A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL FOMENTA EN MOS A PARTICIPACIÓN ACTIVA DOS MOZOS E MOZAS NO ÁMBITO SOCIAL E LABORAL

  • 08092016_voluntariadomosUn grupo de 8 persoas de entre 16 e 30 anos participan nun programa de voluntariado co que realizan labores de reforzo educativo a familias en risco de exclusión social e de apoio a persoas dependentes, entre outras
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe esta iniciativa enmarcada no Servizo de Voluntariado Xuvenil

 

Mos (Pontevedra), 8 de setembro de 2016.- Un grupo de 8 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade desenvolven en Mos un programa de voluntariado xuvenil que ten por obxectivo principal o de dinamizar a poboación xuvenil e fomentar a súa participación activa no ámbito social e laboral. Para iso, os voluntarios realizan labores de reforzo educativo a familias en risco de exclusión social e de apoio a persoas dependentes, colaboran nos campamentos e ludotecas municipais e levan a cabo actividades de fomento da cultura e do patrimonio turístico e medioambiental.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe este programa que se enmarca no Servizo de Voluntariado Xuvenil, unha iniciativa que conxuga os beneficios que leva aparellada a acción voluntaria, como son o fomento da solidariedade, a sensibilización cos máis vulnerables ou o compromiso coa mellora do conxunto da sociedade, coa importancia que para os propios mozos e mozas ten o poder participar nestas experiencias de educación non formal.

Este ano o Servizo permite incorporar en toda Galicia a 714 mozos e mozas como voluntarios en 100 proxectos de entidades de acción voluntaria e concellos. As actividades prioritarias do Servizo de Voluntariado Xuvenil son a de recuperación da cultura, arte e tradicións populares; as actividades con colectivos en situación de risco, colectivos xuvenís ou relacionadas coa igualdade de xénero; os programas de voluntariado no ámbito familiar e os de colaboración nos trazados xacobeos.

Na provincia da Pontevedra, as entidades de acción voluntaria que contan con este recurso son 14 e os concellos 8, que coordinan a un total de 150 novos voluntarios xuvenís.

Os participantes nestas accións poderán solicitar unha certificación oficial da experiencia adquirida, que poderán engadir aos seus currículos. Galicia tamén é pioneira na certificación da experiencia voluntaria, unha das grandes novidades e vantaxes que se recolle na Lei de Acción Voluntaria de Galicia, o marco lexislativo para o voluntariado que aprobou por unanimidade o Parlamento de Galicia en 2011.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: