A XUNTA SOLICITA QUE O PRÓXIMO PLAN ESTATAL DE VIVENDA LLE PERMITA A GALICIA ADAPTAR OS INVESTIMENTOS ÁS SÚAS NECESIDADES E PRIORIZAR O ALUGUEIRO E A REHABILITACIÓN

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, mantivo esta tarde unha reunión no Ministerio de Fomento

 

  • O Ministerio traslada a vontade política de manter en 2017 o réxime de axudas estatais en vivenda co mesmo esforzo orzamentario que o actual
  • A conselleira valora a boa receptividade de Fomento á proposta de reforzar en Galicia a rehabilitación no rural, nos núcleos históricos e nas áreas de rehabilitación integral
  • A responsable de Infraestruturas trasladou a solicitude de celebración dunha xuntanza para abordar o servizo de ferrocarril das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña luguesa

 

Madrid, 8 de setembro de 2016.- A Xunta solicita que o próximo Plan estatal de vivenda dispoña da flexibildidade necesaria para permitir que Galicia, con competencias exclusivas na materia, poida adaptar o destino dos fondos ás súas prioridades e necesidades reais, de tal forma que priorice o fomento do alugueiro e a rehabilitación. Así o trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na reunión que mantivo co subsecretario de Fomento, Mario Garcés, e na que tamén participou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

 

Pola súa banda, o responsable do Ministerio de Fomento trasladou a vontade política actual de manter en 2017 o réxime de axudas estatais en vivenda co mesmo esforzo orzamentario que o actual.

 

A conselleira de Infraestruturas valorou positivamente a receptividade de Fomento ante proposta de reforzar en Galicia a rehabilitación no rural, nos núcleos históricos e nas áreas de rehabilitación integral.

 

Na reunión, a conselleira propuxo que o próximo Plan estatal non vincule a transferencia de fondos ás comunidades cunha regulación normativa, de tal forma que sexan as propias autonomías as que determinen as condicións para recibir as axudas de cada programa no seu ámbito territorial.

 

Así msmo, Vázquez Mourelle reclamou que esa nova programación cadrienal prevea criterios de distribución de fondos que teñan en conta a realidade da poboación, idade media, rendas e tipoloxías construtivas que predominan en cada comunidade autónoma. Segundo defendeu,  as subvencións en materia de rehabilitación, son as actuacións públicas en materia de vivenda que requiren dunha maior adaptación ás características do ámbito no que se van desenvolver e por iso, a Xunta considera imprescindible establecer indicadores e criterios que recollan as necesidades reais de cada territorio.

 

No caso concreto de Galicia, a conselleira sinalou factores que difiren notablemente da media das autonomías, tales como unha menor proporción de vivendas plurifamilares ou unha maior concentración de vivendas susceptibles de rehabilitación nos concellos de menos de 50.000 habitantes.

 

Ethel Vázquez lembrou que, ademais das actuacións impulsadas con fondos estatais, a Xunta desenvolve os seus propios programas de rehabilitación, tanto mediante subvencións para a recuperación de vivendas unifamilares no rural ou en núcleos históricos, como a través de actuacións directas de compra de edificacións en cascos históricos para a súa rehabilitación e reutilización como vivendas protexidas. Tamén se referiu ás actuacións promovidas a través da declaración de Áreas de rehabilitación integral, que conseguiron que 127 concellos galegos, máis do 40% dos municipios da comunidade, teñan unha Área de rehabilitación integral no seu ámbito territorial.

 

Tendo en conta isto, a conselleira demandou que o próximo Plan estatal de vivenda sexa un instrumento válido para deseñar unhas políticas públicas en materia de vivenda que sexan básicas para todas as comunidades, pero que sirva ademais para complementar as propias políticas de vivenda que deseña cada autonomía en función das súas características e necesidades.

 

Demanda dunha xuntanza para abordar melloras no ferrocarril

Ademais de abordar as formulacións galegas de cara ao próximo Plan estatal de vivenda, a conselleira de Infraestruturas trasladou ante o Ministerio Fomento a solicitude de celebración dunha xuntanza específica para abordar os servizos ferroviarios das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e a Mariña luguesa.

 

Ethel Vázquez deu así de novo cumprimento ao compromiso adquirido cos acaldes destas comarcas na xuntanza que mantivo con eles e que solicitaron apoio da Xunta para requirir ante o Ministerio de Fomento unha xuntanza na que expoñer as necesidades de mobilidade dos cidadáns destas comarcas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: