REY VARELA CONTINÚA A ROLDA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS PARA OPTIMIZAR OS RECURSOS AUTONÓMICOS E LOCAIS

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Dur‡n.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Dur‡n.

José Manuel Rey Varela mantivo un encontro de traballo coa alcalde de Vilanova de Arousa (Pontevedra), Gonzalo Durán

  • Na xuntanza, o alcalde de Vilanova presentou ao conselleiro un proxecto para ampliar e acondicionar o actual centro sociocomunitario a través dun inmoble anexo de titularidade municipal para convertelo nun Centro Social.

 

Santiago, 8 de setembro de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.

 

Na xuntanza, o alcalde de Vilanova presentou ao conselleiro un proxecto para ampliar e acondicionar o actual centro sociocomunitario a través dun inmoble anexo de titularidade municipal para convertelo nun Centro Social. Unha proposta que Rey Varela se comprometeu a estudar.

 

Na área de maiores, conselleiro e alcalde salientaron a importancia do mantemento das 14.712 horas anuais no Servizo de Axuda no Fogar para 2016 que fai que a cobertura deste servizo chegue practicamente á totalidade da poboación que o precisa (93,14%). Tocante a atención dos menores, o Concello de Vilanova conta cunha ratio de prazas públicas de escolas infantís que supera a ratio aconsellada pola Unión Europea (33%) ata acadar o 42,92%.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: