Cultura os Encontros con entrada libre “Sold Out!: Novas Estratexias Tecnolóxicas Aplicadas ós Eventos Culturais” e “Festivais 2.0: Creatividade y Risco na Xestión Cultural” que reúne a representantes de L.E.V. Festival, SEMIBREVE, Festival Sinsal e Milhões de Festa.
Os encargados de poñer o broche de ouro a esta primeira xornada de festival serán os norteamericanos Thee Oh Sees na terraza da Fundación Granell.
Simeon Coxe (Silver Apples)
Toda a programación de WOS Encontros, tanto na Cidade da Cultura como no CGAC, é de entrada libre ata completar aforo. No programa destaca o encontro con Simeon Coxe (Silver Apples) na Cidade da Cultura o xoves 8 ás 18:00. Para o acceso en transporte público á Cidade da Cultura podes consultar as conexións de buses urbanos con Santiago.
Pola súa banda, a conversa ‘Novos Medios. Novas Realidades: Innovación Audiovisual e o seu Impacto na Industria Cultural‘ contará con representantes dos estudos de Novos Medios de máis prestixio do estado (Dvein, Espada y Santa Cruz, Bermudas Land), e, xa no CGAC, ’Publica a Lenda: Mito e Realidade da Prensa Musical Independente’, contará con David Bizarro, Luis Boullosa, Víctor Lenore, David Saavedra e Xiana Arias. Pecha a programación de Encontros ‘SON’ & VISIÓN: Unha Historia do Videoclip Galego, tamén no CGAC.
The Soft Moon, Boogarins, Silver Apples, Thee Oh Sees, .
O programa musical de WOS 2016 inclúe como cabezas de cartel a figuras de prestixio internacional como The Soft Moon, Silver Apples (presentando o seu primeiro disco de estudo en casi dúas décadas), Thee Oh Sees, Boogarins, Dead Meadow, Black Cobra ou Roly Porter & MFO, así como o primeiro concerto no estado de Martin Kohlstedt.
Os pratos fortes do festival concéntranse o venres e sábado, os días que o festival estará a pleno rendemento con tódolos espazos abertos.
Participan tamén grandes figuras da música independente galega, como Triángulo de Amor Bizarro ou Aries, e do resto do estado, como Fasenuova ou Fiera, con membros de Pony Bravo, que presentan o seu recentemente lanzado disco en Humo. Todos os horarios e espazos están dispoñibles na nosa web.
Estrea mundial de ‘One More Time With Feeling’
 
O programa de WOS Cinema, en colaboración co Festival Internacional de cine Curtocircuito e a Sala Numax ofrece hoxe mércores ‘B-Movie. Lust & Sound in West Berlin 1879-1989’, e participa mañá na estrea mundial de ‘One More Time With Feeling. Nick Cave And The Bad Seeds’, coas entradas xa prácticamente esgotadas.
WOS Clubbing 
O programa musical complétase coa proposta máis nocturna do festival, orientada á música de clube máis avanzada que terá lugar na sala Malatesta, onde están programados Raime, Dj Firmeza, Vessel, Tin Man e Pablo Electrocute. O venres e o sábado a cita comeza á 1:30am.
Artes Escénicas

Os espectáculos de escénicas, “NegrøNegrø & Marta Verde: El Caballø del Sueñø”, “Symbiosis”, unha pieza de la Compañía de Danza Ziomara Hormaetxe, e a estrea da versión larga de “Liminal”, de Cris Sánchez e María Abrando, terán unha entrada reducida e independente de 5€ para o público de Herdanza.
WOS Gastro
Este ano a oferta gastronómica de WOS inclúe tres actividades con entrada libre no Mercado de Abastos: unha “Nutriconferencia con Degustación” ofrecida pola bióloga Silvia Méndez, unha sesión de DJ a cargo de Pablo Electrocute, e unha demostración de dous petiscos creados en exclusiva para WOS Festival por Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos 2.0) e Miguel Villar (Pazo de Altamira), con degustación limitada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: