XUNTA E CONCELLO DE BOQUEIXÓN ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DO INMOBLE QUE ALBERGARÁ O FUTURO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DA VILA

20160907_rey_04O conselleiro de Política Social e o alcalde de Boqueixón rubricaron esta mañá o documento que permitirá impulsar esta infraestrutura social

 

  • Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Boqueixón unha cantidade máxima de 200.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018
  • Deste xeito, o Consorcio dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura dos servizos; e realizar unha distribución efectiva dos servizos

 

Boqueixón (A Coruña), 7 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá na Casa do Concello de Boqueixón un convenio de colaboración para financiar o acondicionamento da edificación para Centro Sociocomunitario, que será realizado polo concello coruñés. Rey Varela insistiu unha vez más na “importancia do diálogo entre as administracións públicas e da coordinación dos recursos autonómicos e locais que posibilita a mellora da calidade de vida dos galegos e das galegas, como neste caso, o acondicionamento e posta en marcha do Centro Sociocomunitario da vila coruñesa”.

 

Na sinatura do acordo, protagonizada polo conselleiro de Política Social e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, establecéronse as bases de colaboración entre ambas as dúas partes para o financiamento da edificación situada na parroquia de Sergude, no lugar de Pumares, para Centro Sociocomunitario.

 

Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Boqueixón unha cantidade máxima de 200.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018 (data na que o convenio quedará sen vigor).

 

O convenio entre Política Social, a través do Consorcio, e o Concello de Boqueixón, asínase de acordo coa misión do propio Consorcio de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con atención especial á xestión integral das Escolas Infantís de titularidade municipal, no ámbito territorial dos entes consorciados.

 

Deste xeito e a través da sinatura do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura, intensidade e calidade de atención dos distintos servizos e prestacións; e realizar unha distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: