Archive | septiembre 8, 2016

Todo listo para a Festa da Risca de este domingo, día 11

festa-da-riscaO vindeiro domingo, día 11, se celebra no Monte da Risca a tradicional festa que leva o seu nome, organizada pola Comunidade de Montes en man común da parroquia de Santa María e que conta coa colaboración do Concello do Porriño.

Dende as 11 da mañá, os asistentes poderán gozar de diferentes actuacións, propostas de lecer e gastronómicas. Entre os grupos que se achegarán á Festa da Risca están os acordeonistas de Acordecans, ‘Os Brisas’ de Tomiño e ‘O son da forna’ de Budiño.

A todo elo se suman distintos xogos e actividades de animación para nenos e maiores  e unha pulpeira.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL FOMENTA EN MOS A PARTICIPACIÓN ACTIVA DOS MOZOS E MOZAS NO ÁMBITO SOCIAL E LABORAL

  • 08092016_voluntariadomosUn grupo de 8 persoas de entre 16 e 30 anos participan nun programa de voluntariado co que realizan labores de reforzo educativo a familias en risco de exclusión social e de apoio a persoas dependentes, entre outras
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe esta iniciativa enmarcada no Servizo de Voluntariado Xuvenil

 

Mos (Pontevedra), 8 de setembro de 2016.- Un grupo de 8 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade desenvolven en Mos un programa de voluntariado xuvenil que ten por obxectivo principal o de dinamizar a poboación xuvenil e fomentar a súa participación activa no ámbito social e laboral. Para iso, os voluntarios realizan labores de reforzo educativo a familias en risco de exclusión social e de apoio a persoas dependentes, colaboran nos campamentos e ludotecas municipais e levan a cabo actividades de fomento da cultura e do patrimonio turístico e medioambiental.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe este programa que se enmarca no Servizo de Voluntariado Xuvenil, unha iniciativa que conxuga os beneficios que leva aparellada a acción voluntaria, como son o fomento da solidariedade, a sensibilización cos máis vulnerables ou o compromiso coa mellora do conxunto da sociedade, coa importancia que para os propios mozos e mozas ten o poder participar nestas experiencias de educación non formal.

Este ano o Servizo permite incorporar en toda Galicia a 714 mozos e mozas como voluntarios en 100 proxectos de entidades de acción voluntaria e concellos. As actividades prioritarias do Servizo de Voluntariado Xuvenil son a de recuperación da cultura, arte e tradicións populares; as actividades con colectivos en situación de risco, colectivos xuvenís ou relacionadas coa igualdade de xénero; os programas de voluntariado no ámbito familiar e os de colaboración nos trazados xacobeos.

Na provincia da Pontevedra, as entidades de acción voluntaria que contan con este recurso son 14 e os concellos 8, que coordinan a un total de 150 novos voluntarios xuvenís.

Os participantes nestas accións poderán solicitar unha certificación oficial da experiencia adquirida, que poderán engadir aos seus currículos. Galicia tamén é pioneira na certificación da experiencia voluntaria, unha das grandes novidades e vantaxes que se recolle na Lei de Acción Voluntaria de Galicia, o marco lexislativo para o voluntariado que aprobou por unanimidade o Parlamento de Galicia en 2011.

 

Os asistentes ao curso de zumes e batios farán unha degustación no centro do Porriño

curso-de-zumes-e-batidosA concelleira de Educación e Xuventude, Lourdes Moure, asistiu este xoves a unha das clases do curso de zumes e batidos que o Concello, con cargo á Deputación de Pontevedra, organiza no centro multiusos de Torneiros.

Durante o mesmo as alumnas e alumnos aprenderán a realizar distintos combinados sen alcohol, aproveitando as calidades naturais de froitas e verduras para crear zumes con distintos valores enerxéticos e proteínicos.

O asistentes aprenden a aproveitar ao máximo os beneficios destes alimentos e a crear as combinacións máis saudábeis, ademais de a coñecer as súas propiedades vitamínicas, como antioxidantes, a cantidade de fibra e, asimesmo, evitar que as froitas, xunto con outros alimentos, poidan afectar á dixestión.

A concelleira adiantou aos participantes que o vindeiro mércores, día 14, todos eles estarán na Praza de Antonio Palacios, en horario de tarde, para facer unha demostración e degustación do zume que resulte elixido como o mellor, por todos eles, ao remate do curso.

A XUNTA SOLICITA QUE O PRÓXIMO PLAN ESTATAL DE VIVENDA LLE PERMITA A GALICIA ADAPTAR OS INVESTIMENTOS ÁS SÚAS NECESIDADES E PRIORIZAR O ALUGUEIRO E A REHABILITACIÓN

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, mantivo esta tarde unha reunión no Ministerio de Fomento

 

  • O Ministerio traslada a vontade política de manter en 2017 o réxime de axudas estatais en vivenda co mesmo esforzo orzamentario que o actual
  • A conselleira valora a boa receptividade de Fomento á proposta de reforzar en Galicia a rehabilitación no rural, nos núcleos históricos e nas áreas de rehabilitación integral
  • A responsable de Infraestruturas trasladou a solicitude de celebración dunha xuntanza para abordar o servizo de ferrocarril das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña luguesa

 

Madrid, 8 de setembro de 2016.- A Xunta solicita que o próximo Plan estatal de vivenda dispoña da flexibildidade necesaria para permitir que Galicia, con competencias exclusivas na materia, poida adaptar o destino dos fondos ás súas prioridades e necesidades reais, de tal forma que priorice o fomento do alugueiro e a rehabilitación. Así o trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na reunión que mantivo co subsecretario de Fomento, Mario Garcés, e na que tamén participou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

 

Pola súa banda, o responsable do Ministerio de Fomento trasladou a vontade política actual de manter en 2017 o réxime de axudas estatais en vivenda co mesmo esforzo orzamentario que o actual.

 

A conselleira de Infraestruturas valorou positivamente a receptividade de Fomento ante proposta de reforzar en Galicia a rehabilitación no rural, nos núcleos históricos e nas áreas de rehabilitación integral.

 

Na reunión, a conselleira propuxo que o próximo Plan estatal non vincule a transferencia de fondos ás comunidades cunha regulación normativa, de tal forma que sexan as propias autonomías as que determinen as condicións para recibir as axudas de cada programa no seu ámbito territorial.

 

Así msmo, Vázquez Mourelle reclamou que esa nova programación cadrienal prevea criterios de distribución de fondos que teñan en conta a realidade da poboación, idade media, rendas e tipoloxías construtivas que predominan en cada comunidade autónoma. Segundo defendeu,  as subvencións en materia de rehabilitación, son as actuacións públicas en materia de vivenda que requiren dunha maior adaptación ás características do ámbito no que se van desenvolver e por iso, a Xunta considera imprescindible establecer indicadores e criterios que recollan as necesidades reais de cada territorio.

 

No caso concreto de Galicia, a conselleira sinalou factores que difiren notablemente da media das autonomías, tales como unha menor proporción de vivendas plurifamilares ou unha maior concentración de vivendas susceptibles de rehabilitación nos concellos de menos de 50.000 habitantes.

 

Ethel Vázquez lembrou que, ademais das actuacións impulsadas con fondos estatais, a Xunta desenvolve os seus propios programas de rehabilitación, tanto mediante subvencións para a recuperación de vivendas unifamilares no rural ou en núcleos históricos, como a través de actuacións directas de compra de edificacións en cascos históricos para a súa rehabilitación e reutilización como vivendas protexidas. Tamén se referiu ás actuacións promovidas a través da declaración de Áreas de rehabilitación integral, que conseguiron que 127 concellos galegos, máis do 40% dos municipios da comunidade, teñan unha Área de rehabilitación integral no seu ámbito territorial.

 

Tendo en conta isto, a conselleira demandou que o próximo Plan estatal de vivenda sexa un instrumento válido para deseñar unhas políticas públicas en materia de vivenda que sexan básicas para todas as comunidades, pero que sirva ademais para complementar as propias políticas de vivenda que deseña cada autonomía en función das súas características e necesidades.

 

Demanda dunha xuntanza para abordar melloras no ferrocarril

Ademais de abordar as formulacións galegas de cara ao próximo Plan estatal de vivenda, a conselleira de Infraestruturas trasladou ante o Ministerio Fomento a solicitude de celebración dunha xuntanza específica para abordar os servizos ferroviarios das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e a Mariña luguesa.

 

Ethel Vázquez deu así de novo cumprimento ao compromiso adquirido cos acaldes destas comarcas na xuntanza que mantivo con eles e que solicitaron apoio da Xunta para requirir ante o Ministerio de Fomento unha xuntanza na que expoñer as necesidades de mobilidade dos cidadáns destas comarcas.

 

REY VARELA SUMA UN NOVO ENCONTRO CON REXEDORES GALEGOS PARA IMPULSAR NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN EN MATERIA SOCIAL

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de A Gudi–a, JosŽ Mar’a Lago Cabo.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de A Gudi–a, JosŽ Mar’a Lago Cabo.

    O conselleiro de Política Social reuniuse esta mañá co alcalde de A Gudiña, José María Lago Cabo

 

Santiago, 8 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “o diálogo, a colaboración e a coordinación entre administracións é o mellor xeito de garantir unhas políticas sociais que verdadeiramente redunden na mellora da calidade de vida dos galegos e galegas”. Rey Varela realizou estas declaracións logo de manter unha xuntanza en San Caetano co alcalde do municipio ourensá de A Gudiña, José María Lago Cabo.

 

Esta reunión enmarcase na rolda de contactos cos rexedores e rexedoras de Galicia que está a manter  o responsable da carteira autonómica de Política Social coa finalidade de coñecer de primeira man a situación e as necesidades que teñen neste ámbito os concellos galegos.

Nesta liña, o dirixente autonómico e o local fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver na localidade ourensá. Así mesmo, Rey Varela e Lago Cabo tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en A Gudiña.

 

#Salón do MARCO, un lugar para facer, coordinado por Fran Quiroga

unnamed-1No día de onte, mércores 7 de setembro, tivo lugar a reunión dos integrantes do comité de avaliación da Convocatoria de proxectos Anexo 2017, un concurso pensado para seleccionar, entre os participantes, a programación do espazo Anexo do MARCO dende marzo de 2017 a xaneiro de 2018.

Mela Dávila, directora de programas públicos do MNCARS Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; Julio Gómez, codirector de Sinsalaudio; Sören Meschede, membro de hablarenarte; e Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, chegaron ao acordo de que entre os 24 presentados, o proxecto que mellor responde ás bases da convocatoria é o seguinte:

#Salón do MARCO. Un lugar para facer, coordinado por Fran Quiroga: unha proposta que pretende transformar o Anexo “nese lugar de socialización, nese espazo de encontro e de interacción e debate que transite entre os dentros e aforas do propio centro de creación, co obxectivo de participar nesas praxes que facilitan procesos de axenciamento colectivo”.

Os membros do comité analizaron e debatiron cada un dos 24 proxectos presentados á convocatoria, que incluían varios ciclos de exposicións e actividades, algúns cun alto compoñente educativo, e tamén propostas experimentais de carácter colaborativo. O debate centrouse nas catro propostas que resultaron finalistas.

Do proxecto seleccionado valorouse, entre outras cuestións, “a boa articulación dos contidos e da xestión, tamén económica, do proxecto”; “a implicación de públicos que non proceden necesariamente do campo da arte”; “o carácter colaborativo da proposta, en cuxa redacción participaron os colectivos implicados, que ademais amplían o marco de participación fóra do ámbito da arte contemporánea”; e “a apertura do espazo á cidadanía, para que se apropie del participando e producindo contidos”. Os integrantes do comité que valorou as propostas destacaron que se traballe para “converter o espazo Anexo nun lugar no que sexa o visitante ou o asistente quen forme parte crucial do desenvolvemento da actividade”.

———————

Fran Quiroga (Ourense, 1982) é fundador e director da empresa KOLECTIV, Oficina de I+C+I (Premio Emprende Gaias Sixto Seco 2015) e ten acreditada experiencia no campo da creación contemporánea, así como na investigación entre os eixos de participación, arte e comúns. Ten impartido conferencias en centros como MUSAC, Arts Santa Mònica, MediaLab Prado, Ministerio de Educación y Cultura, USC, ou University of Pennsilvania, entre outros. Ten impulsado encontros e sesións en universidades e centros de ensino. Cooordina Montenoso, proxecto de creación contemporánea, co que obtiveron a Mención de Honra no Ars Prix Electronica (Austria 2014). Coordina o Programa de Estudos en Mancomún: Ruralidades, Feminismos e Comúns, que ven de obter financiamento pola Fundación Daniel & Nina Carasso. Coordina o CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC, e está iniciando o proxecto de investigación Ruraldecolonizado, camiñando por pluralismos epistemolóxicos. http://franquiroga.gal

 

A apertura da tempada teatral de Afundación en Vigo terá lugar a comezos de outubro

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ata o vindeiro martes 20 de setembro estarán á venda os abonos que A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) oferta para a nova tempada teatral en Vigo. O programa conta cun total de cinco obras que abordan temáticas de índole moi social. Desde a rutina matrimonial en Los vecinos de arriba,pasando polo acoso escolar en Mi pequeño poni, ata a desesperación que provoca a enfermidade en Héroes. Esta tempada conta co selo de calidade de recoñecidos actores como Juan Antonio Molina, María Adánez e Juan Gea, entre moitos outros. As entradas soltas poderán adquirirse a partir vindeiro luns 12 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en ataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas individuais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 13.

Epidemia bacteria Álvaro Cunqueiro.

As centrais CIG, CGT e CCOO denuncian a existencia de máis dun cento de persoas ailladas a causa dun brote de Klebsiella no hospital vigués
Responsábeis comarcais dos sindicatos CIG, CGT e CCOO compareceron hoxe en Vigo para alertar sobre a existencia dunha epidemia da bacteria Klebsiella no hospital Álvaro Cunqueiro provocada pola falta de limpeza no centro médico. As centrais denuncian que máis 100 persoas atópanse ailladas a causa dun brote que pon en grave risco a saúde de traballadores/as, usuarios/as e pacientes.
2016 09 08 RoldaPrensaEpidemiaFaltaLimpezaCunqueiro01

A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo, Transi Fernández, compareceu esta mañá en rolda de prensa xunto a responsábeis da CGT e CCOO e a un nutrido grupo de traballadores/as de Acciona -contrata da limpeza do Álvaro Cunqueiro- para alertar sobre a existencia dunha epidemia no hospital causada pola bacteria Klebsiella. Dende as tres centrais entenden que se trata dun feito moi grave que pon en risco a saúde tanto do persoal como dos usuarios/as e pacientes do centro médico.

Segundo denuncian, a presenza da bacteria obrigou a aillar a máis dun cento de persoas dende o mes de abril, que foi cando máis casos de contaxio se contabilizaron (arredor de 130 nesas datas e uns 110 na actualidade). Lembran que se trata dunha bacteria que afecta a persoas que padecen infeccións previas e que adoita causar neumonías.

Ao mesmo tempo, os representantes simdicais sosteñen que a aparición da bacteria está relacionada cos problemas existentes no servizo de limpeza a causa da falta de persoal e da redución do orzamento do servizo, extremos que xa motivaron protestas, incluíndo unha convocatoria de folga. “A única resposta ás nosas reclamacións foi cambiar a contrata, pero no seu día xa advertimos de que o prezo do concurso non daba para garantir a prestación do servizo; de feito, atopámonos con que segue a falta persoal, hai zonas que non se limpan e incúmprense os protocolos de prevención”, indican.

Incumprimento dos protocolos de prevención

Neste senso, sosteñen que o Sergas e a concesionaria está a incumprir estes protocolos xa que non se están a limpar dúas veces os cuartos das persoas contaxiadas, ao que hai que sumar a falta de formación dos novos/as traballadores/as adscritos/as ao servizo de limpeza. “Tampouco se controla aos familiares dos pacientes, co conseguinte risco de que a epidemia se estenda”.

En canto á falta de persoal, lembran que no antigo hospital Xeral cada traballador/a limpaba unhas 15 habitacións, mentres que no Cunqueiro están a limpar até 24. Segundo os cálculos dos sindicatos, o servizo de limpeza do hospital debera estar formado por uns 190-197 traballadores/as, mais na actualidade unicamente rondan os 150. “O outro día, por exemplo, comprobamos que pola mañá só había 47 persoas traballando, cando no Xeral, que era moito máis pequeño, había 48”.

“Ademais, atopámonos con problemas como que as taquillas son moi pequenas, o que provoca que a roupa de traballo contamina a roupa de rúa do persoal, ou con que os contenedores do lixo están sen sellar e van goteando por todo o hospital”. Para exemplificar a falta de limpeza sinalan tamén que no caso do Xeral os cuartos de baño públicos limpábanse até tres veces diarias, mentres que no novo hospital “hai días que non se limpan nin unha soa vez”.

Campaña informativa, asembleas e mobilizacións

Esta situación foi posta en coñecemento da Inspección de Traballo, que optou por enviarlle varios requerimentos á empresa “cando o que tiña que facer era sancionala economicamente ante a gravidade dos feitos”. De feito, hoxe mesmo teñen unha nova xuntanza coa autoridade laboral para abordar esta cuestión.

Diante disto, reclaman unha actuación inmediata por parte dos responsábeis do Sergas e da empresa concesionaria do Álvaro Cunqueiro para evitar que esta epidemia se convirta nun problema de saúde pública “xa que non só afecta ao persoal do centro, senón que está a afectar tamén a usuarios/as, pacientes e familiares”.

Finalmente, anuncian que convocarán asembleas cos traballadores/as para trasladarlles a problemática existente, desenvolverán mobilizacións e iniciarán unha campaña informativa entre a veciñanza para alertar das consecuencias da falta de limpeza.

Sweet California se une al Ciclo Latitudes de Santiago de Compostela

unnamedSweet California, la banda femenina de más éxito en la historia de España, también en el Ciclo Latitudes de Santiago de Compostela

El concierto será el 16 de octubre en el Palacio de Congresos de Santiago, y las entradas ya están a la ventaen Ataquilla.com

Se suman a Xoel López, The Chemical Brothers, Leiva o Michael Nyman

Latitudes, el gran Ciclo musical puesto en marcha por Turismo de Galicia en el marco de la celebración del Ano da Misericordia con el objetivo de ofrecer tanto a los gallegos como a los turistas y peregrinos que visitan nuestra comunidad en este período de celebración un valor añadido a su amplia oferta turística, sigue sumando artistas a su programación. Así, Sweet California actuarán en el palacio de Congresos de Santiago de Compostela el 16 de octubre.

Nunca antes ningún otro grupo o dúo femenino, nacional o internacional, había conseguido el nº 1 en la lista de ventas con dos de sus discos.

En los últimos dos años, Sweet California ha pasado de ser una promesa a convertirse en un grupo consolidado entre el público adolescente y juvenil de nuestro país y cada vez con más adeptos en el extranjero. Sus seguidores abarrotan sus firmas de discos y agotan las entradas de sus conciertos.

Sweet California es también una sensación en YouTube, donde sus videoclips y Vlogs acumulan millones de visitas en tiempo récord.

Con su primer álbum, “Break of Day”, llegaron al número 1 de los más vendidos y consiguieron ser Disco de Oro.
Los 6 singles extraídos del disco acumulan más de 70 millones de reproducciones en YouTube y sonaron con fuerza en las principales emisoras nacionales.

Su segundo álbum, “Head for the Stars” ha batido récords, permaneciendo 4 semanas en el número 1 de ventas de España. Además, ningún otro grupo femenino había logrado jamás colocar 2 discos en el número 1 de ventas. Por primera vez, colaboran con artistas internacionales (Madcon, Jake Miller, Benjamin…) y publican el álbum más allá de nuestras fronteras.

En 2015 se llevaron el Premio MTV Ema al mejor artista español.

El concierto será el 16 de octubre en el Palacio de Congresos de Santiago, y las entradas ya están a la venta en Ataquilla.

MÁS LATITUDES:

Xoel López + Anne Etchegoyen
10 septiembre
Palacio de Congresos
17€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla

The Chemical Brothers y más artistas por confirmar
30 octubre
Multiusos Fontes do Sar
Desde 44€ en Ticketea, Ataquilla y Clicentradas

Michael Nyman
04 noviembre
Palacio de Congresos
19,5€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla

Leiva
10 noviembre
Palacio de Congresos
27€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla

IESIDE e CUNEF firman un convenio para impulsar o intercambio de alumnos, docentes e coñecementos

  • As dúas entidades subscriben un texto de colaboración que servirá para ampliar a oferta formativa de alta especialización en Galicia
  • O acordo tamén facilita a realización conxunta de investigacións e estudos, así como a celebración de encontros académicos de temática económica e social
20160908-abanca-convenio-ieside-cunef
Imaxe da entrada dunha das sedes de IESIDE.

Descarga en alta resolución

08-09-2016

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) e o Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEF) redobran a súa labor formativa e investigadora tras a firma dun convenio de colaboración. Na rúbrica estiveron presentes o reitor presidente de IESIDE, Miguel Ángel Escotet Álvarez, e o director de CUNEF, Álvaro Cuervo García.

O acordo, cun período inicial de tres anos, busca fortalecer os vínculos entre as dúas entidades. Desta maneira, foméntase activa e axilmente o intercambio de estudantes e profesores, pero tamén o acceso a materiais bibliográficos, investigacións e estudios entre ambas as dúas institucións.

A colaboración entre IESIDE e CUNEF dá un paso máis e pon como obxectivo a realización conxunta de investigacións propias, así como a elaboración de programas docentes de temática financeira e de big data para os próximos meses, seguindo esta fórmula de cooperación. O acordo tamén reserva un espazo á divulgación e promoverase a realización de eventos académicos, conferencias, seminarios e charlas sobre aspectos económicos e sociais relevantes.

Esta firma englóbase dentro do compromiso de IESIDE de chegar a acordos para facilitar os intercambios a todos os niveis con outras institucións universitarias de prestixio. Non en vano, CUNEF conta con máis de 20 anos de experiencia formativa en temas bancarios e financeiros. Apoiada pola Asociación Española de Banca (AEB) e adscrita á Universidad Complutense de Madrid, é considerada unha das entidades de referencia, tanto para profesionais que necesitan adquirir coñecementos diferenciais, como entre os máis novos grazas aos seus tres graos e tres posgraos oficiais.

Arranca o primeiro curso en IESIDE

Durante as vindeiras semanas está previsto que inicien a súa singradura os primeiros programas postos en marcha por IESIDE. Desde a súa presentación o pasado mes de abril, a institución académica traballou intensamente para contar cun catálogo formativo que inclúe o programa oficial de grao en ADE, o mestrado universitario MBA, seis títulos duais Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e un total de 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto.

IESIDE, que é un proxecto educativo de ABANCA, conta neste curso con tres centros formativos na Coruña, Pontevedra e Vigo, así como unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Desde as súas aulas poténciase a colaboración entre o mundo universitario e empresarial en Galicia, grazas a unha educación baseada na innovación, o uso de elementos tecnolóxicos e a vocación internacional.