A XUNTA REMATA A RENOVACIÓN DO COLECTOR DE DRENAXE NA ESTRADA ENTRE FILGUEIRA E PONTE BARXA, EN CRECENTE, COA FIN DE EVITAR OS DESBORDAMENTOS NO NÚCLEO DE SURREIRO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Crecente, Julio García

 

  • Vázquez Mourelle indica que coa fin de evitar estes asolagamentos na rede de pluviais, procedeuse a renovar un treito do colector existente ao longo de 90 metros, no que a pendente era reducida, por outro de maior capacidade
  • Nesta reunión tamén se analizaron as obras de emerxencia, xa executadas, para arranxar cinco desprendementos ocasionados polos temporais de chuvia do inverno pasado na estrada que vai a Salvaterra, a PO-400
  • A conselleira explicou que son actuacións que se enmarcan na aposta do Goberno galego por manter as estradas nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria

 

Crecente (Pontevedra), 12 de setembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Crecente, Julio García,  na que abordaron unha obra rematada recentemente, a renovación do colector de drenaxe na estrada que vai de Filgueira a Ponte Barxa, a PO-801, ao seu paso polo núcleo do Surreiro.

Estes traballos executáronse ao longo do mes de agosto, finalizaron o día 31, e supuxeron un investimento da Xunta de 46.000 euros.

Esta intervención vén dar solución aos problemas de desbordamento que se viñan rexistrando no colector do Surreiro, xa que as obras de acondicionamento executadas na estrada PO-801 derivaron máis auga cara a esta canalización, que non tiña capacidade suficiente para aliviar o fluxo que recibía.

Vázquez Mourelle indicou que coa fin de evitar estes pequenos asolagamentos na rede de pluviais, procedeuse a renovar un treito do colector existente ao longo de 90 metros, no que a pendente era reducida, por outro de maior capacidade.

Para substituír a tubaxe houbo que demoler primeiro o pavimento de formigón do camiño, que foi reposto, ao igual que un tramo duns 70 metros da rede de saneamento que se viu afectada polas obras.

Nesta reunión tamén se analizaron outras actuacións como as obras de emerxencia, xa executadas, para arranxar cinco desprendementos ocasionados polos temporais de chuvia do inverno pasado na estrada que vai a Salvaterra, a PO-400, ao seu paso por Crecente, cunha achega de 260.000 euros.

Na xuntanza tamén se estudaron posibles colaboracións futuras entre Xunta e Concello para mellorar outros puntos da rede viaria municipal e autonómica.

A conselleira explicou que son actuacións que se enmarcan na aposta do Goberno galego por manter as estradas nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria, unha materia prioritaria para a Xunta.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: