Archive | septiembre 11, 2016

Declaración institucional da Corporación local do Porriño

O Pleno do Concello do Porriño aprobou este venres, por unanimidade, unha declaración institucional na que a Corporación amosa a súa dor pola traxedia ocorrida hoxe, transmite o seu agarimo e a súa solidariedade coas familias das catro vítimas mortais e ponse a dispor dos feridos. Asimesmo, os concelleiros lembran a necesidade de acabar co paso a nivel que pasa polo centro da vila e pide as autoridades responsábeis que se poñan a traballar para retirar o mesmo e garantir, ao cento por cento, a seguridade dos viaxeiros e dos veciños.
A Corporación subliña o excelente comportamento das porriñesas e porriñeses que se botaron ás vías do tren para axudar aos feridos e, do mesmo xeito, agradecen e valoran o estupendo traballo dos membros dos equipos de asistencia e rescate, Bombeiros de varios concellos, Garda Civil, Protección Civil, médicos, enfermeiras e axentes da Policía Local.
Por último, o Concello declara tres días de loito oficial, dende hoxe mesmo, nos cales non haberá actos oficiais e as bandeiras do Concello estarán a medio mastro.

EDUCACIÓN ANALIZOU COS DIRECTORES DO IES ALEXANDRE BÓVEDA, SANTO TOMÉ, SANTA IRENE E O CEIP BALAÍDOS A PLANIFICACIÓN EDUCATIVA ACTUAL E ACADOU UN «TOTAL APOIO» POLA SÚA PARTE

  • 08092016_reunioneducacionvigo-1A xefatura territorial de Educación e a Inspección Educativa responderon as inquedanzas que dende algúns sectores da comunidade educativa se están a trasladar a pais e nais do alumnado
  • O encontro levado a cabo esta semana serviu para analizar e clarificar a zonificación escolar e a planificación educativa actual
  • Pérez Ares considerou que «non é tan importante a distancia en quilómetros coma o tempo que o alumnado bote no transporte» para chegar ao seu centro educativo
  • Contesta a Foanpas que a máxima do departamento educativo é a calidade, a proximidade e a optimización de recursos «salvo que queiran que se pechen os centros periféricos»