CIG-SAÚDE denuncia a confirmación por parte da Xerencia da EOXI de Vigo da paralización das vacantes que estaba previsto cubrir con persoal estable a partires do mes de setembro.

A Xerencia da EOXI veuse obrigada a adaptar o cadro de persoal ás necesidades xeradas polas diferentes actividades e organización funcional trala posta en marcha do Novo Hospital.

A falta de consolidación do persoal necesario para realizar as actividades normais no Novo Hospital obriga a este persoal a permanecer nunha situación da mais absoluta precariedade sen poder manter estabilidade nun servizo, perdendo dereitos de descansos (incluso os obrigatorios entre xornadas do persoal que fai contratos por días durante o verán) e vacacións, e perpetuándonos nunha situación de inestabilidade que afecta ao funcionamento dos Servizos, onde o persoal estable ten que formar persoal novo cada pouco tempo, e cando está formado finaliza o contrato e o cambian de lugar.

Este problema trasladase a moitos dos servizos da Área sanitaria que manteñen o traballo en base a contratos precarios mediante acúmulos de tarefas ou substitucións por días soltos de prazas estruturais xerando grandes problemas na organización e no traballo das plantas afectadas.

O feito de cubrir necesidades estruturais (prazas que son necesarias para o funcionamento ordinario) con contratos precarios non fai máis que confirmar a falta de planificación e de previsión por parte das autoridades sanitarias das necesidades do H. Álvaro Cunqueiro.

Desde CIG-Saúde demandamos que se transformen en vacantes ás prazas necesarias para o funcionamento dos Hospitais do CHUVI e que esas prazas sexan cubertas por persoal interino mentres non poidan ser ofertadas a concurso de traslados e Oferta Pública de Emprego posterior.

 

Vigo, 9 de setembro de 2016

 

Manuel González Moreira

Secretario Comarcal de CIG-Saúde

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: