GALICIA PECHOU O PRIMEIRO SEMESTRE ENTRE AS COMUNIDADES QUE PAGAN MÁIS RÁPIDO AOS PROVEDORES, 29 DÍAS ANTES QUE A MEDIA

  • O período medio de pago da Xunta de Galicia baixa aos 17,2 días, fronte aos 46,5 días do conxunto das CCAA
  • Galicia mantense como a terceira comunidade de réxime común con menor tempo medio de pago e con menor débeda comercial

 

Santiago, 12 de setembro de 2016.- Galicia pechou o primeiro semestre entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas referentes ao mes de xuño. O tempo medio de pago ese mes foi de 17,2 días en Galicia, o que supón 29,2 días menos que a media autonómica, que foi de 46,5 días.

 

Os datos do Ministerio de Hacienda mostran que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en dúas comunidades autónomas (Canarias e Asturias) e nas dúas comunidades de réxime foral. Ademais, o período medio de pago no mes de xuño baixou en Galicia en case un día sobre o mes anterior.

 

O informe presentado polo Ministerio de Hacienda mostra tamén que só oito comunidades autónomas cumpriron o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación estatal. Entre elas figuran Galicia e outras cinco comunidades de réxime común.

 

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Galicia é tamén a terceira comunidade de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,49%, fronte ao 0,66% de media no conxunto das comunidades autonómicas. Este indicador baixou en xuño ata os 284,4 millóns, o que supón un descenso de 60,6 millóns de euros, un 17,6% menos.

 

Período Medio de Pago – Xuño 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (5,31) Cataluña 38,44
País Vasco* (1,84) MEDIA CCAA 46,49
Canarias 4,21 Madrid 50,23
Asturias 10,56 C.Valenciana 63,78
Galicia 17,25 Aragón 65,91
A Rioxa 17,58 Baleares 71,74
Andalucía 21,12 Murcia 81,88
Castela-A Mancha 22,31 Estremadura 87,96
Cantabria 33,93 Castela e León 94,58

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: