IESIDE e CUNEF firman un convenio para impulsar o intercambio de alumnos, docentes e coñecementos

  • As dúas entidades subscriben un texto de colaboración que servirá para ampliar a oferta formativa de alta especialización en Galicia
  • O acordo tamén facilita a realización conxunta de investigacións e estudos, así como a celebración de encontros académicos de temática económica e social
20160908-abanca-convenio-ieside-cunef
Imaxe da entrada dunha das sedes de IESIDE.

Descarga en alta resolución

08-09-2016

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) e o Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEF) redobran a súa labor formativa e investigadora tras a firma dun convenio de colaboración. Na rúbrica estiveron presentes o reitor presidente de IESIDE, Miguel Ángel Escotet Álvarez, e o director de CUNEF, Álvaro Cuervo García.

O acordo, cun período inicial de tres anos, busca fortalecer os vínculos entre as dúas entidades. Desta maneira, foméntase activa e axilmente o intercambio de estudantes e profesores, pero tamén o acceso a materiais bibliográficos, investigacións e estudios entre ambas as dúas institucións.

A colaboración entre IESIDE e CUNEF dá un paso máis e pon como obxectivo a realización conxunta de investigacións propias, así como a elaboración de programas docentes de temática financeira e de big data para os próximos meses, seguindo esta fórmula de cooperación. O acordo tamén reserva un espazo á divulgación e promoverase a realización de eventos académicos, conferencias, seminarios e charlas sobre aspectos económicos e sociais relevantes.

Esta firma englóbase dentro do compromiso de IESIDE de chegar a acordos para facilitar os intercambios a todos os niveis con outras institucións universitarias de prestixio. Non en vano, CUNEF conta con máis de 20 anos de experiencia formativa en temas bancarios e financeiros. Apoiada pola Asociación Española de Banca (AEB) e adscrita á Universidad Complutense de Madrid, é considerada unha das entidades de referencia, tanto para profesionais que necesitan adquirir coñecementos diferenciais, como entre os máis novos grazas aos seus tres graos e tres posgraos oficiais.

Arranca o primeiro curso en IESIDE

Durante as vindeiras semanas está previsto que inicien a súa singradura os primeiros programas postos en marcha por IESIDE. Desde a súa presentación o pasado mes de abril, a institución académica traballou intensamente para contar cun catálogo formativo que inclúe o programa oficial de grao en ADE, o mestrado universitario MBA, seis títulos duais Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e un total de 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto.

IESIDE, que é un proxecto educativo de ABANCA, conta neste curso con tres centros formativos na Coruña, Pontevedra e Vigo, así como unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Desde as súas aulas poténciase a colaboración entre o mundo universitario e empresarial en Galicia, grazas a unha educación baseada na innovación, o uso de elementos tecnolóxicos e a vocación internacional.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: